166 [= Tav 106,17]
Que ben que m’eu sei encobrir

Que ben que m’eu sei encobrir
con mia coita e con meu mal,
ca mi-o nunca pod’ome oir;
mais que pouco que mi a min val,
ca non quer’eu ben tal sennor
que se tenna por devedor
algũa vez de mi-o gracir!
Pero faça como quiser,
ca sempre a eu servirei,
e quanto a negar poder
toda via nega-la-ei,
ca eu por que ei a dizer
o por que m’ajan de saber
quan gran sandece comecei,
e de que me non á quitar
nulla cousa se morte non,
pois Deus, que mi-a fez muit’amar,
non quer, nen o meu coraçon?
Mais a Deus rogarei por én
que me dé cedo dela ben,
ou morte, se m’est’á durar.
E ben dev’eu ant’a querer
mia morte ca viver assi,
pois me non quer Amor valer
e a que eu sempre servi
me desama máis d’outra ren.
Pero fui ome de mal sén
porque, d’u ela é, saí!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


A 77, B 180a

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 163-164 [= LPGP 691]); Pousada Cruz (2013: 178-179); Littera (2016: II, 181-182).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 77); Carter (2007 [1941]: 46); Machado & Machado (1949: I, 291-292); Camargo et alii (1995: 68-69); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 166).

Variantes manuscritas


1 encobrir] encorbrir B   3 ome oir] omoyr B   4 min] mj B   5 quer’eu ben tal] quirreu ben atal B   7 gracir] gracur B   13 m’ajan] mays an B   14 sandece] sandice B   16 nulla] nulla B   18 nen o meu coraçon] d’s nen meu coracon B   19 rogarei por én] rogarē pʳ eu B   20 me dé cedo dela] mj dedela cedo B   22 E] om. B   23 ca] q̄ B   26 me desama máis d’outra ren] q̄me desama mays de · ren B   27 Pero] <...> B

Variantes editoriais


3 ome oir] om(e) oïr Michaëlis : hom’oir Littera   10 quanto] quando Michaëlis   20 dé] dê Michaëlis, Littera   24 amor] Amor Pousada Cruz

Métrica


Esquema métrico: 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8a (I, III [= Tav 100:51]) + 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8b (II, IV [= Tav 101:54])

Encontros vocálicos: 3 mi-‿o, ome‿o·ir; 4 mi‿a; 7 mi-‿o; 17 mi-‿a

Notas


Texto
  • 10

    É totalmente desnecesaria a emenda michaëliana, que transforma o quanto orixinal en quando.

  • 14

    A voz sandice (vs. sandece e sandez) é maioritaria e típica dos apógrafos italianos, xa que no Cancioneiro da Ajuda a forma transmitida é sempre sandece. Así, por exemplo, en 386.4, 15, 16 e mais en 389.19 aparece sandece en A fronte a sandice en BV, e, mesmo, en B e V se producen erros obvios, xa que sandice aparece en rima con -ece (merece, crece, parece) en 1135.1 (BV), 1435.23 (V) e 1535.17 (B).

  • 16

    A utilización da grafía <ll> (vs. <lh>) de B para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.

  • 19

    O elemento máis só pode ser interpretado como adverbio de cantidade (os editores non distinguen graficamente máis / mais) para que o período sexa correcto sintacticamente e coherente do punto de vista da semántica.

  • 21

    A segmentación michaëliana para introducir a perífase aver + infinitivo resulta obrigada para facer emerxer o demostrativo esto, que recolle as varias circunstancias vitais do namorado descritas nos primeiros vinte versos: sofre coita de amor, que habilmente garda en segredo xunto coa identidade da amada, a pesar de que esta non lle corresponde nin llo agradece; Deus, que o forzou a amala, tampouco o libra da coita; por todo iso, vaille rogar a Deus que lle dea cedo o ben da dama ou a morte (perante a posibilidade de que esa situación se prolongue no tempo: se m’est’á durar). Polo contrario, un texto se m’esta durar, con verbo en futuro de subxuntivo, aínda que correcto do punto de vista da expresión, deixaría sen antecedente o demostrativo esta, que dificilmente se podería referir a coita (afastada no v. 2).

  • 23

    A teor dos datos subministrados polos cancioneiros, as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV): 66.6, 84.6 e 15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1 .

  1. ^

    Resultan tamén significativas algunhas correccións e/ou vacilacións, como as de 530.4 (<(qu) ca> B) e 1450.17 (<ca que> B, <ca > V), así como o erro de copia de A en 414.r1 (<que / ca> A, <> B, <que> V).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado