I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 165-166 [= LPGP 684]); Pousada Cruz (2013: 188); Littera (2016: II, 182).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 77); Carter (2007 [1941]: 47); Machado & Machado (1949: I, 283); Camargo et alii (1995: 71-72); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 167).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 151).
1 de min, e que] e demj que B 2 tal] atal B 4 de quanto mal me faz] do mal q̄ mj faz B 10 m’é min mui grave] ea mj graue B 11 lh’ousar a] lhou farei B 14 querrei] q̄rey A : q̄irey B 15 end’atenderei] (entē) endatē derey B 16 folgu’o] folgue B 17 á i] ay A : a muy B 18 ca] q̄ B
1 de min e que] e de mim que Littera 8 m’i] mi Littera 10 min] mi Littera 13 É a] Ela Michaëlis, Littera, e[l]a Pousada Cruz 16 folgu’] folg’ Littera
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8c 8c 8a (= Tav 189:33)
A lección de B, seguida por Littera, simplifica a sintaxe máis complexa da versión de A, base da nosa edición.
A presenza da forma tal en B (vs. atal A) converte este verso en hipométrico.
A variante bisilábica feze, do lat. fēcĭt, con manutención de -e após /dz/ é minoritaria en relación a fez e, mesmo, á variante fezo coa innovadora desinencia -o (cfr. nota a 53.16 e 56.14). Na realidade, feze aparece especialmente cando utilizada co clítico -o/-a, aínda que se rexistra tamén noutros contextos (184.16, 260.2, 331.12, 332.2, 479.13, 484.21, 580.13, 1087.8, 1398.6, 1593.9).
Nótese a aparición de qualquer con interpolación dun elemento lingüístico, tal como era aínda normal na altura (véxanse outros casos en 86.6, 1332.9, 1425.9, 1554.6, 1594.6, 1624.17), neste caso co pronome xe (ou se), aínda moi ligado a quer. É forma certamente rara, que se atesta nun refrán dunha cantiga de Santa María: De Santa Maria sinal qual xe quer / valrrá muit’a quen ela ben crever (CSM 123.3); ; outrosí, nun documento de 1269: Et qual xe quer que esto non conplir et contra o prazo a britar veer, peyte a a outra parte L soldos, et o prazo ystia en sua revor (cfr. CGPA, s.v. qual xe quer). E no final da Idade Media, achamos algunha ocorrencia; así, no Penitencial de Martín Perez: Ao que mata cleligo ou de ostiario ou depistola ou de evangelho manda fazer penitençia como por qual se quer homiçidio voluntario (cfr. CGPA, s.v.); tamén no Livro das Confissões coa variante se: Mas se o amor de Deus en no seu coraçom he mayor que o amor de qual se quer creatura, he ajnda de saber ... (Martín Pérez 2012-2013: 339).
De novo o texto de B (e a mí grav’é) supón unha factura alternativa que equilibra metricamente o verso e evitaría a aparición de min como CI sen preposición, tal como acontece no contexto do Cancioneiro da Ajuda (véxase nota a 4.9).
A conxunción como cumpre neste verso a función de introducir un infinivo explicativo, facéndoo equivaler a ‘isto é’ (só se rexistra en 42.4, 87.8, 119.17, 167.11, 196.13, 220.11, 547.13, 638.3 e 861.13).
Na lingua trobadoresca o verbo ousar aparece en complexos verbais (ousar + infinitivo) mais tamén en estruturas equivalentes coa preposición a como nexo (véxase tamén 293.5, 373.6, 448.8, 553.1 e 11, 602.3, 882.28, 1025.15, 1468.6). Cfr. nota a 3.17.
Obsérvese a emenda realizada en todas as edicións precedentes, desde Michaëlis até Pousada Cruz, que liga sintacticamente as dúas estrofas. No entanto, coa consideración da forma verbal É non existe problema ningún de coherencia semántica e/ou interpretativa.
A teor dos datos subministrados polos cancioneiros, as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV): 66.6, 84.6 e 15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1 .