423 [= Tav 50,3]
Meus amigos, muito me praz d’Amor

Meus amigos, muito me praz d’Amor,
que entend’ora que me quer matar,
pois mi a min Deus non quis nen mia sennor,
a que roguei de me del amparar;
e, por én, quanto m’el quiser matar
máis cedo tanto llo máis gracirei,
ca ben me pode partir da maior
coita de quantas eu oi falar,
de que eu foi, muit’i á, sofredor:
esto sabe Deus, que me fui mostrar
ũa dona que eu vi ben falar
e parecer por meu mal, e o sei,
ca muit’i á que vivi a pavor
de perder o sén con mui gran pesar
que vi depois; e, por én, gran sabor
ei de mia morte se mi-a quiser dar
Amor e a que me fez gran pesar
veer daquela ren que máis amei;
mais esso pouco que eu vivo for,
pois assi é, no’me quero queixar
deles; mais el seja seu traedor
se me non mata, pois non poss’achar
que[n] me ll’ampare, e, se me del queixar,
Deus non me valla, que eu mester ei,
ca, pois m’eles non queren amparar
e me no seu poder queren leixar,
nunca per outre emparado serei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 

Manuscritos


A 264, B 441, V 53

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 516-517); Lanciani (1977: 98-99 [= LPGP 335]); Littera (2016: I, 379-380).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 26); Braga (1878: 11); Carter (2007 [1941]: 155-156); Machado & Machado (1950: II, 271-272); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 423).
III. Antoloxías: Pena (1990: 32-33); Alonso Girgado (1992: 36); Pena (1993: 112-113).

Variantes manuscritas


1 Meus] Mmeus A; me] mj B : mi V; d’Amor] {damor} A   3 min] mj B : mi V   4 que] queo V; amparar] emparar BV   5 quanto] quando BV   6 tanto] canto B; gracirei] gracitey B   9 foi, muit’i á] fui muyta BV   10-11 esto sabe d’s que (eu ui ben falar) {q̄ me fuy mostrar / e ūa dona q̄ eu uj bē falar} A : e<...> sabe đs hua ui bē falar B : e sabe đs hu a ui bē falar V   12 parecer] paracer V; e o sei] eu o sey B : eo sey V   13 muit’i á que vivi] muyta q̄ uyuo BV   15 depois] despois BV   16 de] da BV   17 e] om. BV; gran] muy gm̃ B   18 daquela] da quella A   20 no’me] nōme B; nō me V   23 ll’ampare] delempare BV   24 me] mj B : mi V   25 amparar] enparar BV   27 nunc<...> A : nūca ꝑ out’m enparado serey : nūca ꝑ out̄m enparado serey V

Variantes editoriais


1 amigos] amigus Lanciani; me] mi Lanciani   3 min] mi Lanciani   4 amparar] emparar Lanciani   9 foi] fui Lanciani, Littera   10 fui] foy Lanciani : foi Littera   12 e o sei] eu o sei Lanciani, Littera   15 depois] despois Lanciani   20 no’me] non me Lanciani : nom me Littera; quero] queiro Michaëlis   23 ampare] empare Lanciani, Littera : ampar Michaëlis   24 me] mi Lanciani, Littera   25 amparar] emparar Lanciani, Littera   27 outre] outr(e) Michaëlis : outrem Lanciani, Littera; emparado] amparado Michaëlis

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10a 10b 10b 10c + 10b 10b 10c (= Tav 89:1)

Encontros vocálicos: 3 mi‿a; 16 mi-‿a; 23 mi‿a; 27 outre‿emparado

Notas


Texto
  • *

    Aínda que en Michaëlis e Littera non existe ligazón interestrófica de ningún tipo (en Lanciani só nas estrofas I-II), o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición parece claro. Véxase nota á cantiga 15.

  • 4

    Nótese a rara rexencia de rogar coa preposición de, que só se rexistra noutros dous contextos: 255.4, 1031.2.

  • 9-10

    No v. 9 aparece foi como forma de P1, mentres que no v. 10 é foi forma de P3: a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser resultado de P1, o mesmo que fui de P3.

  • 10-11

    Mentres que BV transmiten o que sen dúbida era un erro de copia no antígrafo, con salto de liña (obsérvese que en B existe unha cruz marxinal que indica o problema), o revisor de A corrixe o lapso incorporando na marxe a lección correcta destes dous versos.

  • 12

    A frase formularia e o sei (cfr. eu o sei en BV) achega un ton enfático que explica a próclise pronominal, entre outras fórmulas expresivas moi similares no corpus profano (sei-o eu, aquesto sei eu, ben o sei, ben sei, esto ben sei, eu sei etc.). De calquera modo, a utilización de e o sei atéstase noutras pasaxes: 212.14, 235.28, 1023.14, 1115.7, 1419.10 e 1500.3, por máis que moi frecuentemente fose corrixida polos editores. Cfr. nota a 301.6.

  • 15

    A variación depois (< de-pŏst) vs. despois (< de-ex-pŏst) entre A e BV non indica preferencia por ningunha das formas (para alén da predominancia da forma depois) conforme os cancioneiros: en 176.13 e 279.r1. A ofrece despois fronte a depois en B, mentres que en 361.10 e 423.15 aparece depois en A e despois en BV.

  • 18

    No Cancioneiro da Ajuda, é certamente esporádica a grafía etimoloxizante <ll> /l/, que achamos en fala <falla> (65.6) e aquela <a q̄lla>~<a quella> (238.19, 429.18). Cfr. nota a 1.28. En calquera caso, a grafía <ll> en aquela debe ser unha grafía etimolóxica máis do que un hipotético castelanismo. Cfr. nota a 89.3 e 5.

  • 20

    Nos textos transmitidos por A é frecuente a asimilación do adverbio non co pronome me ~ mi (> no’me ~ no’mi; cfr. a evolución regular -nm->-m-), face a BV que, en xeral, presentan a lección non me ~ non mi con manutención da integridade morfolóxica do adverbio negativo (66.13, 90.9, 223.r2, 239.7, 243.14, 258.9, 283.10, 285.13, 421.5, 430.8). Na realidade, nos apógrafos italianos só se rexistra en tres ocasións (104.21, 906.12 e 1482.5). A diferenza doutros editores, mantemos tal asimilación, que chega até hoxe (Ferreiro 1999: §101c).

  • 23

    A forma ampare resulta anómala pola vogal final -e que tiña desaparecido no tránsito do latín ao galego-portugués e que agora (e mais en 169.6) reaparece por un proceso analóxico que afectou a diversas formas verbais (val > vale etc.) e que se foi consolidando progresivamente na lingua. Cfr. nota a 983.24-25.

  • 27

    O verso procede de BV, pola lacuna textual de A, coa emenda de outren, forma que non existe no Cancioneiro da Ajuda e que substituímos pola correspondente outre. Véxase nota a 138.25.

Procurar
    Não foram encontrados resultados