3 [= Tav 157,32]
Mui gran temp’á, par Deus, que eu non vi

Don Tristan, o Namorado, fez [e]sta cantiga.

Mui gran temp’á, par Deus, que eu non vi
quen de beldade vence toda ren,
e, se xe m’ela queixasse por én,
gran dereit’é, ca eu o mereci;
e ben me pode chamar desleal
de querer eu nen por ben nen por mal
viver com’ora sen ela viv’i.
E, pois que m’eu de viver atrevi
sen na veer, en que fiz mui mal sén,
dereito faz se me mal talan ten
por tal sandice qual eu cometi;
e con tal coit’e tan descomunal,
se me Deus ou sa mesura non val,
defenson outra non tenh’eu por min,
ca daquel dia en que m’eu parti
da mia sen[h]or e meu lume e meu ben,
porque o fiz, a morrer me conven,
pois vivi tanto sen tornar ali
u ela é: se por én sanha tal
filhou de mí e me sa mercee fal,
ai eu, cativo, e por que naci?
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 3, L 3

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 633-634 [= LPGP 985]); Lagares (2000: 108 [rúbrica]); Amaral (2006: 72-73); Lorenzo Gradín (2013: 7 [rúbrica]); Littera (2016: II, 557-558).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 8); Machado & Machado (1949: I, 38); Rios Milhám (2017: I, 3).
III. Antoloxías: Spina (1972: 335); Dobarro et alii (1987: 106); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 255).

Variantes manuscritas


A rúbrica só aparece en L.

1 Mui gran] --y g--m1 L; que eu] ?q̄sej L  2 quen de beldade2 vence toda ren] quem de / belda-- ----- tod- ---m L : Quē de beldade uence toda irem B  3 xe m’ela] --mela L; por én] pore L   4 gran dereit’é] ra gauderey te L; o] ho BL; mereci] meicy L   5 pode] poder L   6 por] p-r L   7 com’ora sen ela] Cō morassen - ela L   8 m'eu] me B; de viver atrevi] de nuier atrnj L   9 veer] uuer B; fiz] fuz L   11 sandice] sandeçe L; eu cometi] -- comety L   12 coit’e tan descomunal] coit- t-n des------- L   13 Deus ou] d-̄ - u L; val] u L   14 tenh’eu] ---heu L; min] m* B   16 meu ben] -eu b-- L   18 pois] poy- L   20 de mí] demī B   21 e por que naci] eror q̄ uaçy B

Variantes editoriais


Rúbrica. [e]sta] sta Amaral

Texto. 1 á] a Amaral   2 ren] (i)rem Amaral   7 viv’i] vivi Michaëlis, Amaral, Littera   8 m’eu] me Michaëlis, Amaral, Littera   9 na] a Michaëlis, Littera   14 min] mi Michaëlis, Amaral, Littera   16 lume] lum(e) Michaëlis : lum’ Littera   20 mí] min Michaëlis : mim Littera; mercee] mercê Littera

Paráfrase


(I) Hai moito tempo que non vexo a miña dama, a que posúe máis beleza de entre todas as cousas, e se ela se queixase por isto sería xusto, porque eu o merecín; e mesmo podería chamarme desleal por ter vivido sen ela todo este tempo.

(II) E, pois me atrevín a vivir sen a ver, polo que me comportei moi mal, fai ben se ten má vontade ao meu respecto pola insensatez que cometín; e sofro tanta coita que, se non me vale Deus ou a mesura da miña dama, nada me pode valer, (III) porque desde o día en que marchei da presenza da miña senhor, debo morrer, porque vivín tanto tempo sen tornar ao lugar onde ela está: se por iso se enfadou comigo e non me concede a súa compaixón, que será de min, infeliz?

Métrica


Lai, cantiga de mestría. O texto está constituído por tres estrofas unissonans de sete decasílabos agudos.

Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= Tav 161:106)

Encontros vocálicos: 16 lume‿e; 20 mí‿e

Notas


Rúbrica
  • Para alén da posibilidade dun lapso do copista, a grafía <sta>, con omisión de <e> inicial, lembra os hábitos gráficos tardomedievais de textos portugueses aínda que debe obedecer a un hábito italiano do copista (véxase, tamén, 5.7).

Texto
  • *

    Este lai adapta libremente a composición Lonc tans a que il ne vit chele do Tristan en prose (Lorenzo Gradín 2013: 2; consúltese tamén, e sobre todo, Gutiérrez García 2007: 106-110, 110-112, que proporciona o texto francés e analiza o proceso de amplificación a que foi sometido polo reelaborador peninsular, que se apoiaría en datos procedentes do Tristan en prose en que se insire o lai francés; véxase tamén Michaëlis 1900-1901: 12-14, 18-19; 1904: I, 633-634; II, 486, 487-490, 492-493).

  • 7

    A presenza do adverbio ora aconsella a segmentación de i, para, dese xeito, fixar unha forma verbal de presente (vivo i).

  • 8

    Seguimos a lección de L para introducir o pronome eu, en liña coa súa presenza no primeiro verso das restantes estrofas (vv. 1, 15).

  • 10

    A voz talan (‘desexo, vontade, inclinación’)  é palabra de orixe galo-románica, seguramente provenzal (cfr. prov. talan ~ talen,  fr. talant, do lat. talentum), que escurece o uso de talante (só en 924.21 e 1334.11). Véxase García-Sabell Tormo (1990: s.v. talan).

  • 11

    A voz sandice (vs. sandece e sandez) é maioritaria e típica dos apógrafos italianos, xa que no Cancioneiro da Ajuda a forma transmitida é sempre sandece (e véxase neste verso a variante <sandeçe> de L). Así, por exemplo, en 386.4, 15, 16 e mais en 389.19 aparece sandece en A fronte a sandice en BV, e, mesmo, en B e V se producen erros obvios, xa que sandice aparece en rima con -ece (merece, crece, parece) en 1135.1 (BV), 1435.23 (V) e 1535.17 (B).

  • 12

    Descomunal, adxectivo derivado por prefixación de comunal (véxase nota a 537.11), é moito máis común na lingua das cantigas do que a súa base léxica (véxase tamén 485.7, 495.16, 497.9, 527.14, 592.14, 926.20 e 1408.27).

  • 14

    O substantivo defenson ‘defensa’ (mais cfr. 601.9), sen palatalización inducida por iode, como en prijon (vs. prison), derivado do lat. defensiōnem, é a forma maioritaria (171.15, 627.14, 1320.10, 1332.18), fronte a sinónimos da mesma familia lexical como defesa ~ defensa.

  • 15-17

    Nótese a alternancia (e equivalencia funcional) entre ca e porque no inicio destes versos en cláusulas causais en aposición.

  • 17

    Na lingua medieval é certamente frecuente, aínda que non sistemática, a presenza da preposición a en perífrases verbais obrigativas do tipo aver + a + infinitivo ou dever + a + infinitivo. Mais para alén destas perífrases, son tamén moi frecuentes as estruturas verbais de infinitivo coa preposición a como elemento nexual a funcionar como verdadeiros complexos verbais equivalentes aos habituais constituídos por forma persoal + infinitivo. Así, ademais da omnipresente construción cuidar ~ coidar + a + infinitivo (véxase Glosario, s.v. cuidar1), rexístranse outras desaparecidas na lingua moderna cos seguintes verbos: conselhar, conviir, desejar, leixar, ousar, poder, recear, soer, temer.
    No caso de conviir, na lingua das cantigas profanas é sistemática a presenza da preposición (tanto de a como de de) cando a forma conxugada vai seguida de infinitivo, de xeito que só está ausente o nexo cando o infinitivo vai anteposto: pois m’escolher conven (377.19), perfiar me conven! (1337.21), colher non conven (1679.8). Véxase conviir + a + infinitivo en 142.24, 216.1, 261.17, 411.3, 430.25-26, 430.27, 593.4-5, 627.10, 865.27, 934.7, 1319.13, 1341.13. Cfr. nota a 30.24.

  • 20

    Optamos pola variante de L, fronte a B (min), para permitir a sinalefa mí‿e, similar a outras que se producen ao longo do corpus: mí‿aven (633.3), mí‿u͂a (679.6), mí‿a (1244.13). Con todo, tamén podería pensarse nun cómputo bisilábico de mercee (véxase 4.11).

  • 21

    É frecuente que a copulativa apareza no inicio tanto de frases interrogativas, en xeral, como daqueloutras cun claro valor exclamativo. Neste caso, o verso encontra réplica en diversas cantigas cunha modulación moi semellante. Cfr., por exemplo, ai eu, cativo, por Deus, que farei?; ai eu, cativo, de min que sera?; ai eu, cativ’, e que sera de min? (262.5, 12 e 19).

  1. ^

    Dos grafemas <g> e <m> fican aínda restos.

  2. ^

    O vocábulo foi subliñado por Colocci.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado