108 [= Tav 104,1]
Agora me quer’eu ja espedir

Agora me quer’eu ja espedir
da terra e das gentes que i son,
u mi Deus tanto de pesar mostrou,
e esforçar mui ben meu coraçon
e ar pensar de m’ir alhur guarir;
e a Deus gradesco porque m’én vou,
ca, [a] meu grad’, u m’eu d’aqui partir,
con seus desejos non me veerán
chorar nen ir triste por ben que eu
nunca presesse, nen me poderán
dizer que eu torto faç’en fogir
d’aqui u me Deus tanto pesar deu,
pero das terras averei soidade,
de que m’ora ei a partir despagado,
e sempr’i tornará o meu cuidado
por quanto ben vi eu en elas ja,
ca ja por al nunca me veerá
nulh’ome ir triste nen desconortado.
E ben dig’a Deus, pois que m’én vou, verdade,
se das gentes algun sabor avia
ou das terras en que eu guarecia:
por aquest’era tod’, e non por al;
mai[s] ora ja nunca me sera mal
por me partir delas e m’ir mia via,
ca sei de mí
quanto sofri
e encobri
en esta terra de pesar.
Como perdi
e despendi,
vivend’aqui,
meus dias, posso-m’én queixar.
E cuidarei
e pensarei
quant’aguardei
o ben que nunca pud’achar.
E forçar-m’-ei,
e prenderei
como guarrei
conselh’agor’, a meu cuidar.
Pesar
d’achar
logar
provar
quer’eu, veer se poderei.
O sén
d’alguen,
ou ren
de ben
me valha, se o en mí ei.
Valer
poder,
saber
dizer
ben me possa, que eu direi.
D’aver
poder,
prazer
prender
poss’eu, pois esto cobrarei.
Assi
quer[r]ei
buscar
viver
outra vida que provarei.
E meu descord’acabarei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 
35
 
 
 
 
40
 
 
 
 
45
 
 
 
 
50
 
 
 
 
55
 
 
 
 
60
 
 
 
 
65
 

Manuscritos


B 135

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 764-767 [= LPGP 675-676]); Littera (2016: II, 170-171); González (2018: 138-139).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 50-51); Machado & Machado (1949: I, 192-195); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 101-103); Rios Milhám (2017: I, 108).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 134-137); Nemésio (1961 [1949]: 41-42); Oliveira & Machado (1959: 73-75); Tavares (1961: 63-66); Álvarez Blázquez (1975: 154-155); Landeira Yrago (1975: 170-172); Torres (1977: 147); Gonçalves & Ramos (1983: 256-258); Dobarro Paz et alii (1987: 47-48); Ferreira (1988: 47-49); Pena (1990: 308-310); Ferreira (1991: 59-62); Jensen (1992: 238-240); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 257-259); Arias Freixedo (2003: 648-651).

Variantes manuscritas


2 terra] teira B   13 terras] teiras B   14 m’ora] magora B   15 e sempr’i] (despagado) esempri B   18 nulh’ome] nullome B   20 se] se eu B   21 terras] teiras B   28 terra] teira B   37 E forçar-m’-ei] C / Forçarmei B   39 guarrei] guairei B   41-42 Pesar (da)· / (dal) achar B

Variantes editoriais


8 veerán] veeran Michaëlis   10 poderán] poderan Michaëlis   14 ora ei] or’ei Michaëlis : or’hei Littera   18 ome] om(e) Michaëlis   19 dig’a Deus] digades Michaëlis; que] om. Michaëlis, Littera   20 se] se eu Michaëlis, Littera, González   24 por] de Littera   37 E forçar-m’ei] E[s]forçar-m’ei Michaëlis, González   41 Pesar] Pe[n]sar Littera   55 direi] d’ir ei Michaëlis, González : d’ir hei Littera   61-64 Assi querrei / buscar / viver Michaëlis

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10c 10b 10a 10c (I, II) + 10'a 10'b 10'b 10c 10c 10'b (III, IV) + 4a 4a 4a 8b 4a 4a 4a 8b (V, VI) + 2a 2a 2a 2a 8b 2c 2c 2c 2c 8b (VII) + 2a 2a 2a 2a 8b 2a 2a 2a 2a 8b (VIII) + 2a 2b 2c 2d 8b (IX) + 8b (X)

Encontros vocálicos: 13 soi·da·de; 14 ora‿ei; 18 ome‿ir; 18-19 desconortado.‿E

Notas


Texto
  • *

    O descordo é unha variedade poética que ten como modelo o descort occitano, que era un tipo de composición constituída por cobras con diversas estruturas estróficas e metros. Esa discordancia formal sería reflexo do desasosego ou desequilibrio anímico causado polo mal de amor.
    Esta é a única poesía galego-portuguesa que a crítica considera de forma unánime como pertencente ao xénero do descordo, e a única que é caracterizada como tal no propio texto, cumprindo así outro dos requisitos desta modalidade.

  • 10

    O verbo prender aínda presenta na lingua trobadoresca a convivencia das formas etimolóxicas nos tempos de pretérito (pris, presera, presesse, preser) coas formas analóxicas (prendi, prendera etc.). Cfr. nota a 74.13.

  • 13

    Esta é a única aparición de soidade como voz metricamente trisilábica, pois en todas as restantes ocorrencias do corpus computa sempre como catro sílabas métricas.

  • 14

    Para resolver a hipermetría do verso poderíase expunxir o nexo da perífrase verbal (ei partir) ou, alternativamente, reconverter agora en ora, como en 902.9, en que a lección <agora> de BV fai hipermétrico o verso. Para alén disto, existen diversas pasaxes en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta con ora face o errado agora doutro cancioneiro: 777.15 (ora B vs. agora V), 485.r2, onde o refrán da estrofa II presenta en BV a lección correcta ora, mentres que nas estrofas I e III aparece agora, que debe ser emendado, en 66.2, o Cancioneiro da Ajuda presenta agora (que precisa sinalefa) fronte a B que le ora (tamén correcto metricamente); e véxase tamén 980.16, onde existe concorrencia da correcta lección <ora> de A coa errada <agora> de BV.

  • 18

    A utilización da grafía <ll> (vs. <lh>) para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.

    O participio desconortado, de orixe provenzal, convive con desconfortado (1441.15), igual que conorto, máis utilizado na poesía profana do que a variante patrimonial conforto. Véxase nota a 624.16.

  • 18-19

    Para a correcta contaxe métrica debemos supor unha episinalefa desconortado‿/‿E.

  • 19

    A lección <digade> non permite a lectura digades de Michaëlis, aínda que noutras pasaxes existe a dupla posibilidade digades / diga Deus (cfr. nota a 524.4).

    Por outra parte, para a correcta contaxe métrica debemos supor unha episinalefa desconortado/E, feito que evita a expunción de que que practicaron Michaëlis e Littera.

  • 20

    A manutención de eu (así en todos os editores) suporía unha anómala sinalefa coa condicional se. É, pois, aconsellábel a expunción de eu, que con frecuencia aparece espuriamente introducida no texto: así se verifica nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9, 282.10, 306.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7.

  • 37

    A maiúscula inicial no manuscrito é un <C>, que podería interpretarse tamén como un <E> inacabado. Esta letra foi copiada inmediatamente despois do último verso da estrofa anterior, sen espazo interestrófico, e illada do resto do verso, que foi copiado na liña seguinte, como se o copista se decatase tarde de que debía deixar unha liña en branco. En calquera caso, é moi común a confusión <C>/<E> nos apógrafos italianos. Con efecto, este erro prodúcese, en xeral, no inicio dunha estrofa, dun refrán ou dun verso que solicita a conxunción copulativa: e vi-a <e uia> A, <Cuia / Cuia / Cuya / Cuya> B (302.r1), e a <ca> (494.32 e 35), e amigo <Camigo / Ca:- / Ca:- / Ca:-> B, <ca migo / ca / ca / ca> V (649.r1), E á <E a> B, <Ca> V (722.25), e a <Ca / Ca / Ca> B, <ca / ca / ca> V (767.r1), e a <Ca / Ca / Ca> B, <e a / e a / e a> V (792.r2), e amigas <Camigas> B, <E amiga> B’, <camigas> V, <e amiga> V’ (1048.9), e o <C o> B, <eo> V (1056.3), e assi <Cassy / Cassy> B, <cassy / cassy> V (1364.r3), e a <Ca> BV (1645.15) etc.
    Semella desnecesaria, por outra parte, a emenda michaëliana (seguida en González), que propón E[s]forçar-m’-ei.

  • 55

    Nótese a segmentación d’ir ei (teoricamente posíbel) que Michaëlis (e González) fai de <direi>.

  • 61-65

    Para a distribución dos versos nesta primeira fiinda, as estrofas precedentes con catro versos iniciais bisilábicos parecen ser o modelo a seguir, tal como estabeleceu Déborah González (e foi aceptado en Littera) que divide en dous segmentos cada unha das estrofas V-VIII.
    Por outra banda, dado o carácter conclusivo destes versos (‘Así é como quero probar a buscar vivir outra vida’) interpretamos que constitúen unha fiinda, e como tal recolle rimas doutras estrofas. Asemade, semella que o derradeiro verso da composición funciona como unha segunda fiinda independente, de carácter epifonemático.

  • 66

    É esta a única ocorrencia do termo descordo nas cantigas1 , consecuencia da súa mínima presenza na poesía profana galego-portuguesa

  1. ^

    Na Crónica Troiana atéstase a voz descordo ‘desacordo’: Ca o mao descordo que era ontre os mouros et os cristiãos tornouse ontre os cristiãos yrmãos cõ yrmãos. p. 365

Buscar
    Non se atopou ningún resultado