I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 430); Nunes (1919: II, 322 [= LPGP 852]); Machado (1981: 38); Littera (2016: II, 387-388).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 6); Braga (1878: 1); Carter (2007 [1941]: 130); Machado & Machado (1950: II, 185), Camargo et alii (1985: 37); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 362).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 248-249).
1 Por] Par BV 2 non] uon B; vosso] uoso A 5 sen] seu B 6 viver] muer B; nulla ren] nulla te V 7 Nen] Ne A; cuidei] cuydedes BV; vos] uus A 8 vos] uus A 9 gran] g̃ni V; per] pᵉ BV 11 cuidei] cuydei (depoys damor) V 17 sen] seu B
1 Por] Par Nunes 7 vos] vus Michaëlis, Machado 8 vos] vus Michaëlis, Machado 9 per] por Nunes, Littera 16 vos] vus Michaëlis, Machado
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= Tav 160:373)
Esta cantiga presenta unha evidente continuidade discursiva entre as tres estrofas, como verdadeira cantiga ateúda (véxase nota á cantiga 15). No entanto, en todas as edicións precedentes as cobras son presentadas con independencia estrófica.
A conxunción ca presenta variación funcional nos diferentes refráns, pois é completiva nesta nesta estrofa I face a causal nas estrofas II-III. Véxase nota a 159.24.
Nótese a inusual aparición da grafía <ll> en V (<nulla>), fronte a <lh> en B: a utilización da grafía <ll> (vs. <lh>) para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.