373 [= Tav 3,2]
Mui gran sabor avedes, mia sen[h]or

Mui gran sabor avedes, mia sen[h]or,
que nunca perca coita nen pesar
eu, que vos sei máis d’outra ren amar,
pois non queredes que fale no ben
que vos Deus fez, ca non posso perder
mui gran coita, pois non ous’a dizer
o muito ben que vos Deus fez, sen[h]or,
ca, pois non queredes vós, mia sen[h]or,
que fale no ben que vos Deus quis dar,
sempr’averei muit’est[ra]nho d’andar
dos que an de falar en algũu ben,
ca, se non, non averia poder,
quand’eu d’algũu ben oisse dizer,
de non falar no vosso ben, sen[h]or,
ca tan muit’é o vosso ben, sen[h]or,
que eu non cuido nen posso cuidar
que se podesse nulh’omen guardar,
que vos viss’e soubesse vosso ben,
que, se oisse en algũa sazon
alguen falar en algun ben, que non
[................................................ senhor]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 405, V 16

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 16-17); Marroni (1968: 74-75 [= LPGP 83-84]); Littera (2016: I, 41-42).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 14); Braga (1878: 4); Machado & Machado (1950: II, 210-211); Rios Milhám (2018b: III, 373).

Variantes manuscritas


1 sen[h]or] senʳo B   3 vos] uos B   4 queredes] q̄reds̄(ds̄) B   5 vos] uos B : nos V; posso] rosso V   7 vos] uos BV    8 queredes] q̄peds̄ V   9 vos] uos BV; Deus] dz̄ V   10 est[ra]nho d'andar] estuho(r) dandar B : estaho dandat V   11 de falar] deffalaʳi B : desfalaʳ V   12 se non] senoʳ BV; averia] auia V   13 dizer] diz V   14 falar] sfalar   15 sen[h]or] setʳis V   17 podesse nulh’omen guardar] pedesse uulho mē gªrdar B : pedesse nullo mē g̃ du V   18 vos] nō B : uos V   19 algũa] al̄gua V

Variantes editoriais


2 perca] perça Nunes, Marroni   11 algũu] algũ(u) Nunes, Marroni : algum Littera   13 algũu] algũ(u) Nunes, Marroni : algum Littera   19 oisse] oyss(e) Nunes   21 [falasse no vosso gram ben, senhor] Nunes

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10d 10d 10a (= Tav 204:1)

Encontros vocálicos: 11 al·gu͂͜u; 13 al·gu͂͜u; 19 oisse‿en

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición, con estrofas ligadas causalmente coa conxunción ca, véxase nota á cantiga 15. Fronte a esta ligazón causal, en todas as edicións precedentes a cantiga é editada con independencia sintáctica de todas as estrofas.
    Por outra parte, é de sinalar a repetición da palabra rimante senhor nos versos primeiro e derradeiro de todas as estrofas.

  • 2

    A raíz perc-, face á xeral perç-, na P1 de presente indicativo e no presente de subxuntivo de perder, só se rexistra en 54.6, 877.1, 882.4, 926.6, 1549.18, 1605.9.

  • 6

    Na lingua trobadoresca o verbo ousar aparece en complexos verbais (ousar + infinitivo) mais tamén en estruturas equivalentes coa preposición a como nexo (véxase tamén 167.11, 293.5, 448.8, 553.1 e 11, 602.3, 882.28, 1025.15, 1468.6). Cfr. nota a 3.17.

  • 10

    A reconstrución conxectural sobre as leccións <estuho(r)> de B e <estaho> de V non é plenamente satisfactoria, como tampouco o sería a variante minoritaria estrao, documentada coas formas e flexións estrao, estraa, estrãa e estráá en diversos documentos galegos, así como na tradución da Geral Estoria (véxase TMILG s.v.). Porén, a expresión andar estranho (de alguén) é utilizada en Nun’Eanes Cerzeo: Estranho and’eu dos que me queren ben / e dos que viven migo t[o]da via (103.13-14). Enténdase, pois: ‘sempre hei de andar afastado dos que falen  de cousas moi boas (pois non podería evitar falar da senhor e delatarse)’.

  • 11

    O indefinido algu͂u (como neu͂u), tamén no v. 13, debería, aparentemente, computar como trisilábico; porén, u͂u na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica (e algu͂u como bisilábico), revelando dese xeito que se trata de grafías conservadoras. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.

  • 17

    Nótese a inusual aparición da grafía <ll> de null(o) en V, fronte a <lh> en B: a utilización da grafía <ll> (vs. <lh>) para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.

  • 19-20

    Obsérvese a (probábel) repetición da conxunción completiva que tras unha frase parentética: que, se oisse en algu͂a sazon / alguen falar en algun ben, que non [...] (véxase nota a 53.17-18).

  • 21

    Para o último verso, que falta nos dous manuscritos, a palabra rimante ten de ser necesariamente senhor por estar condicionada polo artificio do dobre. Unha hipótese de reconstrución conxectural, tendo en conta que o contido será similar ao verso correspondente da estrofa II, podería ser: [quisesse no vosso falar, senhor] ou, alternando os dous verbos de dicción tamén presentes na estrofa anterior, [quisesse do vosso dizer, senhor].

Buscar
    Non se atopou ningún resultado