236 [= Tav 148,4]
Deste mundo outro ben non querria

Deste mundo outro ben non querria
(por quantas coitas me Deus faz sofrer)
que mia sennor do mui bon parecer
que soubess’eu ben que entendia
como oj’eu moir’, e non llo dizer eu
nen outre por min, mais ela de seu
o entender como seeria.
E, se eu est’ouvess’, averia
o máis de ben que eu querri’aver:
sabe-lo ela ben sen llo dizer
eu e non atender ja aquel dia
que eu atend’, ond’ei mui gran pavor
de lle dizer «por vós moiro, sennor»,
ca sei que por meu mal llo diria,
ca sennor ei que m’estrãiaria
tanto que nunc’averia poder
de ll’ar falar nen sol de a veer,
e mal me vai, mais peor m’er ia;
e por esto querria eu assi
que o soubesse ela, mais non per min,
e soubess’eu ben que o sabia.
E rog’a Deus e Santa Maria,
que lle fezeron muito ben aver,
que ben assi llo façan entender;
e con tod’est’ainda seria
en gran pavor de m’estraiar por én,
e, par Deus, ar jurar-ll’-ia mui ben
que nulla culpa i non avia
de m’entender, assi Deus me perdon,
nen o gran ben que ll’eu quer’, e enton
con dereito non se queixaria.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 

Manuscritos


A 130, B 251

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 263-265 [= LPGP 920]); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 110-111); Littera (2016: II, 480).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 106); Carter (2007 [1941]: 78); Machado & Machado (1950: II, 14-15); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 236).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 89-90); Torres (1977: 400-401); Arias Freixedo (2003: 834-835).

Variantes manuscritas


1 mundo outro] mūdoutro B; querria] queria B   2 me] mj B   6 outre por min] outrem pormj B   7 como seeria] como seria A : mais como seeria B   8 est’ouvess’] esto ouuesse B; averia] auueria A   9 de] do B; querri’aver] q̄ria auer B   11 atender ja aquel] attenderia aq̄l A : atendessaq̄l B   12 atend’] atendo B   13 lle] lhi B   14 mal llo] mallo A   15 ei que m’estrãiaria] e q̄mestranharia B   16 nunc’] nō B   17 ll’ar] lhi B; veer] ver A   18 me] mj B   19 querria] queria B   20 soubesse ela] soubessela B   21 sabia] ele sabia B   22 e santa] ea sc̄a B   23 que lle fezeron muito ben aver] q̄lhi souberō tanto ben fazer B   25 ainda] amda   26 m’estraiar] me straħar B   28 nulla] nulla B   29 me] mj B   30 quer’, e enton] q̄rentō B

Variantes editoriais


1 mundo] mund(o) Michaëlis : mund’ Littera   7 [sen] o entender como seria Michaëlis : o entender; ¿mais como seria? Lorenzo Gradín & Marcenaro, Littera   8 ouvess’] ouvess(e) Michaëlis   11 atender ja aquel] attendess’aquel Michaëlis : atendess’aquel Lorenzo Gradín & Marcenaro : atender aquel Littera   12 ond’ei] ond ei Michaëlis   14 mal llo] mal-lo Lorenzo Gradín & Marcenaro   15 estrãiaria] estranharia Michaëlis, Littera   18 m’er ia] m’iria Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro, Littera   20 soubesse] soubess(e) Michaëlis : soubess’ Littera; min] mi Michaëlis, Littera   22 Santa] sancta Michaëlis   26 estraiar] estranhar Michaëlis, Littera : estrãiar Lorenzo Gradín & Marcenaro   29 me] mi Michaëlis

Paráfrase


A cousa que o trobador máis desexaría no mundo –a cambio de todas as coitas que Deus lle fai sofrer– sería que a súa fermosa dama soubese que morre de amor por ela, mais non quere ser el quen llo transmita, nin tan sequera que outra persoa o faga no seu nome, senón que ela por si mesma se decate de como iso sería (I). E, se isto acontecese, experimentaría o maior dos bens que el arela: que a senhor o saiba sen llo dicir e xa non ter que agardar o día en que el tería de lle contar que morre de amor por ela, pois sabe que tal declaración lle traería mal (II), porque sabe que a senhor o reprendería tanto que nunca podería falarlle, nin tan sequera vela. E vaille mal, mais podería ser aínda peor, e por isto o namorado querería que ela o soubese non por el, e que el soubese que ela o sabe (III). E roga a Deus e á Virxe Santa María, que lle fixeron moito ben, que así llo fagan entender; mais, a pesar disto, aínda sentiría medo e pavor de que a dama desaprobase os seus sentimentos, de maneira que lle xuraría que non é culpa dela (III), que se decate da situación, certamente, nin do ben que el a quere, e así non se queixaría (IV).

Métrica


Cantiga de amor, do tipo de mestría. Consta de catro estrofas de sete versos, sendo o primeiro, o cuarto e o sétimo eneasílabos graves, e os catro restantes decasílabos agudos. As cobras son unissonans, agás a rima c (versos 5-6 de cada estrofa) que é singulars. A fiinda está composta por tres versos, os dous primeiros decasílabos agudos e o último eneasílabo grave, que retoma a rima a das cobras anteriores. 

Esquema métrico: 4 x 9’a 10b 10b 9’a 10c 10c 9’a + 10d 10d 9’a (= Tav 161:225)

Sinalefas e hiatos: 1 mundo‿outro; 5 como‿oj(e); 7 se·e·ri·a; 11 ja‿aquel; 20 soubesse‿ela

Notas


Texto
  • 3-4

    Obsérvese a reiteración da conxunción completiva que tras o suxeito: (querria) que mia senhor do mui bon parecer / que soubess’eu ben que entendia. Véxase nota a 53.17-18.

  • 7

    Aínda que en A non son frecuentes as formas conxugadas arrizotónicas de seer ou veer con hiato etimolóxico conservado (cfr. veerei en 266.17, 438.19, trisilábico), a variante seeria de B resolve a medida (e o sentido) do verso: presenza do elemento mais de B1 dificulta a interpretación e pode deberse a unha repetición da mesma partícula presente no verso anterior (véxase unha intromisión similar do mesmo elemento mais nos manuscritos italianos na cantiga 1263.22), mentres que a omisión de <e> en seeria que mostra A constituiría un simple lapso de copia.
    Precisamente son as dificultades métricas e interpretativas xeradas polo elemento espurio de B o que explica as tentativas de solución editorial para este verso: a adición de sen en Michaëlis ([sen] o entender como seria) tenta resolver o problema métrico, e a puntuación de Lorenzo Gradín & Marcenaro e Littera, que manteñen a lección de B, explícase pola procura dun maior sentido ao verso (...; mais ¿como seria?).

  • 8-14

    A inusual opción editorial no v. 11 pola lección de B en lugar da segmentación de <attenderia> como atender ja en A, verbo paralelo a saber (v. 10), condicionou a puntuación desta estrofa en Michaëlis e mais en Lorenzo Gradín & Marcenaro, para alén da (relativa) anomalía (vid. nota a 237.3) de o subxuntivo atendesse funcionar como verbo principal. Por outra parte, idéntica segmentación de ja pode verse en 857.20, onde a lección <iria> ten de ser editada como ir ja.

  • 14

    A lección <mallo> de A ben pode ser un lapso de copia por contigüidade (<mal llo>) máis do que unha asimilación (aínda que posíbel, non documentada no corpus profano), razón que nos aconsella aternos á segura lección de B.

  • 15

    Os resultados estrãiar (tamén en 358.21) e estraiar, tamén no v. 26 (véxanse 857.18 e 996.9), con desnasalización, a partir de extraneāre, con caída de -n- intervocálico en vez da habitual palatalización do grupo [nj], son minoritarios mais conviven coa solución xeral estranhar. Vid. nota a 103.1.

  • 18

    A segmentación da unánime lección <meria> como m’er ia evita calquera emenda ou intromisión textual2 , tal como todos os precedentes editores interpretaron (m’iria, me [i]ria): aínda que, no tocante á distribución das variantes ar ~ er, en xeral a primeira é propia do Cancioneiro da Ajuda e a segunda predomina nos apógrafos italianos, na cantiga 310, de Joan Lopez d’Ulhoa acontece ao contrario: er A vs. ar B. Vid. nota a 134.15.

  • 21

    Nótese novamente (véxase nota ao v. 7) a presenza espuria de ele en B, que provocaría un verso hipermétrico, como acontece nalgunhas outras pasaxes do corpus; do punto de vista métrico só será aceptábel en B a forma el, de modo que con sinalefa o verso ficaría decasilábico: e soubess’eu ben que oel sabia. O carácter espurio da forma máis antiga ele, fronte a el, é obvio en casos en que se trata de refrán, onde non cabe dúbida sobre a incorrección de tal forma (vid. 1133.r1, que na estrofa I presenta o necesario el, fronte ao incorrecto <ele> de BV na estrofa II; algo similar acontece en 1641.r2, coa forma correcta el en todas as estrofas agás na primeira, tamén con <ele> en BV). Estes casos xustifican as necesarias emendas derivadas da métrica noutras pasaxes en que ele provoca versos hipermétricos (491.6, 667.14, 754.7, 1119.25).

  • 28

    A utilización da grafía <ll> (vs. <lh>) de B para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.

  1. ^

    Véxase unha intromisión similar do mesmo elemento mais nos manuscritos italianos (<Mays> B, <Mais> V) na cantiga 1263.22.

  2. ^

    É diferente o caso de 215.9, onde non existe unanimidade nas leccións <miria> A, correcta, fronte ao erro <meria> en B.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado