209 [= Tav 74,3]
Non me queredes, mia sennor

Non me queredes, mia sennor,
fazer ben enquant’eu viver,
e, pois eu por vós morto for,
non mi-o poderedes fazer,
ca non vi eu quen fezesse
nunca ben se non podesse.
Podedes-vos nembrar ben leu
de min, que sofro muito mal
por vós, e digo-vo-l’ant’eu,
que pois me non faredes al,
ca non vi eu quen fezesse
[nunca ben se non podesse].
Podedes-vos nembrar de min
depois mia morte sen al ren;
e, se eu faça bõa fin,
non me faredes outro ben,
ca non vi eu quen fezesse
[nunca ben se non podesse].
Fazede-mi, e gracir-vo-l’-ei,
ben mentr’ando vivo, ca non
mi-o faredes, eu ben o sei,
pois eu morrer, por tal razon,
ca non vi eu [quen fezesse
nunca ben se non podesse].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


A 112, B 225

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 230-231); Tavani (1988a: 250-251 [= LPGP 483-484]); Littera (2016: I, 565-566).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 97); Carter (2007 [1941]: 68-69); Machado & Machado (1949: I, 367-368); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: 209).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 9-10); Arias Freixedo (2003: 508-509).

Variantes manuscritas


1 Non] on A; me] mj B   5 ca] a A   7 -vos] uos B; leu] lheu B   11 vi eu quen] uj eu (q̄) B   15 e, se eu faça] assy eu faça B   16 me] mj B   19 Fazede-mi, e gracir-vo-l’-ei, / ben] Fazedemj ben e graçiruoloey B   22 morrer] moirer B

Variantes editoriais


7 vos] vus Michaëlis; leu] lheu Littera   13 vos] vus Michaëlis   14 morte] mort’, e Tavani, Littera

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8a 8b 7’C 7’C (= Tav 99:57)

Encontros vocálicos: 4 mi-‿o; 19 -mi,‿e; 21 mi-‿o

Notas


Texto
  • 7

    A coexistir con leve, o provenzalismo leu (coa variante palatalizada lheu en B, acollida en Littera), que concorre coa forma palatalizada lheu, máis frecuente, sempre aparece na frase adverbial ben leu ~ ben lheu ‘facilmente’, a semellanza do uso que os poetas occitanos facían desta voz (véxase García-Sabell Tormo 1990: 203-205). Con todo, o uso de leu é moi escaso no corpus, pois só volve aparecer en 14.13 (e, se vós end’al cuidades, / ben leu tort’én prenderei).

  • 14

    A segmentación da copulativa efectuada por Tavani (depois mia mort’, e sen al ren), seguida por Littera, parece desnecesaria (‘despois da miña morte sen nada máis’).

    O pronome indefinido al ‘outra cousa’ forma tamén locucións indefinidas positivas con que-quer ‘outra cousa calquera’ (al que-quer, véxase nota a 141.12) e negativas con nada (al nada, véxase nota a 708.16) e, sobre todo, con ren (al ren ‘ningunha cousa, nada’): 72.21, 84.23, 209.14, 253.14, 879.20, 1055.14. Cfr. nota a 159.22 e 431.14.

  • 15

    Nótese o uso de se ~ si equivalente a assi en frases optativo-desiderativas (100.1, 177.10, 188.11, 202.2 etc.) tal como tamén aparece en frases formularias do tipo se ~ si Deus me perdon e variantes. Tal forma procede de sīc con cruzamento coa conxunción condicional se.

    Téñase en conta, ademais, que fazer bõa fin é ‘ter boa (santa) morte’, tal como se percibe con clareza na seguinte pasaxe dos Miragres de Santiago: Et despois que aquel boo rromeu fez boa fin et o soterrarõ, et os outros rromeus voluerõse para sua terra, et cõtarõ toda las cousas a Garĩ Calueiro (Pensado 1958: 200).

  • 19-20

    A copia do Cancioneiro da Biblioteca Nacional deturpa o texto ao eliminar o hipérbato –ben pasa do v. 20 para o v. 19–, nunha trivialización que procura a orde lóxica: Fazede-mi ben...

Buscar
    Non se atopou ningún resultado