I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 230-231); Pagani (1971: 86-87 [= LPGP 254]); Littera (2016: I, 257-258).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 88); Braga (1878: 45); Machado & Machado (1952: III, 275-276).
1 viv’oj’eu] mu(d)o geu B 2 das] da V 3 e] τ B : et V 6 e] τ B : et V; gran] g̃ra B; mí] mj̄ B 7 morrendo] moirendo B 12 e] Et B : τ V; grand’é] g̃rade B 17 per] por V 20 bõa] boa B 21 non no] nō uo V
2 das] da Nunes 3 e] et Pagani 6 e] et Pagani; mí] min Pagani : mim Littera 11 nen un] nẽum Littera 12 e] et Pagani; mia] om. Nunes, Pagani, Littera 17 per] por Nunes 20 mia] om. Nunes, Pagani, Littera; bõa] boa Pagani, Littera 21 non no] non’o Littera
(I) Estraña vida vivo hoxe, senhor, máis do que a das outras persoas que viven no mundo, pois vivo causándovos pena a vós e xa non desexo ningunha outra cousa que non sexa a morte, para así quitarvos sufrimentos a vós e tamén a min, logrando Deus deste xeito que morrendo eu, viva (II) en tal vida como me oídes dicir: vivo eu, senhor, causándovos dor a vós e mal a min propio, e Deus non me quere dar ningún xuízo nin poder para apartalo. Mais, miña dama, o meu pesar é grande, e vede o que me resulta máis doloroso do que calquera outra cousa: a miña pena consiste en que vós tamén a sufrides (III) a carón de min, senhor, todo canto mal me vén dela, e podería Deus quitarme todo este sufrimento por medio da morte, que non quere concederme porque sabe que me ten máis morto mentres vivo, pois isto cáusavos dor. Canto mal, miña dama, hai nunha vida como esta? Non sei dicilo.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10d (= Tav 167:1)
Encontros vocálicos: 1 Es·trã·ia; 8 mi‿o·i·des; 13 mi‿é
Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición, só reflectido na edición de Littera, véxase nota á cantiga 15.
A variante estrãio, forma desnasalada de estraio (cfr. tamén estrãiar, estraiar), atestada en 103.1 e 1341.14, é produto da minoritaria evolución de -nj-, con caída de -n- en vez da xeral palatalización da base extraneum (véxase CGPA, s.v. estraio, estrãio, estrayo, estrãyo, estray͂o). Tal resultado convive co xeral estranho no corpus trobadoresco profano, e a súa emenda supón unha irregular nivelación lingüística da lingua trobadoresca. Cfr. nota a 236.15.
A modulación sintáctico-expresiva destes versos é diferente en Nunes e Pagani, pois a construción sintáctica presentada é outra. Eis a versión dos editores precedentes, tamén coincidentes nesta cuestión (versión de Pagani):
Quanto mal, senhor, per bõa ffé
ha en tal vida dizer non-no sei!