576 [= Tav 25,61]
O meu amig’, amiga, non quer’eu

O meu amig’, amiga, non quer’eu
que aja gran pesar nen gran prazer,
e quer’eu este preit’assi trager,
ca m’atrevo tanto no feito seu:
non o quero guarir nen o matar,
nen o quero de mí desasperar,
ca, se lh’eu amor mostrasse, ben sei
que lhi seria end’atan gran ben
que lh’averian d’entender por én
qual ben mi quer; por én esto farei:
non o quero guarir [nen o matar,
nen o quero de mí desasperar].
E, se lhi mostrass’algun desamor,
non se podia guardar de morte,
tant’averia én coita forte;
mais, por eu non errar end’o melhor,
non o quero [guarir nen o matar,
nen o quero de mí desasperar].
E assi pode seu tempo passar,
quando con prazer, quando con pesar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 559, V 162

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 69-70 [= LPGP 205]); Nunes (1973 [1928]: 10-11); Cohen (2003: 592); Littera (2016: I, 215).
II. Outras edicións: Moura (1847: 126-128); Monaci (1875: 66); Braga (1878: 33); Machado & Machado (1952: III, 172-173); Cohen (1987: 32-33); Júdice (1997: 27); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 62-63); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 31).

Variantes manuscritas


2 prazer] plazer V   4 m’atrevo tanto] ma ereuo tādo V   5 non o] aono V   6 quero] querō BV; desasperar] desaspar V   7 mostrasse] mōstrasse B   9 averian] auiam V   10 por] e pᵉ B, epʳ V   11 non o] aono V   17 non o] aono V   19 pode] sse pode BV

Variantes editoriais


2 prazer] plazer Lang   4 ca m’atrevo tanto] cama ereuo tãdo Lang   5 non o] ca o nom Lang   10 por én] e porem Lang : |e| por end’ Cohen : e por end' Littera   11 non o] ca o nom Lang   17 non o] ca o nom Lang   19 pode] se pode Lang, Nunes, Littera

Paráfrase


(I) O meu amigo, amiga, non quero eu que teña un gran pracer nin un gran pesar, e quero eu levar así esta cuestión, pois a tanto me atrevo nesta situación: non o quero salvar nin matalo, nin o quero facer desesperar de min, (II) porque, se eu lle mostrase ben, sei ben que lle causaría por iso un ben tan grande que lle haberían de entender por iso canto me ama; por iso farei isto: [refrán].

(III) E se lle mostrase algún desamor non se podería librar da morte, pola forte coita que tería por iso; mais, por non errar á hora de facer o que é mellor, [refrán].

(1) E así pode pasar o seu tempo, ás veces con pracer, ás veces con pesar.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10C 10C (I, II [= Tav 160:23]) + 10a 9’b 9’b 10a 10C 10C (III [= Tav 160:279]) + 10c 10c

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas atá a fiinda, cunha ligazón copulativa das dúas últimas estrofas, véxase nota á cantiga 55.

  • 2

    Fronte ao xeral prazer (nome e/ou verbo) este verso rexístrase a variante plazer en V, sen dúbida minoritaria en relación a prazer (véxanse tamén 7.4420.23, 62.3102.11412.29, 924.3 e 1624.1, así como a variante de V en 576.2). Esta variante fonética para o tratamento do grupo latino pl- debe ser relacionada coa evolución doutros grupos, como cl- e fl-, que, para alén do resultado [ʧ͡], ofrecen, nalgúns vocábulos, como resultado diverxente, a solución rotatizada cr-, pr- e fr-; neste sentido, convén insistir na frecuencia con que no territorio galego-portugués alternan as solucións  cr-/cl-, pr-/pl- e fr-/fl- pola vacilación fonética [ɾ] ~ [l] nestes grupos. Así, a carón do xeral preito, achamos un caso de pleito (434.13) e mais o sistemático planeta (1340.2, 3, 8, 12 e 27; 1451.23); por súa vez, sendo clerigo forma única, existe vacilación entre clerizia (1340.11, 1497.36) e crerezia ~ crerizia (888.43, 917.3); por último, fronte ao maioritario frol e fror, rexístrase tamén flor (113.15, 517.17, 551.16, 585.1 e 4, 864.19, 866.2), para alén do antropónimo Flores (530.9, 772.10).

  • 5

    A partir da lección <aono> de V, Lang, con certa lóxica, interpretou que no inicio do refrán faltaba a consoante <C> inicial dunha conxunción causal, e tamén que debería restituírse a consoante final da negación. Con todo, como demostra a versión de B, o máis probábel é que o copista de V interpretarse como <A> maiúsculo unha das grafías menos usuais no <N> maiúsculo.

  • 7

    Obsérvese a variante monstrar de B (vs. V), talvez produto da intervención do copista de B, tal como mostra a análise das variantes (a)mostrar / (a)mosntrar nos códices. Véxase nota a 9.3.

  • 10

    A métrica aconsella a expunción da copulativa, que convertería o verso en hipermétrico. Neste sentido, existen diversas pasaxes ao longo do corpus en que, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9). 

    Resulta sorprendente a aparición da variante apocopada én perante vogal, pois a distribución de ende / én responde, en principio, ao contexto fonético: ende + vogal (en xeral con crase) vs. én + consoante. Porén, é certo que no corpus se detecta a aparición de oito casos de én + vogal, sempre a vogal palatal /e/, cunha única excepción na cantiga 148 de Martin Soarez (por én a desfiar): 93.8, 148.13, 359.4, 468.27, 959.9, 1654.4.

  • 16

    Enténdase: ‘mais, por non errar á hora de facer o que é mellor, non o quero...’.

  • 19

    Neste verso aparece un pronome se espurio, pois, para alén da hipermetría causada, o verbo poder ten como suxeito o amigo, que desbota a posibilidade de o verbo ser pronominal. Véxase, de todos os xeitos, 942.13, onde se detecta outro se indubitabelmente espurio.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado