I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 494-495); Cunha (1999 [1945]: 129-130); Monteagudo (1984: 353-354 [= LPGP 719]); Littera (2016: II, 222-223).
II. Outras edicións: Cotarelo Valledor (1934: 208-209), Carter (2007 [1941]: 147-148); Machado & Machado (1960: VII, 44-45); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 412).
7 moiro eu] moiro\eu/ A 3 a gradecer] {a} gradeçer A 24 forū A 28 end'é sabedor] ende (a sabor) {sabedor} A
3 devo] dev(o) Michaëlis : dev’ Cunha 4 moiro eu] moir’eu Michaëlis, Cunha, Monteagudo, Littera 6 quen a] que’-na Michaëlis : quẽ-na Cunha 7 moiro eu ben (morrer por tal sennor!)] moir’eu ben-morrer por tal senhor Michaëlis : moyro bem morrer por tal senhor Cunha : moir’eu ben morrer por tal sennor Monteagudo 14 como] com(o) Michaëlis : com’ Cunha 19 non a] no’-na Michaëlis : nõ-na Cunha 26 naceu] nasceu Michaëlis 29 plazera] prazerá Michaëlis
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10c 10c 10a (= Tav 161:69)
Encontros vocálicos: 3 devo‿a; 7 moiro‿eu; 14 como‿eu; 24 -mi-‿o
Esta composición tamén é considerada anónima.
A cantiga non foi editada como ateúda en ningún dos editores anteriores. Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición véxase nota á cantiga 15.
A expresión u mentira non á (‘sen dúbida, certamente’) constitúe unha frase formularia equivalente a u al non á (con diversas variantes) ou ás construídas co verbo jazer (u non jaz al ~ u al non jaz).
A interpretación dos editores anteriores (Michaëlis, Cunha, Monteagudo), coa puntuación que presentan, non ten sentido, xa que a única posibilidade é considerar que morrer por tal sennor! constitúe unha frase parentética, sen que no corpus se rexistren as expresións morrer ben-morrer ou morrer mal-morrer.
Probabelmente a lección <forū> de A deba a vogal final <u> ao desenvolvemento dunha forma <forꝝ> do antígrafo.
Nótese a pregunta retórica Pero que á?, onde aver ten o valor de ‘acontecer, pasar’ (véxase Glosario, s.v. aver), que é respondida polo propio trobador no final da cantiga.
Fronte ao xeral prazer (nome e/ou verbo) este verso rexístrase a variante plazer, sen dúbida minoritaria en relación a prazer (véxanse tamén 7.44, 20.23, 62.3, 102.11, 924.3 e 1624.1, así como a variante de V en 576.2). Esta variante fonética para o tratamento do grupo latino pl- debe ser relacionada coa evolución doutros grupos, como cl- e fl-, que, para alén do resultado [ʧ͡], ofrecen, nalgúns vocábulos, como resultado diverxente, a solución rotatizada cr-, pr- e fr-; neste sentido, convén insistir na frecuencia con que no territorio galego-portugués alternan as solucións cr-/cl-, pr-/pl- e fr-/fl- pola vacilación fonética [ɾ] ~ [l] nestes grupos. Así, a carón do xeral preito, achamos un caso de pleito (434.13) e mais o sistemático planeta (1340.2, 3, 8, 12 e 27; 1451.23); por súa vez, sendo clerigo forma única, existe vacilación entre clerizia (1340.11, 1497.36) e crerezia ~ crerizia (888.43, 917.3); por último, fronte ao maioritario frol e fror, rexístrase tamén flor (113.15, 517.17, 551.16, 585.1 e 4, 864.19, 866.2), para alén do antropónimo Flores (530.9, 772.10).