942 [= Tav 150,7]
Que mui gran torto mi fez, amiga

Que mui gran torto mi fez, amiga,
meu amigo quando se foi d’aqui
a meu pesar, pois que lho defendi;
mais pero queredes que vos diga?
Se veess’én, ja lh’eu perdoaria.
Tanto mi fez gran pesar sobejo
en s’ir d’aqui que ouve de jurar,
mentre vivesse, de lhi non falar;
mais, porque tan muito [o] desejo,
se veess’én, ja lh’eu perdoaria.
Ben vos dig’, amiga, én verdade:
que jurei de nunca lhi fazer ben
ant’el, e non leixou de s’ir por én;
mais, porque ei del gran soidade,
se veess’én, [ja lh’eu perdoaria].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15

Manuscritos


B 939, V 527

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 252 [= LPGP 935-936]); Cohen (2003: 339); Pousada Cruz (2015: 188); Littera (2016: II, 498-499).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 190); Braga (1878: 100); Machado & Machado (1953: IV, 306).

Variantes manuscritas


5 eu] en B   13 leixou] sse leixou BV

Variantes editoriais


9 porque tan muito [o] desejo] porque [o] tan muito desejo Cohen, Littera   11 én verdade] eu verdade Nunes : en verdade Pousada Cruz : em verdade Littera   13 ant’el, e non leixou de s’ir] ant’e non se leixou de s’ir Nunes : ant’el, e non |se| leixou de s’ ir Cohen

Paráfrase


(I) Amiga, que gran traizón me fixo o meu amigo cando se foi de aquí contra a miña vontade, porque llo tiña prohibido; e que queredes que vos diga? Se regresase, eu perdoaríao.
(II) Fíxome grandísimo tanto pesar cando se foi de aquí que xurei que non lle falaría mentres vivise; mais, porque o desexo tanto, se regresase, eu perdoaríao.
(III) Ben vos digo, amiga, verdade niso: que, diante del, xurei que nunca lle faría ben, e non deixou de se ir por iso; mais, porque teño gran saudade del, se regresase, eu perdoaríao.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 9’a 10b 10b 9’a 10’C (= Tav 155:15)

Encontros vocálicos: 14 so·i·da·de

Notas


Texto
  • 1

    O abrupto inicio da cantiga con que é frecuente no corpus trobadoresco, sempre seguido de muito ~ mui, que confire un carácter exclamativo (‘Canto...!’) ao inicio da composición (196.1, 199.1, 393.1, 407.1, 574.1624.1, 836.1, 866.1, 1023.1, 1040.1, 1173.1, 1397.1), para alén de que se poida tamén considerar que a conxunción inicial introduce un período dependente dun verbo declarativo elíptico, que nalgún texto é claro (253.1, 432.1, 737.1).

  • 4

    Dun modo diferente a como acontece noutros contextos en que mais e pero funcionan como conxuncións independentes do punto de vista sintáctico (véxase 76.10, 301.16, 692.10, 728.16, 953.4, 1146.9), mais pero (mas pero en 268.16) constitúe neste caso unha locución conxuntiva equivalente a ‘a pesar de, non obstante, porén’.

  • 11

    Fronte a Nunes e Pousada Cruz e mais Littera, mantemos a lección <en>, que forma parte da expresión dizer én verdade, que reaparece noutros dous contextos do corpus profano (717.16, 1075.14).

  • 13

    Para alén da hipermetría do verso, a sintaxe indica que a presenza de dous pronomes se no verso se produce polo carácter adventicio do primeiro, que é necesario expunxir. Cfr. nota a 593.11.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado