575 [= Tav 25,21]
Chegou-m’or’aqui recado

Chegou-m’or’aqui recado,
amiga, do voss’amigo,
e aquel que falou migo
diz-mi que é tan coitado
que, per quanta poss’avedes,
ja o guarir non podedes.
Diz que oje, tercer dia,
ben lhi partirades morte;
mais ouv’el coita tan forte
e tan coitad’er jazia
que, por quanta poss’avedes,
[ja o guarir non podedes].
Con mal que lhi vós fezestes,
jurou-mi, amiga fremosa,
que, pero vós poderosa
fostes del quanto quisestes,
que, por quanta poss’avedes,
[ja o guarir non podedes].
E gran perda per-fazedes
u tal amigo perdedes.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 558, V 161

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 69 [= LPGP 185-186]); Nunes (1973 [1928]: 9-10); Cohen (2003: 591); Littera (2016: I, 214-215).
II. Outras edicións: Moura (1847: 125-126); Monaci (1875: 66); Braga (1878: 33); Machado & Machado (1952: III, 171); Cohen (1987: 29-30); Júdice (1997: 26); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 42-43); Pimpão (1942: 61); Bernárdez (1952: 42); Tavares (1961: 37).

Variantes manuscritas


3 que] (che) q̄ B   4 diz] dix B; coitado] cuytado V   6 podedes] possedes B   7 ] Di(x)z B   8 partirades] pertirades V   19 perda] preda V

Variantes editoriais


4 coitado] cuitado Lang, Nunes   11 por] per Lang, Nunes, Cohen, Littera   17 por] per Nunes, Cohen, Littera   19 perda] preda Lang

Paráfrase


(I) Chegoume agora aquí un recado, amiga, do voso amigo, e aquel que falou comigo díxome que está tan coitado que, (nin) por todo canto posuídes, xa non o podedes salvar.

(II) Di que hoxe, pasados tres días, ben o poderiades librar da morte; mais sufriu unha coita tan forte e tan coitado xacía que, (nin) por todo canto posuídes, xa non o podedes salvar.

(III) Co mal que vós lle fixestes, xuroume, amiga fermosa, que aínda que vós exercestes sobre el canto poder quixestes, que, (nin) por todo canto posuídes, xa non o podedes salvar.

(1) E gran perda ocasionades cando tal amigo perdedes.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7’b 7’a 7’C 7’C + 7’c 7’c (= Tav 160:443)

Encontros vocálicos: 14 -mi,‿amiga

Notas


Texto
  • 4

    Non é frecuente achar a variación -oi-/-ui- en coitado/cuitado entre os dous apógrafos italianos, pois, en xeral, é diverxencia que aparece entre o Cancioneiro da Ajuda vs. Cancioneiro da Biblioteca Nacional (cfr. nota a 70.1). Na realidade, nesta voz só se rexistra a variación -oi- B / -ui- V (véxase tamén 570.9, 1212.2, 1293.5). Cfr. nota a 681.4. Véxase Monteagudo (2013 e 2015).

  • 5

    Posse, só atestado nesta cantiga, é sinónimo do substantivo poder, de modo que aver posse é ‘ter o poder ou a posibilidade (para facer algo)’.
    Nótese a variación lingüística na preposición per ~ por no refrán. Véxase nota a 27.4-6.

  • 7

    A forma ordinal tercer constitúe unha variante especial de terceiro que só aparece en posición proclítica (1356.1, 1370.6, 1398.7, 1427.4 e 1587.12), e sempre no sintagma tercer dia, tal como acontece tamén nas Cantigas de Santa Maria1 en textos prosísticos de teor literario (Crónica Troiana, Miragres de Santiago etc.) e, mesmo, en documentos forais ou tabeliónicos: It(em) sobre-la demãda deue auu(er) tercer día se o demãdar o dem[ã]dado τ sse o demãdador o leyxar en ssa u(er)dade o demãdado nõ deue a au(er) p(ra)zo. saluo sse pedír acordo. τ sse ffor p(er) p(re)yto τ demandar [prazo pera morador na] vila deue-o a au(er) de tercer dia τ p(er)a ffora da vila au(er) p(ra)zo de do(us) noue dias. e p(er)a ffora do Reyno de tres noue días (doc. de 1294); Et mandamos ao dicto Martin Bezerra que faça esto asy outorgar a a dicta sua moller daqui a tercer dia (doc. de 1395); que d'oje a tercer dia quitasen todas las prendas que por la dita rason lles foran peñoradas (doc. de 1417) (véxase CGPA, s.v. tercer, terçer).
    Na realidade, prodúcese o mesmo proceso evolutivo en certas formas proclíticas de nomes propios, como Suer (forma proclítica de Sueiro) ou Guter (Guterre), sempre con tendencia á redución fonética perante o apelido; así mesmo, véxase a frecuencia de Outer (Outeiro) en topónimos compostos: Outer de Fumos, Outar de Gistara, Outer de Muas, Outer Rauioso, Outer de Selas, Outer de Vellas (véxase CGPA, s.v. Outer, Outar).
    A súa evolución só se pode explicar a partir da fonotacticamente anómala secuencia final [‘ejɾ] que desemboca nunha monotongación, tal como aconteceu tamén con [‘owɾ] ou [‘owl] (véxase Veiga 1982, 1986; Ferreiro 1999: §23b). Véxase nota a 1624.1.

  • 15-16

    A expresión seer poderosa de mi(n) / seer poderosa del, con que se mostra o dominio da senhor sobre o trobador, só se rexistra en 50.3, e, sobre todo na obra de Don Denis (véxanse 506.2-3 e 569.7-8).

  1. ^

    Só aparece unha excepción, talvez máis un castelanismo afonsino: mas o que en Babilonia guardou no fornAnanias / e Misael o menyno e o tercer, Azarias, / guardou aquesta do fogo, que sol non lle noziu nada (CSM 215.42).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado