62 [= Tav 151,1]
A Deus grad’oje, mia senhor

A Deus grad’oje, mia senhor,
porque vos eu posso veer,
ca nunca eu vira plazer
no mundo ja per outra ren:
quand’averei eu nunca ben
se mi-o Deus i de vós non der?
Sei-m’eu est’, e sei, mia senhor
fremosa, ca deste poder,
que mi Deus faz atal aver
que vos vejo, fara-xe-m’én
perda do corpo e do sén
u vos eu veer non poder.
Mais, mentr’eu vos veer poder
e poder convosco falar,
por Deus a min non querer dar
de vós máis ben, ja mi-o eu ei
en atanto e non rogarei
Deus por mia morte, mia senhor.
E, se me Deus vosso ben der
e me non ar quiser guisar
vosco que me possa durar,
non mi avera mester, ca sei
ca logo a rogar averei
Deus por mia morte, mia senhor.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 89

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 732-733 [= LPGP 936-937]); Littera (2016: II, 531).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 30-31); Machado & Machado (1949: I, 118-119); Rios Milhám (2017: I, 62).

Variantes manuscritas


7 add. sey meu esto e sey mha senhor B   11 corpo e do sén] corpor do sen B   12 eu veer] eu (e)ueer B   13 vos] uos B

Variantes editoriais


2 vos] vus Michaëlis   3 plazer] prazer Michaëlis, Littera   10 vos vejo] vus veja Michaëlis   12 vos] vus Michaëlis   13 vos] vos Michaëlis   16 ben: ja mi-o eu ei] ben ca mi og’ei Michaëlis   17 e] om. Michaëlis   23 logo a] log(o) a Michaëlis : log’a Littera

Paráfrase


(I) Dou grazas a Deus hoxe, miña señora, porque vos podo ver, pois eu xa nunca vería nada pracenteiro no mundo por ninguna outra cousa: cando eu gozarei nunca de ben se mo Deus de vós non der?

(II) Eu sei isto, e sei, miña señora fermosa, que deste tal poder que me Deus dá de vos ver resultarame a perda da vida e da razón cando eu non vos puider ver.

(III) Mais, mentres eu vos puider ver e puider convosco falar, por non me querer Deus dar máis ben de vós, xa eu o recibo niso e non pedirei a Deus a morte, miña señora.

(IV) E se Deus me concedese o voso ben e non quixese convosco acordar que me poida durar, non me será conveniente, porque sei que logo terei que rogar a Deus pola miña morte, miña señora.
 

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8c 8c 8d (= Tav 198:6)

Encontros vocálicos: 6 mi-‿o; 16 mi-‿o; 17 atanto‿e; 22 mi‿avera; 23 logo‿a

Notas


Texto
  • *

    Nótese o enlace rimático entre estrofas, ligando a primeira coa cuarta estrofa e a segunda coa terceira: der I6+IV1 e poder II6+III1.

  • 3

    Neste verso rexístrase a variante plazer, sen dúbida minoritaria en relación a prazer  (véxanse tamén 7.44, 9.1, 20.23, 102.11412.29, 924.3 e 1624.1, así como a variante de V en 576.2). Esta variante fonética para o tratamento do grupo latino pl- debe ser relacionada coa evolución doutros grupos, como cl- e fl-, que, para alén do resultado [ʧ͡], ofrecen, nalgúns vocábulos, como resultado diverxente, a solución rotatizada cr-, pr- e fr-; neste sentido, convén insistir na frecuencia con que no territorio galego-portugués alternan as solucións  cr-/cl-, pr-/pl- e fr-/fl- pola vacilación fonética [ɾ] ~ [l] nestes grupos. Así, a carón do xeral preito, achamos un caso de pleito (434.13) e mais o sistemático planeta (1340.2, 3, 8, 12 e 27; 1451.23); por súa vez, sendo clerigo forma única, existe vacilación entre clerizia (1340.11, 1497.36) e crerezia ~ crerizia (888.43, 917.3); por último, fronte ao maioritario frol e fror, rexístrase tamén flor (113.15, 517.17, 551.16, 585.1 e 4, 864.19, 866.2), para alén do antropónimo Flores (530.9, 772.10).

  • 20

    Nótese a presenza da variante ar fronte á variante er segmentada no v. 15, en liña coa vacilación e alternancia entre estas dúas formas da partícula adverbial.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado