I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 23-24 [= LPGP 104-105]); Longo (2003: 80-81); Arbor Aldea (2001: 140); Littera (2016: I, 68).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 15); Braga (1878: 4); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 509); Magne (1931: 82); Machado & Machado (1950: II, 216-217); Rios Milhám (2018b: III, 376).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 873-874).
3-4 ben ... / ... vos] om. V 4 vos] uos B; m’end’aven] men diuem V 7 esso] esto V 8 assaz d’afan] assam diffam V 11 meu] men B 12 vos] uos BV 16 vos] nus B : uus V 19 terredes] terrads̄ B : temads̄ V
8 sempre levar] Sempre levei Nunes : Sempre levar Arbor Aldea 12 vos] vós Longo 13 min] mi Nunes, Littera 15 mentre] mentr’ Nunes, Longo, Arbor Aldea, Littera 16 vos] vus Arbor Aldea, Longo; d’] qu’ Nunes, Longo 19 [e] terredes, ben sei] terredes, [eu] bem ssey Nunes : terredes, [eu] ben sei Arbor Aldea, Longo : terredes, ben’[o] sei Littera 21 per] por Nunes, Arbor Aldea, Littera
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8b (= Tav 101:41)
Encontros vocálicos: 4 ouvi‿al
Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición (tamén na edición de Longo) véxase nota á cantiga 15. Porén, en Nunes todas as cobras son indenpendentes, e na edición de Arbor Aldea só foron ligadas as estrofas II-III.
Coa excepción de Longo e Littera, os restantes editores isolaron sintacticamente as estrofas I e II, con dúas actuacións editoriais diferentes: ou a conservación da lección manuscrita no v. 8 de modo que se crea unha incongruencia sintáctica, xa que non existe verbo principal (Arbor Aldea), ou, alternativamente, con modificación de levar en levei (Nunes), emendando a unánime lección dos manuscritos.
Co texto agora proposto, teremos de interpretar ben no v. 7 como adverbio dependente de levar, xa que no v. 10 a cantiga di que non lle fixo ben: ‘por iso ben me fixestes levar abondo afán por vós’; e, así, fica estabelecida a necesaria ligazón das estrofas II e II, sendo ateuda toda a cantiga.
O uso da construción partitiva assaz de non é frecuente; con todo, rexístrase unha vez nas Cantigas de Santa Maria: E quatr’ anos durou, segund’ oý, / que os monges ouveron pera si / assaz de leite (CSM 52.27). Tamén se localiza na prosa tardía portuguesa, desde Fernan Lopez, na Crónica de D. Fernando (e muitos outros cavalleiros de Ingraterra, que eram tres mill home͂es d’armas, asaz de bõos, e husados em guerra; Macchi 2004: 25) até a História de Vespasiano: e fazee guardar e repartir as viãdas que asaz som de poucas pera gente que aqui estaa (Machado 2007-2013: 117).
Coidamos que a solución interpretativa deste verso descansa en considerar dissesse, a pesar de subxuntivo, verbo principal do período, tal como esporadicamente acontece na lingua trobadoresca; isto é: ‘e se vos conviñese por causa dalguén, diría (eu) como xa non podo perder o ben que me vén de vós… etc.’. Este uso sintáctico atéstase por veces no corpus trobadoresco profano (237.3, 310.16-17, 311.16, 532.1, 812.9) e tamén na produción en prosa. Cfr., por exemplo, na Crónica Geral de Espanha de 1344: E hora Deus quisesse que Julyo Cesar lançasse bestas mortas e outras peçonhas nos ryos e nas fontes e leixassenos fartar d’augua! (Cintra 1952-1990: II, 123); ou na tradución da Confessio Amantis: E quisesse ora Deus que nós... (Faccon 2012: 283).