66 [= Tav 151,26]
Sennor fremosa, par Deus, gran razon

Sennor fremosa, par Deus, gran razon
seria ja agora, se en prazer
vos caesse, de quererdes prender
doo de min, ca, ben de-la sazon
que vos eu vi e que vosco falei,
Deu-lo sabe, ca nunca desejei
ben deste mundo se o vosso non,
nen desejarei no meu coraçon
enquant’eu ja eno mundo viver,
ca de pran vos sei maior ben querer
de quantas cousas eno mundo son;
e demais ũa cousa vos direi:
no’me quitará ren, eu ben o sei,
de vos querer assi se morte non,
ca de pran, se m’end’ouvesse a quitar
nulla cousa sen morte, mia sennor,
quitar-m’end’-ia o mui gran sabor
que vos vejo aver de m’alongar
de vós mui máis ca outr’ome por én;
mais, mia sennor, direi-vos ũa ren:
non vos am’eu por vos ar desamar,
ben o creede, mais por vos buscar
muito serviç’enquant’eu vivo for,
e porque vos fez parecer mellor
Deus d’outra dona e mellor falar;
e El, que vos tal fez, se m’algun ben
non der de vós, sennor, non me dé sén
nen poder de vos por én desamar,
ca sei eu ben, u outra ren non jaz,
ca me sera, mia sennor, máis mester
de veer-vos, se end’a vós prouguer,
ca me sera o maior ben que faz
en este mund’a ome outra moller.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 

Manuscritos


A 3, B 93

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 9-10 [= LPGP 951]); Littera (2016: II, 534).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 32-33); Carter (2007 [1941]: 2-3); Machado & Machado (1949: I, 125-126); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 66).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 9-10).

Variantes manuscritas


1 par] ꝑ B; razon] sazon AB   2 agora] ora B   3 vos] uos A; quererdes] queredes B   4 min] mj B   5 vos] uus A; vosco] uusco A   6 ca] que B   8 nen] Ben A   9 eno] no B   12 vos] uos A   13 no’me] nōme B   14 de vos] (e) de uos A : edeuꝯ B   15 ouvesse a]  oessa B   16 nulla] nulla B   18 vos vejo aver] uꝯ eu ueiauer B   19 outr’ome] outomē B   20 sennor] senor A; ren] om. B   21 vos] uus A; vos ar desamar] uos ar dessamar A   22 ben o] Bēno B; vos] uos A   23 enquant’eu] en quāto B   28 vos] uos A   30 me] mj B   31 de veer] dau’ B; vos] uus A : uos B   32 me] mj B   33 en este mund’a ome] eeste mund ome A

Variantes editoriais


3 vos] vus Michaëlis   5 vos] vus Michaëlis; vosco] vusco Michaëlis   10 vos] vus Michaëlis; sei] ei Michaëlis   12 vos] vus Michaëlis   13 no’me] non me Michaëlis : nom me Littera; ben o] ben-no Michaëlis; sei] hei Littera   14 vos] vus Michaëlis   15 ouvesse] ouvess(e) Michaëlis   18 vos] vus Michaëlis   20 vos] vus Michaëlis   21 vos] vus Michaëlis; vos] vus Michaëlis   22 ben o] ben-no Michaëlis; vos] vus Michaëlis   24 vos] vus Michaëlis   26 vos] vus Michaëlis   27 dé] dê Michaëlis, Littera   28 vos] vus Michaëlis   31 veer-vos] veer vos Michaëlis   33 en este] en-neste Michaëlis; ome outra] om(e) outra Michaëlis : hom'outra Littera

Paráfrase


(I) Señora fermosa, por Deus, se vos fose grato, sería moi razoábel xa agora quererdes ter dó de min, porque, desde o mesmo intre que vos eu vin e que falei convosco, sábeo Deus, nunca desexei (recibir) un ben deste mundo a non ser o voso, (II) nin o desexarei no meu corazón en canto eu viva neste mundo, porque certamente vos amo máis que a cantas cousas existen no mundo; e ademais direivos unha cousa: nada me privará, eu ben o sei, de vos así amar non sendo a morte, (III) porque, sen dúbida, se diso me debese privar algunha cousa fóra a morte, miña señora, privaríame diso o moi gran gozo que vos vexo ter ao afastarme de vós moito máis que a outro home por iso; mais, miña señora, direivos unha cousa: non vos amo eu por vos desamar, (IV) crédeo ben, senón por vos servir moito en canto eu vivo for, e porque Deus vos fixo ser máis fermosa que calquera outra muller e mellor falar; e El, que vos tal fixo, se non me der algún ben de vós, señora, non me dea (tampouco) siso nin poder para vos desamar por iso, (1) pois eu sei ben, sen dúbida ningunha, que me será máis preciso vervos, miña señora, se iso vos prouguer, porque será o maior ben que neste mundo fai a un home outra muller.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10d 10e 10e 10d 10e (= Tav 161:99)

Encontros vocálicos: 2 ja‿agora; 15 end’ouvesse‿a; 33 ome‿outra

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición (que en Michaëlis só presenta ligadas as estrofas I-II) véxase nota á cantiga 15.

  • 1

    A frecuente confusión <r>/<s>, e viceversa, explica o intercambio  razon / sazon, que tamén se pode achar noutras pasaxes (por exemplo, en 1007.20 sazon <razon> V).

  • 2

    Nótese como a variante ora en B evitaría a sinalefa ja‿agora.

  • 2-3

    Caer en prazer (tamén en 56.16), expresión verbal paralela a caer en pesar ‘pesar’ (28.27 e 214.21), é sinónimo do frecuente verbo prazer.

  • 3

    A omisión de <r> en B pode, nalgúns contextos, provocar unha aparente vacilación (errada con frecuencia) entre formas de presente e formas flexionadas de infinitivo ou de futuro subxuntivo; tal erro é relativamente frecuente nos apógrafos italianos: fazerdes vs. fazedes (529.17 V), tornardes vs. tornades (688.16 V), perderdes vs. perdedes (1232.24 B), guarirdes vs. guarides (1394.13 B), o mesmo que á inversa: falades vs. falardes (1227.14 B).

  • 4-6

    Nótese como se reitera a conxunción causal ca ao incluírse diversas cláusulas explicativas antes da causal: ca, ben de-la sazon / que vos eu vi e que vosco falei, / Deu-lo sabe, ca nunca desejei / ben deste mundo se o vosso non. Neste sentido, é evidente a proliferación da partícula ca ao longo da cantiga, quer como causal (nos vv. 4, 6, 10, 15, 29 e 32), quer comparativa (v. 19), quer completiva (v. 30).

  • 6

    A teor dos datos subministrados polos cancioneiros, as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV): 66.6, 84.6 e 15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1 .

  • 10

    É innecesaria a emenda michaëliana de sei para ei, pois «saber querer» aparece con frecuencia ao longo do corpus (12.7, 123.2, 1041.8, 1090.9, 1095.6 etc.).

  • 13

    Nos textos transmitidos por A é frecuente a asimilación do adverbio non co pronome me ~ mi (> no’me ~ no’mi; cfr. a evolución regular -nm->-m-), face a BV que, en xeral, presentan a lección non me ~ non mi con manutención da integridade morfolóxica do adverbio negativo (90.9, 223.r2, 239.7, 243.14, 258.9, 283.10, 285.13, 421.5, 423.20, 430.8)2 . Na realidade, nos apógrafos italianos só se rexistra en tres ocasións (104.21, 906.12 e 1482.5). A diferenza dos demais editores, mantemos tal asimilación, que chega até hoxe (Ferreiro 1999: §101c).

    Por outra banda, a coincidente lección de AB invalida a substitución sei > hei practicada en Littera.

  • 14

    Nótese a presenza da copulativa inicial en B (en A foi cancelada), a confirmar como, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9). E noutros casos, a pesar da coincidencia dos testemuños, existen razóns sintácticas, métricas ou doutro tipo que aconsellan a antecitada expunción. 

  • 15

    A variación ouvesse A ~ oess(e) B apaga as formas do tipo oer ~ ouer, oera, oesse. O radical xeral para os tempos de pretérito de aver é ouv-, como resultado da metátese de wau e fricativización de -b- a partir do radical latino habu-. Ora ben, -b- intervocálico tamén pode desaparecer (Ferreiro 1999: §54c), como mostran diversos resultados que proban esta evolución diverxente nos tempos de pretérito de aver. Para alén de ouer (10.18), así acontece coas formas oer, oera e oesse presentes no corpus, sempre a partir das leccións dos apógrafos italianos, por o Cancioneiro da Ajuda sempre presentar a forma ouver (e afíns): se mi-o logo a tolher oer / mia vezinha (11.27), se vos eu oesse desamor (23.13), mentr’eu vosso desamor oer (23.32), pois eu esto feito oer (29.19), mentr’oer esta senhor que oj’ei (38.9), U lhi conven, oera de tornar (45.8), quand’eu de vós oer / desamor (46.23), pois que lh’esto feit’oer (96.8), quen vos oer a desejar (107.18), pois end’o poder oer (561.6), farei eu por vós quanto fazer oer (725.26), poi-la dona seu amig’oer (759.15), pois eu oer / por mia senhor mort’a prender (1064.13). A estas ocorrencias aínda hai que lles acrecentar aqueloutras en que os apógrafos italianos presentan esta variante fronte ao resultado maioritario en A para alén da presente pasaxe: 64.465.22, 68.11, 81.18141.6 (ouver A vs. oer B); 363.16 (ouver A vs. oer BV). Véxase tamén notas a 10.18 e 372.4. Cfr. notas a 130.23 e 534.4. Véxase Ferreiro (2016a: 119-127).

  • 16

    A utilización da grafía <ll> (vs. <lh>) para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.

  • 18

    Fronte a outras presenzas espurias de eu (véxase nota a 4.10-12), nótese a perfecta acomodación métrica do verso en B, coa incorporación do pronome de P1 e a crase <ueiauer> vej’aver.

  • 19

    O cancioneiro da Ajuda mostra unha clara preferencia pola forma ome face á variante omen, máis frecuente nos apógrafos italianos (mais véxase nota a 129.14). Deste xeito, nos textos transmitidos por A e por B, achamos con frecuencia a oposición ome / omen (68.1, 74.28, 85.5, 121.11, 129.27, 131.11, 132.24, 139.8, 164.2, 174.7). Véxase tamén nota a 559.9.

  • 20-21

    Cfr. o refrán da cantiga 947, de Joan Airas: mais, mia senhor, direi-vos u͂a ren: / pois eu vos vejo, muito vejo ben.

  • 21

    No Cancioneiro da Ajuda detéctanse algúns casos de confusión de sibilantes, probabelmente un fenómeno gráfico sen transcendencia fonolóxica. Igual que <dessamar> desamar neste verso, véxanse outras formas como <dessamparado> desamparado (317.21), <oussasse> ousasse (268.2, 275.4308.11, 313.8 e 346.3 <oussase>) e <oussen> ous’én (268.3), ou as repetidas <guissa> guisa e <guissada> guisada  (72.27, 137.32, 140.1, 2 e 5, 146.19, 147.3, 150.4, 259.18, 409.8, 692.7), <pessar> pesar (90.21, 214.21, 395.9, 439.4 e 10, 441.6, 12 e 18), <quissesse> quisesse (199.27, 407.10), <quisso> quiso (407.11) e <quisser> quiser (71.18, 692.13). Véxanse tamén notas a 69.7, 80.10, 88.15 e 89.2.

  • 22

    Co verbo creer como núcleo, no corpus trobadoresco profano aparecen as frases formularias aseverativas ben o creede, ben o creades e esto creede ben (véxase tamén 595.19, 1174.4; 595.8; 523.9, 1583.9).

  • 29

    A frase formularia afirmativa u outra ren non jaz ‘certamente, sen dúbida’ (tamén en 1195.2) é concorrente con u non jaz al ou u al non jaz e é equivalente a u al non á (e as súas variantes). Véxanse notas 25.11 e 31.10.

  • 31

    Nótese a confusión aver / veer en B, en liña con similares trocas e/ou variación entre códices: veer A vs. aver BV (83.6312.1417.8), aver A vs. veer B (92.8, 174.13), aver A vs. a veer B (188.28, 318.2 e 11), a veer V vs. aver B (754.6).

  1. ^

    Resultan tamén significativas algunhas correccións e/ou vacilacións, como as de 530.4 (<(qu) ca> B) e 1450.17 (<ca que> B, <ca q̄> V), así como o erro de copia de A en 414.r1 (<que / ca> A, <q̄> B, <que> V).

  2. ^

    Aínda hai que acrecentar a aparición desta asimilación no primeiro verso do refrán das estrofas II e III da cantiga 271.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado