164 [= Tav 106,20]
Quer’eu a Deus rogar de coraçon

Quer’eu a Deus rogar de coraçon,
com’ome que é cuitado d’amor,
que El me leixe veer mia sennor
mui ced’, e, se m’El non quiser oir,
logo ll’eu querrei outra ren pedir:
que me non leixe máis eno mundo viver.
E, se m’El á de fazer algun ben,
oir-mi-á ‘questo que ll’eu rogarei
e mostrar-mi-á quanto ben no mund’ei;
e, se mi-o El non quiser amostrar,
logo ll’eu outra ren querrei rogar:
que me non leixe máis eno m[undo] v[iver].
E, se m’El amostrar a mia sennor,
que am’eu máis ca o meu coraçon,
vedes o que lle rogarei enton:
que me dé seu ben, que m’é mui mester,
e rogá-ll’-ei que, se o non fezer,
que me non leixe m[áis e]no m[undo viver].
E rogá-ll’-ei, se me ben á fazer,
que El me leixe viver en logar
u a veja e lle possa falar
por quanta coita me por ela deu;
se non, vedes que lle rogarei eu:
que me non leixe m[áis e]no mundo [viver].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


A 75, B 188

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 160-161 [= LPGP 692-693]); Pousada Cruz (2013: 161-162); Littera (2016: II, 180).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 76); Carter (2007 [1941]: 45); Machado & Machado (1949: I, 288); Camargo et alii (1995: 63-64); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 164).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 357).

Variantes manuscritas


2 com’ome] come homen B   5 querrei] querei A : queirei B   6 eno] nō B   7 m’El á] mela a B   8 mi-á ‘questo] ma aq̄sto B   9 mund’] mūdo B   11 querrei] q̄irey B   12 eno] no B   13 E] om. B; a] om. B   14  o] om. B; coraçon] coracon B   15 lle] lhi B   16 me] mj B; m’é] mei B   17 rogá-ll’-ei] rogar lhei B   18 leixe m[áis e]no] leixe no B   19 E rogá-ll’-ei, se me ben á] Errogarlhei semj bē ade B   20 El] om. B; logar] loguar B   21 lle] lhi B   22 quanta coita] quātas coytas B   23 lle] lhi B   24 leixe m[áis e]no] leixe no B

Variantes editoriais


2 cuitado] coitado Littera   6 eno] no Littera   12 eno] no Littera   16 dé] dê Michaëlis   18 [e]no] no Littera   24 [e]no] no Littera

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10c 10c 12D (I-III [= Tav 198:1]) + 10a 10b 10b 10c 10c 12A (IV [= Tav 189:2])

Encontros vocálicos: 8 -mi-‿á; 9 -mi-‿á; 10 mi-‿o

Notas


Texto
  • 2

    O cancioneiro da Ajuda mostra unha clara preferencia pola forma ome face á variante omen, máis frecuente nos apógrafos italianos (mais véxase nota a 129.14). Deste xeito, nos textos transmitidos por A e por B, achamos con frecuencia a oposición ome / omen (66.19, 68.1, 74.28, 85.5, 121.11, 129.27, 131.11, 132.24, 139.8, 164.2, 174.7). Véxase tamén nota a 559.9.

  • 8

    O encontro entre a forma verbal á e a vogal inicial de aquesto aparece resolvida con crase (cfr. tamén enviava-os a ‘quela tenda na rúbrica da cantiga 1449), que é relativamente frecuente entre vogal tónica e o adverbio aqui (véxase nota a 140.21).

  • 16

    De novo aparece a  diverxencia é A vs. ei B (con personalización na P1) que é relativamente frecuente na tradición manuscrita (véxase 163.13, 282.4). Cfr. nota a 86.17

  • 17-19

    O proceso de asimilación fonética [ɾʎ] > [ʎ] nas formas de futuro con pronome mesoclítico (véxase nota a 21.3) son moi ocasionais nos apógrafos italianos, como mostra neste caso B, que evita a asimilación ofrece a forma rogar-lh’-ei.

  • 18

    En B constátase unha rectificación isosilábica na copia do refrán (vv. 18 e 24) para o converter en decasilábico coa supresión de mais (probabelmente bisilábico en B, pois en todas as estrofas se mantén no en lugar de eno, que Littera estende a todos os casos). Véxase nota a 12.8.

  • 19

    A lección de B é hipermétrica pola introdución do nexo preposicional (de) na perífrase verbal á fazer.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado