I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 111-112); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 95 [= LPGP 660]); Littera (2016: II, 127).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 67); Carter (2007 [1941]: 33-34); Machado & Machado (1949: I, 247-248); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 139).
1 min] mj B 2 creer-la coita que me] creer a acoyta que mj B 3 creede ca vos] creed ca uus A 4 façades] facades B 7 vós] uus A; perçades] percades B 8 en] eu B; ome] omē B 10 vos] uos B 11 me dé consello] mj de ꝯsolho B 12 vos] uos A; me] mj B 15 bõa] boa A 16 por] ꝑ B; perdudo] produdo B 17 dig’] diga B 20 sej’] seia B 21 bõa] boa A
1 min] mi Bertolucci Pizzorusso, Littera 2 creer-la] creer a Bertolucci Pizzorusso, Littera; me] mi Bertolucci Pizzorusso 3 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso 8 ome] omen Bertolucci Pizzorusso : homem Littera 9 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso 10 vos] vus Michaëlis, vos Bertolucci Pizzorusso 11 me] mi Bertolucci Pizzorusso; dé] dê Michaëlis, Littera 13 vos amo] vus am(o) Michaëlis : vus amo Bertolucci Pizzorusso; se] si Michaëlis; me] mi Bertolucci Pizzorusso 14 min] mi Littera 16 perdudo] perdud’o Michaëlis 17 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso; dig’] diga Bertolucci Pizzorusso 18 qual] quan Bertolucci Pizzorusso : quam Littera; vos quero] vus quer(o) Michaëlis : vus quero Bertolucci Pizzorusso 20 sej’assi] seja ‘ssi Michaëlis : seja / assi Bertolucci Pizzorusso, Littera 21 ventura] ventur(a) Michaëlis
Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a (= Tav 161:159)
Encontros vocálicos: 5 mi‿aquesto; 11 mi-‿o; 13 amo‿e; 15 sa·biá·des; 18 quero‿e; 21 ventura‿ajades
Nas edicións de Carolina Michaëlis e de Valeria Bertolucci, só aparecen ligadas as estrofas I-II. Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición véxase nota á cantiga 15.
A secuencia <r-l> (e <s-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (artigo ou pronome) no encontro con infinitivos debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga. Neste sentido, a lección de B indica que nos restantes casos en que aparentemente non existe asimilación talvez haxa que a supor tamén, coa pronuncia correspondente. Véxase tamén nota a 5.10.
En calquera caso, ao longo do corpus achamos diverxencias de representación gráfica destas asimilacións, ás veces con grafías ambiguas que non indican explicitamente tal asimilación; é maioritaria a representación da asimilación en A (vs. BV), moitas veces con formato arcaizante: negar-lo-ei A vs. nega-lo-ei B (254.6), dizer-lo mui gran ben A vs. dizer o mui gran ben B (302.2), perde-lo sén A vs. perder o sén BV, “sennor”-la chamaria A vs. “senhor” a chamaria BV (807.7), partir-lo coraçon B vs. parti-lo coraçon V (965.11). Noutras ocasións, acontece á inversa: perder o sén A vs. perde-lo sén BV (210.8), se fezer / mia sennor o que ten no coraçon A vs. se fezer / mia senho-lo que ten no coraçon BV (222.14). Cfr. notas a 48.14 e 217.10.
A raíz perç- na P1 do presente indicativo e no presente de subxuntivo, produto da evolución regular da base latina perdeo e perdeam etc., é a única que aparece no Cancioneiro da Ajuda (véxase 308.3 onde de novo aparece perço A vs. perco B), fronte a BV, onde esporadicamente se rexistra a raíz perc-. Véxase nota a 54.6.
O cancioneiro da Ajuda mostra unha clara preferencia pola forma ome face á variante omen, máis frecuente nos apógrafos italianos (mais véxase nota a 129.14). Deste xeito, nos textos transmitidos por A e por B, achamos con frecuencia a oposición ome / omen (66.19, 68.1, 74.28, 85.5, 121.11, 129.27, 131.11, 132.24, 139.8, 164.2, 174.7). Véxase tamén nota a 559.9.
A frase se El me perdon, co lapso editorial si en Michaëlis (pola alternancia das dúas formas neste uso desiderativo-exclamativo), é unha variante única da xeral frase formularia se Deus me perdon, con múltiplas variantes.
Nesta cantiga aparece a forma desanasalada boa en A (tamén no v. 21), fronte a B, que mantén a nasalización de bõa nos dous casos. Cfr. nota a 137.2.
Tendo en conta o uso maioritario do posesivo sen artigo, non parece conveniente segmentar o determintante en perdudo, presente en Michaëlis.
Non existe xustificación ecdótica para a substitución de qual por quan, tal como Bertolucci Pizzorusso e Littera decidiron. Cfr., entre outros exemplos do corpus, o mesmo uso de qual en 92.11: entender / qual ben lle quero ...