529 [= Tav 25,118]
Senhor, non vos pes se me guisar Deus

Senhor, non vos pes se me guisar Deus
algũa vez de vos poder veer,
ca ben creede que outro prazer
nunca [d’al] veran estes olhos meus
senon se mi vós fezessedes ben,
o que nunca sera per nulha ren.
E non vos pes de vos veer, ca tan
cuitad’ando que querria morrer,
e dos meus olhos podedes creer
que outro prazer nunca d’al veran
senon se mi vós fezessedes ben,
[o que nunca sera per nulha ren].
E, se vos vir, pois que ja moir’assi,
non devedes ende pesar aver;
mais [dos] meus olhos vos poss’eu dizer
que non veerán prazer d’al nen de min
senon se mi vós [fezessedes ben,
o que nunca sera per nulha ren],
ca, d’eu falar en mi fazerdes ben,
como falo, faç’i mingua de sén.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 521a, V 114

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 36 [= LPGP 232]); Nunes (1972 [1932]: 124-125); Eirín (2015: 146); Littera (2016; I, 185).
II. Outras edicións: Moura (1847: 50-52); Monaci (1875: 49-50); Braga (1878: 23); Machado & Machado (1952: III, 82-83); Júdice (1997: 110); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


2 de] se BV   3 prazer] praxer B   4 olhos] olhus V   6 nulha] (nl) nulha B   8 querria] q̄iria B; morrer] moirer B : morror V   9 e dos] E a os B : se aos V   10 d’al] tal B   13 moir’assi] morrassy V   19 fazerdes] fazedes V

Variantes editoriais


2 de] se Littera   9 e dos] se aos Lang, Littera : e aos Nunes   13 vos] vós Lang; moir’] morr’ Lang, Littera   15 meus] meos Lang   16 veerán] veeran Nunes : verám Littera; min] mi Lang, Nunes, Littera

Paráfrase


(I) Senhor, non sintades pesar se Deus algunha vez dispuxer que vos eu poida ver, porque crede ben que nunca outro pracer verán estes ollos meus de ningunha outra cousa, agás se me vós fixésedes ben, o que nunca ha de acontecer de xeito ningún.

(II) E non vos pese de vos eu ver, pois ando tan coitado que querería morrer, e dos meus ollos podedes crer que nunca verán outro pracer de ningunha outra cousa, agás se me vós fixésedes ben, o que nunca ha de acontecer de xeito ningún.

(III) E, se vos vir, xa que morro así, non debedes sentir pesar por iso; mais pódovos dicir dos meus ollos que non verán nada pracenteirode ningunha outra cousa nin de min, agás se me vós fixésedes ben, o que nunca ha de acontecer de xeito ningún, (1) porque, ao falar eu de me facerdes ben, como falo, obro con falta de siso.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= Tav 160:32)

Encontros vocálicos: 16 ve͜e·rán

Notas


Texto
  • 2

    A sintaxe esixe a emenda da lección <se> BV, que presenta un erro <s>/<d> infrecuente nos cancioneiros; porén, guisar rexe a preposición de para introducir unha cláusula subordinada en infinitivo (véxase Glosario, s.v. guisar). Porén, aínda que cun texto algo forzado, podería manterse a lección dos manuscritos cunha outra alternativa textual, onde poder(v. 2) sería futuro de subxuntivo: ‘Non vos pese, señora, se vos puider ver algunha vez –se Deus o dispuxer así–’.
             Senhor, non vos pes –se me guisar Deus
    ​​​​​​​          algũa vez– se vos poder veer,
    ​​​​​​​          ca ben creede que outro prazer
    ​​​​​​​          nunca [d’al] veran estes olhos meus...

  • 4

    A hipometría do verso indica a omisión de d’al (repárese na súa presenza simétrica nos vv. 10 e 16) na copia dos apógrafos italianos.

  • 9

    As leccións que B e V subministran no inicio do verso teñen de ser erradas, pois a sintaxe e o sentido (e a métrica, pola xeral contaxe de ao como dúas sílabas) mostran que, para alén da disidencia e / se inicial (reflectida nas edicións de Lang e Nunes), se debeu producir un erro <a>/<d>, explicábel do punto de vista paleográfico (véxase nota a 374.8). Deste xeito, dos resolve perfectamente a pasaxe, defectuosa en Lang, Nunes e Littera.

  • 10

    A lección de B, con sentido se considerarmos isoladamente o verso, é produto dun erro de copia a teor da simétrica presenza de d’al nas estrofas I (v. 4) e III (v. 16).

  • 16

    Repárese na forma bisilábica veerán, a pesar do hiato gráfico xa desaparecido pola crase en posición átona que se detecta en veránnos vv. 4 e 10.

  • 19

    Erros similares ao de V neste verso, coa omisión de <r> poden provocar unha aparente vacilación (errada con frecuencia) entre formas de presente e formas flexionadas de infinitivo ou de futuro subxuntivo; tal erro é relativamente frecuente nos apógrafos italianos: quererdes vs. queredes (66.3, B), tornardes vs. tornades (688.16 V), perderdes vs. perdedes (1232.24 B), guarirdes vs. guarides (1394.13 B), o mesmo que á inversa: falades vs. falardes (1227.14 B). 

Buscar
    Non se atopou ningún resultado