505 [= Tav 25,121]
Senhor, pois que m’agora Deus guisou

Senhor, pois que m’agora Deus guisou
que vos vejo e vos posso falar,
quero-vo-la mia fazenda mostrar
que vejades como de vós estou:
ven-mi gran mal de vós, ai mia senhor,
en que nunca pôs mal Nostro Senhor!
E, senhor, gradesc’a Deus este ben
que mi fez en mi vos fazer veer;
e mia fazenda vos quero dizer
que vejades que mi de vós aven:
ven-mi [gran mal de vós, ai mia senhor,
en que nunca pôs mal Nostro Senhor!]
E non sei quando vos ar veerei
e por én vos quero dizer aqui
mia fazenda, que vos sempr’encobri,
que vejades o que eu de vós ei:
ven-mi gran mal [de vós, ai mia senhor,
en que nunca pôs mal Nostro Senhor],
ca non pôs en vós mal Nostro Senhor
senon quant’a min fazedes, senhor!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 507, V 90

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 20 [= LPGP 233-234]); Nunes (1972 [1932]: 79-80); Eirín (2015: 95); Littera (2016: I, 170-171).
II. Outras edicións: Moura (1847: 16-17); Monaci (1875: 41); Braga (1878: 19); Machado & Machado (1952: III, 20-21); Júdice (1997: 87); Montero Santalha (2004); Rios Milhám (2018b: III, 505).

Variantes manuscritas


2 vos posso] uos posso BV   3 mia] ma B   5 ven] lhen V   15 sempr'encobri] senp̄ucobri V   17 gran] g̃ra B

Variantes editoriais


8 vos] vós Lang

Paráfrase


(I) Senhor, xa que Deus dispuxo que agora vos podo ver e falar, quérovos mostrar o meu estado para que vexades todo o que me pasa por causa de vós: vénme gran mal de vós, ai miña senhor, en quen nunca puxo mal Noso Señor!

(II) E, senhor, agradézolle eu a Deus este ben que me fixo en me facer vervos; e quero contarvos o meu estado para que vexades todo o que me pasa por causa de vós: vénme gran mal de vós, ai miña senhor, en quen nunca puxo mal Noso Señor!

(III) E non sei cando vos volverei ver e por iso vos quero dicir aquí o meu estado, que sempre vos ocultei, para que vexades o que me pasa por vós: vénme gran mal de vós, ai miña senhor, en quen nunca puxo mal Noso Señor,

(1) porque non puxo en vós mal Noso Señor agás todo canto a min me facedes, senhor.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= Tav 160:33)

Notas


Texto
Buscar
    Non se atopou ningún resultado