67 [= Tav 151,19]
Quen oje maior cuita ten

Quen oje maior cuita ten
d’amor eno seu coraçon
de quantos del cuitados son,
Nostro Sennor lle ponna i
consello, se a El prouguer,
atal per que lla tolla én.
E creed’ora ũa ren:
ca non ést’outre se eu non
que mi-a tive de-la sazon
que eu primeiramente vi,
per bõa fe, atal moller
que dá mui pouco ora por én.
Mais pero, enquant’eu viver,
sempre a ja máis amarei
d’outra cousa, e rogarei
o máis que eu poder rogar
a Deus que El mi-a leixe oir
falar e mi-a leixe veer.
E, se o Ele quiser fazer
logo eu cuita non sentirei,
ca inda vos máis direi:
logo mi averei a quitar
de nunca ja cuita sentir
enos dias que eu viver.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


A 4, B 94

En A a derradeira estrofa comeza no v. 20, coa copulativa E indicando o inicio, cando, na realidade, supón un erro de copia por canto esta partícula inicia o v. 19, o verdadeiro primeiro verso da estrofa.

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 11-12 [= LPGP 947]); Littera (2016: II, 535).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 33); Carter (2007 [1941]: 3); Machado & Machado (1949: I, 127-128); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 67).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 111-112); Piccolo (1951: 11-12).

Variantes manuscritas


1 cuita] coyta B   2 eno] e nō B   4 lle] lhi B   6 atal per que] atall’ que B   8 ést’outre] ē outre A : estoutʼm B   9 tive] tiuj B   12 pouco ora] poucora B   14 máis] om. B   16 rogar] rogʷr B   17 leixe oir] leixoyr B   19 E, se o Ele] se o ele A : E esso el B   20 logo eu cuita non sentirei] E logo eu cuita sentirei A : logeu coyta nō sentirey B   21 ca inda] caa iuda B; vos] uos A; direi] <...> B   22 logo] log A; mi averei] ma u’ey B   23 cuita] coyta B   24 eu] om. B

Variantes editoriais


8 ést’outre] é outre Michaëlis   12 pouco] pouc(o) Michaëlis   17 leixe] leix(e) Michaëlis   19 Ele] el(e) Michaëlis   20 logo] log(o) Michaëlis; cuita] coita Michaëlis   21 vos] vus [eu] Michaëlis

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8c 8d 8a (= Tav 202:1)

Encontros vocálicos: 9 mi-‿a; 12 pouco‿ora; 17 mi-‿a leixe‿o·ir; 18 mi-‿a; 19 o‿Ele; 20 logo‿eu; 21 má·is; 22 mi‿averei

Notas


Texto
  • *

    Nótese o frecuente inicio nas cantigas de amor cunha concordancia ad sensum provocada polo feito de introducir un aparente suxeito que realmente é un CI a que falta a preposición a: (A) quen oje maior cuita ten / d’amor ... / ... / Nostro Sennor lle ponna i / consello...

  • 8

    A forma verbal éste aparece con frecuencia envolvida en problemas de copia, como se percibe con clareza na lección de A, ao tempo que existe certa resistencia nalgúns editores cara a esta forma, de que Michaëlis (ou Littera) son unha boa mostra, como se manifesta na súa decisión editorial. Cfr. nota a 65.4.

  • 13

    Dun modo diferente a como acontece noutros contextos en que mais e pero funcionan como conxuncións independentes do punto de vista sintáctico (véxase 76.10, 301.16, 692.10, 728.16, 953.4, 1146.9), mais pero (mas pero en 268.16) constitúe unha locución conxuntiva equivalente a ‘a pesar de, non obstante, porén’.

  • 19

    Tal como o verso fica após a fixación da copulativa inicial (deslocada en A ao v. 20) xunto coa presenza de ele (de A), é necesaria a sinalefa o‿ele, sen necesidade de recorrer á variante el de B (véxase nota a 8.17). Véxase un erro similar en 337.7-8.

  • 21

    A contaxe bisilábica de mais (véxase nota a 12.8) evita calquera tipo de suplementación (eu na edición de Michaëlis) ou o recurso á variante ainda de B en Littera, polo feito de consolidar a variante inda do Cancioneiro da Ajuda. A forma reducida deste adverbio, en xeral precedida de ca1 , atéstase por veces no corpus (68.12, 853.3, 1093.3, 1099.13), a convivir coa maioritaria ainda e a esporádica einda (véxase nota a 70.9).

  1. ^

    Nestes contextos a variante ainda provocaría unha sinalefa anómala coa conxunción comparativa (véxase Ferreiro 2012b).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado