692 [= Tav 75,11]
Muitos vej’eu que se fazen de mí

Muitos vej’eu que se fazen de mí
sabedores, que o non son, de pran,
nen o foron nunca nen o seran;
e, pois que eu deles estou assi,
non saben tanto que possan saber
qual ést’a dona que me faz morrer,
ca sempre m’eu de tal guisa guardei
que non soubessen meu mal nen meu ben,
e fazen-s’ora sabedores én;
mais, pero cuidan saber quant’eu sei,
non saben tanto que possan saber
[qual ést’a dona que me faz morrer].
Diga-x’andando quis o que quiser,
ca mi sei eu como deles estou:
ben, grad’a Deus, que m’end’assi guardou,
que, se s’aquesto per mí non souber,
non saben tanto que po[ssan] s[aber
qual ést’a dona que me faz morrer].
E muito saben se nunca saber
o per mí poden nen per-l’eu dizer!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 184, B 677, V 279

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 362 [= LPGP 492]); Littera (2016: II, 563).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 109); Braga (1878: 54); Carter (2007 [1941]: 109-110); Machado & Machado (1952: III, 351-352); Arbor Aldea (2016b).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 108-109); Torres (1977: 410); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 110).

Variantes manuscritas


5 non] on A   6 morrer] moirer B   7  guisa] guissa A; guardei] guard̃ey : guardẽy V   9 fazen] fa(n)zen V   10 mais] mas BV   13 Diga] Digā B : Digan V; quiser] quisser A   14 me] mj B : mi V   15 end’] and B   20 mí] mj̄ B : mī V; nen per-l’eu] e ꝑlheu BV

Variantes editoriales


3 nen o ... nen o] ne’-no ... ne’-no Michaëlis   13 Diga] Digam Littera   20 per-l’eu] per l[h]’eu Michaëlis : per lh’eu Littera

Paráfrasis


(I) Vexo eu moitos que din ser coñecedores dos meus asuntos e que non o son, certamente, nin nunca o foron nin o serán; e xa que respecto a eles estou así (como digo), non saben de min tanto que poidan saber cal é a dama que me fai morrer, (II) pois eu sempre me precavín de tal forma que non soubesen do meu mal nin do meu ben, e agora fanse os coñecedores dese asunto; mais, aínda que pensan que saben canto eu sei, non saben de min tanto que poidan saber cal é a dama que me fai morrer.

(III) Diga por aí cada un o que quixer, pois eu sei como me vai con eles: ben, grazas a Deus, que me gardou diso de xeito que, se este asunto non se souber por min, non saben de min tanto que poidan saber cal é a dama que me fai morrer.

(1) E moito saben se nunca o poden saber por min nin por o eu dicir!

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= Tav 160:130)

Notas


Texto
  • *

    A cantiga levantou problemas de atribución entre a crítica, que, en parte, están provocados polo feito de en A todos os textos seren anónimos, e, en parte, pola complexa situación que ofrece a copia e a actual estrutura codicolóxica dos relatores. Non por acaso, no Cancioneiro da Ajuda o texto cerra un ciclo de textos (A 180-184) que se inicia acéfalo (de A 180 só se reproducen dous versos, que comezan cunha capital, unha estrofa autónoma e outros dous versos de rima idéntica aos dous do inicio); con excepción deste texto, ningún deles encontra paralelismo nos apógrafos italianos, de que a crítica toma as atribucións para resolver a anonimia de A. Tras este ciclo de textos, Ajuda reproduce un novo, que só contempla unha cantiga, sen paralelo en BV. Pola súa parte, en BV, o texto cópiase dentro dun ciclo que leva a atribución a Joan Perez d'Avoin. Esta circunstancia, malia ás dúbidas dalgúns críticos (Michëlis 1904, II: 193-194, 206-207, que lla atribúe a Rodrig’Eanes Redondo; D’Heur 1973: 52, 32-33, outórgalla a Joan Soarez Coelho, o autor que segue ao señor portugués en BV que o antecede en A), permitiría asignarlle, con todas as cautelas posíbeis, a cantiga a Avoin (así, Tavani 1967; Oliveira 1994: 358-359; Brea 1996, I: 17-18). Para un estado da cuestión, remitimos a Arbor Aldea & Canettieri & Pulsoni (2004: 163-164, e táboa de concordancias dos manuscritos).

  • 7-13

    No Cancioneiro da Ajuda detéctanse algúns casos de confusión de sibilantes, probabelmente un fenómeno gráfico sen transcendencia fonolóxica. Igual que <guissa> (v. 7) e <quisser> (v. 13), véxanse outras formas como <dessamar> desamar (66.21), <dessamparado> desamparado (317.21), <oussasse> ousasse (268.2, 275.4308.11, 313.8 e 346.3 <oussase>) e <oussen> ous’én (268.3), ou as repetidas <guissa> guisa e <guissada> guisada  (72.27, 137.32, 140.1, 2 e 5, 146.19, 147.3, 150.4, 259.18, 409.8), <pessar> pesar (90.21, 214.21, 395.9, 439.4 e 10, 441.6, 12 e 18), <quissesse> quisesse (199.27, 407.10), <quisso> quiso (407.11) e <quisser> quiser (71.18). Véxanse tamén notas a 69.7, 80.10, 88.15 e 89.2.

  • 10

    É este o único contexto en que o Cancioneiro da Ajuda presenta mais como conxunción adversativa en face da variante mas dos apógrafos italianos: ao longo dos cancioneiros sempre se produce a variación contraria, confirmando que a forma máis evoluída da adversativa é característica de A (véxase mas A vs. mais B(V) en 272.9, 285.9 e 14, 298.16, 308.16, 310.18, 312.14, 313.9, 319.9 e 17, 353.14, 355.9, 358.17, 361.7 e 10, 370.13, 393.21, 400.10 e 16, 808.16.

  • 13

    O pronome cuantificador quis ‘cada un’ ten unha presenza verdadeiramente escasa no corpus trobadoresco, pois só volve aparecer noutro contexto: Ora veeremos quis qual é! (1676.19). Cfr. porend’ orações fezeron todos y sen al, quis come sabia (CSM 49.41).

  • 19-20

    Obsérvese o hipérbato, con interpolación pronominal que mostra a fiinda: «E muito saben se nunca o poden saber per mí ...».
    Aliás, véxase a refacción textual dos apógrafos italianos, que tranforman per-l’eu dizer (= per eu dize-lo), con interpolación pronominal e grafía arcaizante <r-l> [l] (véxase nota a 5.10), en per lh’eu dizer (= pe-lo eu dizer = per lho eu dizer). En calquera caso, Michaëlis e Littera talvez non interpretaron axeitadamente a lección de A e acolleron o texto de BV.

Buscar
    Sin resultados