I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 391-392 [= LPGP 470]); Littera (2016: I, 548-549).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 128-129); Carter (2007 [1941]: 118); Machado & Machado (1950: II, 117-118); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 312).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 49-50); Nunes (1959: 244-245).
1 coitado por veer] cuytado por auer B 2 -me se lhe] mj selhi B 3 e] om. A 5 Por amor] P (Ey?) (p)or amor A : E por amor B; lle] lhi B 6 vee-l’-ei] ueerlhei B 7 falarei] falar rey B 9 quen] Que B 10 quen] ꝙʷ B 13 pero] P ([E]) (p)ero A : E pero B; eu] om. B 14 mas do om’ei] Mays domei B
En Michaëlis, a composición foi editada en versos octosilábicos, de forma que os versos primeiro e terceiro fican sen rima nas catro estrofas1.
Esquema métrico: 4 x 16a 16a 8B 8B + 8b 8b (cfr. Tav 244:3)
Encontros vocálicos: 6 -mi-‿á; 13 en·vi·ou
Novamente asistimos á concorrencia de leccións aver / veer; en calquera caso, véxase a mesma ou similar variación entre códices: veer A vs. aver BV (66.31, 83.6, 417.8), aver A vs. veer B (92.8, 174.13), aver A vs. a veer B (188.28, 318.2 e 11), a veer V vs. aver B (754.6). Véxase tamén 61.21, onde é necesaria a emenda de aver en prol de veer.
Nótese a presenza da copulativa inicial en B (inexistente en A), a confirmar como, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9). E noutros casos, a pesar da coincidencia dos testemuños, existen razóns sintácticas, métricas ou doutro tipo que aconsellan a antecitada expunción.
A lección de B constituiría un caso de «lleísmo», coa aparición dunha forma de CI a substituír o necesario CD de veer.
Con todo, en A, na primeira estrofa márcanse cada oito sílabas (os nosos hemistiquios) cos habituais puntos indicativos de final de verso.