267 [= Tav 79,37 (= 157,30)]
Meus amigos, que sabor averia

Meus amigos, que sabor averia
d’a mui gran coita’n que vivo dizer
en un cantar que querria fazer!
E pero direi-vos como querria:
se Deus quisesse, dize-lo assi
que ouvessen todos doo de mí
e non soubessen por quen me dizia.
E por esto rogo Santa Maria
que m’ajud’i e que me dé poder
per que eu torne na terra viver
u mia sennor vi en tan grave dia
sen outras coitas que depois sofri,
ca non vivera ren do que vivi
senon cuidando com’i tornaria.
Mais, cativ’, eu, de mellor que querria
de poder eu na terra guarecer
u a cuidass’eu a poder veer
dos mil dias ũa vez en un dia?
Ja est’eu ouv’, e perdi-o per min,
mas tan mal dia ante non perdi
os ollos e quant’al no mund’avia,
ca, par Deus, mẽor mingua me faria.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 

Manuscritos


A 159

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 319-320 [= LPGP 541]); Correia (2001: 239); Littera (2016: I, 596).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 95-96); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 267).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 87-88); Torres (1977: 174); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 150).

Variantes manuscritas


3 fazer] ora fazer A   4 vos] uos A   6 mí] mi(n) A   8] Santa] sancta A   15 cativ’eu] catiuueu A

Variantes editoriales


2 d’a] da Michaëlis   4 direi-vos] direi vos Michaëlis   5 quisesse, dize-lo assi] quisesse dize-lo: assi Michaëlis, CorreiaLittera   6 mí] min Michaëlis   8 Santa] sancta Michaëlis   9 dé] dê Michaëlis, Littera   19 est’eu] eu est’ Littera   20 mas] Mais Michaëlis   22 par] por Michaëlis; mẽor] meor Littera

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a + 10’a (= Tav 161:154)

Notas


Texto
  • 2

    Non parece axeitada a representación gráfica da de Michaëlis para o encontro entre a preposición de e o artigo do sintagma que constitúe o CD pola deslocación sintáctica de elementos («que sabor averia / de dizer a mui gran coita’n que vivo») que aconsella unha grafía d’a.

    Por outra parte, neste verso comparece a preposición en nunha crase coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.

  • 3

    O lapso de copia en A (introduciría unha evidente hipermetría) debe provir da frecuencia do sintagma querria ~ queria ora ~ agora (véxanse, por exemplo, 406.4, 490.1, 1406.1, 1608.1).

  • 4

    A locución conxuntiva e pero, de valor concesivo (‘aínda que’), é de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar entre e pero ou a secuencia de copulativa + adversativa (e, pero).

  • 4-5

    Nótese a puntuación diverxente nas outras edicións da cantiga, que organizan o discurso de modo diferente. Eis a versión michaëliana1 :
            e pero direi vos, como querria,
            se Deus quisesse, dizê’-lo: assi
            que ouvessen todos doo de min...
    E nótese que aínda teriamos outra posibilidade de segmentación do discurso a través da puntuación:
            e pero direi-vos como querria,
            se Deus quisesse: dize-lo assi
            que ouvessen todos doo de min...

  • 8

    A forma <sancta> constitúe un latinismo gráfico similar a outros do tipo <et> e, <monstrar> mostrar etc. Cfr. nota a 65.7.

  • 10

    Non segmentamos a preposicón a na perífrase verbal tornar + infinitivo (cf. per que eu torne na terr’a viver) polo feito de a ausencia da preposición ser maioritaria nesta perífrase no corpus trobadoresco profano.

  • 17

    O segundo a é a preposición de enlace na perífrase cuidar + a + poder (véxase nota a 74.17). Isto é: ‘u eu a cuidass(e) a poder veer’.

  • 21

    A combinación do indefinido al co relativo quanto, tanto en al quanto (784.18), como en quanto ... al (227.6) e, sobre todo, quant’al (89.24, 134.13, 215.7 e 9, 267.21, 416.20, 447.5, 1045.20, 1195.16 e 1327.16) constitúe unha locución indefinida relativa co significado de ‘todo aquilo que, todo canto’.

  1. ^

    Velaí Correia: E pero direi-vos como querria, / se Deus quisesse dize-lo: assi / que ouvessen todos doo de mi...

Buscar
    Sin resultados