227 [= Tav 43,9]
Ora vej’eu o que nunca coidava

Ora vej’eu o que nunca coidava,
mentr’eu vivesse, no mundo veer:
vi ũa dona mellor parecer
de quantas outras eno mundo vi,
e por aquela logo me parti
de quant’eu al no mundo desejava.
E, se eu ant’en mui gran coit’andava,
ja m’esta dona faz maior aver,
ca me faz Deus por meu mal entender
todo seu ben, e poi-lo entendi;
mais en tan grave dia foi por mí,
ca máis coitad’ando ca ant’andava.
E, u eu vi quan fremoso falava
e ll’oi quanto ben disse dizer,
tod’outra ren me fez escaescer:
per bõa fe, pois ll’eu tod’est’oi,
nunca ll’ar pude rogar des ali
por nulla ren do que ll’ante rogava.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 127, B 242

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 257); Spampinato Beretta (1987: 127-129 [= LPGP 293-294]); Littera (2016: I, 324-325).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 103); Carter (2007 [1941]: 76); Machado & Machado (1949: I, 392-393); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 227).

Variantes manuscritas


1 coidava] cuyda ua B   4 eno] no B   7 coit’andava] coyta andaua B   11 mí] mī A   13 E, u eu] Ecu B   14 dizer] dixer B   15 me fez escaescer] mi fezescaecer B   17 pude rogar] pudi rogʷr B

Variantes editoriais


1 coidava] cuidava Littera   6 desejava] deseiava Spampinato Beretta   9 faz] fez Michaëlis   10 todo] tod’o Littera

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10b 10c 10c 10’a (= Tav 189:18)

Notas


Texto
  • 6

    A combinación do indefinido al co relativo quanto, tanto en al quanto (784.18), como en quanto ... al (227.6) e, sobre todo, quant’al (89.24, 134.13, 215.7 e 9, 267.21, 416.20, 447.5, 1045.20, 1195.16 e 1327.16) constitúe unha locución indefinida relativa co significado de ‘todo aquilo que, todo canto’.

  • 10

    Pois, en poi-lo entendi, é adverbio de tempo (‘despois’).

  • 15

    A grafía <sc> que mostra escaescer aparece nas cantigas profanas en vez de <c> ou <ç> [ts], en xeral na desinencia de verbos incoativos, especialmente no Cancioneiro da Ajuda: connoscer (117.19, 138.2, 142.16 <conhocer> B), connoscesse (127.21 <cõnosciesse> A, <conhocesse> B), escaescer (130.13, 138.10, 227.15 <escaecer>~<escaeçer> B), escaescerá (175.28 <es caeçera> B), nasci (140.3 <naci> B). Mais en B e V tamén se rexistran algunhas voces con esta grafía latinizante, a maioría das veces concentradas na derradeira parte do cancioneiro galego-portugués: conhoscer (1015.15, 1630.3), falescer (1586.13) e parescer (1612.2, 7, 9 e 21; 1613.2 e 4). E só en dúas ocasións localizamos variación entre os dous apógrafos italianos: gradecer <gradecer> B vs. <gradescer> V (1378.1); conhocedes <cognosceds̄> B vs. <conhoçeds̄> V (1480.19). Cfr. nota a 68.11.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado