(I) Meus amigos, como me agradaría dicir a moi gran coita en que vivo nun cantar que querería facer! Porén, direivos como querería: se Deus quixese, (eu querería) dicilo de maneira que todos tivesen dó de min e non soubesen por quen cantaba.

(II) E por isto rogo a Santa María que me axude nisto e que me dea poder para que eu torne a vivir na terra onde vin a miña señora en tan aciago día, sen contar as outras coitas que despois sufrín, porque non viviría nada do que vivín senón pensando en como tornaría alí.

(III) Mais, infeliz, que quería eu mellor que poder vivir na terra onde eu pensase poder vela de cada mil días unha vez nun día? Xa tiven isto, e perdino por culpa miña, mais en tan aciago día non perdín antes os ollos e cantas outras cousas tiña no mundo, (1) porque, por Deus, menor perda me causaría.