81 [= Tav 78,6]
De quant’eu sempre desejei

De quant’eu sempre desejei
de mia sennor non end’ei ren,
e o que muito receei
de mi avĩir todo mi aven,
ca sempr’eu desejei máis d’al
de viver con ela, e, mal
que me pes, a partir-m’ei én.
E, ja que m’end’a partir ei,
esto pod’ela veer ben:
que muita guerra lle farei
porque me faz partir d’aquen,
ond’eu sõo mui natural,
e sei-ll’eu un seu ome atal
que ll’aver’a morrer por én.
E non o pode defender
de morte se mi mal fezer,
ca ũa morte ei eu d’aver;
e, pois eu a morrer ouver,
toda via pennor querrei
fillar por mí, e toller-ll’-ei
est’ome por que me mal quer.
E, pois ll’eu est’ome toller,
faça-m’ela mal se poder,
e non o poderá fazer;
mais pod’entender, se quiser,
que log’eu guardado serei
dela, e non a temerei
des que ll’eu esto feit’ouver.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


A 15, B 108

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 35-36 [= LPGP 512]); Littera (2016: I, 629-630).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 39); Carter (2007 [1941]: 10); Machado & Machado (1949: I, 150-151); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 81).
III. Antoloxías: Diogo (1998: 33-34).

Variantes manuscritas


1 desejei] deseley B   3 receei] re(cey){çeey} A   4 mi avĩir todo mi aven] mha uijr todo mauen B   6 om. A   10 lle] lhi B   13 e sei-ll’eu un] esselhi hū B   14 que ll’aver’a] q̄lhaia a B   15 E] om. B   17 morte ei] mortey B   18 e, pois eu a morrer ouver] poys eu demorrer oer B   19 querrei] querey A   20 fillar por mí, e toller-ll’-ei] pʳmj filhar e tolh’ey B   21 me] mj B   26 guardado] g̃dado B   28 des que ll’eu esto feit’ouver] desq̄lheste penhʳ p’ser B

Variantes editoriales


4 avĩir] aviir Littera   14 que ll’aver’a] qual averá Michaëlis : que lh’haverá a Littera

Paráfrasis


(I) De canto eu sempre desexei da miña señora non teño nada, e o que moito receei que me pasase todo me pasa, porque eu sempre desexei máis que ningunha outra cousa vivir con ela, e, mal que me pese, terei que deixar de o facer. 

(II) E xa que terei que partir (de onde a podo ver), ben pode ela entender isto: que lle farei moita guerra porque me fai ir de aquí, de onde eu son natural, e coñezo eu un vasalo seu tal que lle haberá de morrer por isto. 

(III) E non o pode protexer da morte se me fixer mal, porque eu hei de ter unha morte; e, despois de eu morrer, aínda quererei recibir recompensa por min, e quitareille este home por quen me quere mal. 

(IV) E despois de lle eu quitar este home, fágame ela mal se puider, e non o poderá facer; mais pode entender, se quixer, que logo eu estarei a salvo dela e non a temerei, despois de que eu lle faga isto.
 

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8b (= Tav 101:45)

Encontros vocálicos: 4 mi‿a·vĩ·ir, mi‿aven; 13 ome‿atal; 17 morte‿ei

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga, igual que a cantiga 84 (tamén de Joan Soarez Somesso), está construída sobre un xogo de dobres sentidos, de xeito que o que parece unha ameaza do namorado rexeitado –no sentido de que vai causar a morte dun vasalo da dama– é o recoñecemento da propia morte ocasionada pola coita que sufrirá cando teña que vivir lonxe dela.

  • 14

    As emendas editoriais de Michaëlis e Littera derivan o carácter inusual da crase entre unha P3 de futuro indicativo (avera, matará, pesará, seera) e /a/ átono do vocábulo seguinte, que se rexistra noutras tres pasaxes: matar’Amor (396.19), pesar’a (898.19) e seer’ali (1637.28). Cfr. nota a 25.3.

  • 16

    Repárese na forma mi do pronome (en función de complemento indirecto), variante excepcional no Cancioneiro da Ajuda (cfr. tamén <mj> en B), tamén en 188.6, 199.21, 283.7 e 284.13,  fronte á forma xeral me neste cancioneiro (véxase Monteagudo 2019: 111-113).

  • 18

    A variación ouver A ~ oer B apaga a presenza das minoritarias e diversentes formas do tipo oer ~ ouer, oera, oesse. O radical xeral para os tempos de pretérito de aver é ouv-, como resultado da metátese de wau e fricativización de -b- a partir do radical latino habu-. Ora ben, -b- intervocálico tamén pode desaparecer (Ferreiro 1999: §54c), como mostran diversos resultados que proban esta evolución diverxente nos tempos de pretérito de aver. Para alén de ouer (10.18), así acontece coas formas oer, oera e oesse presentes no corpus, sempre a partir das leccións dos apógrafos italianos, por o Cancioneiro da Ajuda sempre presentar a forma ouver (e afíns): se mi-o logo a tolher oer / mia vezinha (11.27), se vos eu oesse desamor (23.13), mentr’eu vosso desamor oer (23.32), pois eu esto feito oer (29.19), mentr’oer esta senhor que oj’ei (38.9), U lhi conven, oera de tornar (45.8), quand’eu de vós oer / desamor (46.23), pois que lh’esto feit’oer (96.8), quen vos oer a desejar (107.18), pois end’o poder oer (561.6), farei eu por vós quanto fazer oer (725.26), poi-la dona seu amig’oer (759.15), pois eu oer / por mia senhor mort’a prender (1064.13). A estas ocorrencias aínda hai que lles acrecentar aqueloutras en que os apógrafos italianos presentan esta variante fronte ao resultado maioritario en A: 66.15 (ouvesse A vs. oess(e) B); 64.465.22, 68.11, 81.18, 141.6 (ouver A vs. oer B); 363.16 (ouver A vs. oer BV). Véxase tamén notas a 10.18 e 372.4. Cfr. notas a 130.23 e 534.4. Véxase Ferreiro (2016a: 119-127).

    Nótese, ademais, para alén da omisión da copulativa e a conseguinte hipometría versal, o cambio de perífrase no apógrafo italiano: aver de + infinitivo vs. aver a + infinitivo.

  • 19

    A voz pennor (tamén en 1473.2 e 1541.7)  ‘obxecto dado como garantía de contrato ou débeda’ convive no corpus coa variante penho (454.6 e 22).

  • 28

    É certamente atractiva a lección des que lh’este penhor preser de B, face á lección de A, que semella máis convencional1 .

  1. ^

    Véxase Locus Criticus nº 13: http://locuscriticus.webs.uvigo.es/?p=440

Buscar
    Sin resultados