721 [= RM 60,15]
Que leda que oj’eu sejo

Que leda que oj’eu sejo
porque m’enviou dizer
ca non ven con gran desejo
coitado d’u foi viver,
ai dona-, lo meu amigo,
senon por falar comigo;
nen ven por al meu amigo
senon por falar comigo.
Enviou-mi seu mandado
dizer, qual eu creo ben,
ca non ven por al coitado
de tan longi com’el ven,
ai dona-, lo meu amigo,
[senon por falar comigo;
nen ven por al meu amigo
senon por falar comigo].
Nulha coita non avia
(tanto creede per mí)
outra nen el non viinha;
mais por que verria aqui,
ai dona-, lo meu amigo,
[senon por falar comigo?
Nen ven por al meu amigo
senon por falar comigo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscrits


B 706, V 307

Edicions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 125-126); Cohena (2003: 191); Víñez Sánchez (2004: 123 [= LPGP 368]); Littera (2016: I, 411); Cohenb (2016b: 10).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 123); Braga (1878: 59); Machado & Machado (1952: III, 388).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 33); Fernández Pousa (1951: 77); Alonso Girgado (1992: 82).

Variants manuscrites


3 ven] ueu V   9 Enviou] Euuyou B : E uuyou V   17 Nulha] Nula B : Nulla V   19 viinha] nunha V   20 verria] ueiria B   21 ai dona-, lo] (Ay do) / Ay donalo B

Variants editorials


En Cohenb a cantiga aparece disposta en versos longos (agudos na cobra, graves no refrán), de quince sílabas.

2 m’] mi Nunes   5 ai dona-, lo meu amigo] ai dona, lo meu amigo Littera   13 ai dona-, lo meu amigo] ai dona, lo meu amigo Littera   18 per] por Nunes   19 outra] outro Víñez Sánchez; viinha] envia Nunes : viia Cohena, Cohenb, Littera   21 ai dona-, lo meu amigo] ai dona, lo meu amigo Littera

Paràfrasi


(I) Que leda estou hoxe porque me enviou dicir que non vén con gran desexo coitado do lugar a onde foi vivir, ai donas, o meu amigo, senón por falar comigo; nin vén por outra razón o meu amigo senón por falar comigo.

(II) Envioume o seu recado dicir, o cal eu creo ben: que non vén por outra razón coitado de tan lonxe como el vén, ai donas, o meu amigo, senón por falar comigo; nin vén por outra razón o meu amigo senón por falar comigo.

(III) Non tiña ningunha outra coita, crédeme o que vos digo, nin (por outra coita) el viña; mais por que había de vir aquí, ai donas, o meu amigo, senón por falar comigo? Nin vén por outra razón o meu amigo senón por falar comigo.

Mètrica


Esquema métrico: 7’a 7b 7’a 7b 7’C 7’C 7’C 7’C

Encontros vocálicos: 2 en·vi·ou; 9 En·vi·a; 19 vi·i·nha; 20 ve·rri·aaqui

Notes


Text
  • 1

    A forma sejo, P1 de presente indicativo de seer, resultado da conxugación regular de sĕdēre neste tempo (sĕdĕō, sĕdes etc.), compite desvantaxosamente cos resultados de sŭm (> son) e *sono (> sõo, soo) (véxase Ferreiro 1999: §218b).

  • 4

    Tanto neste verso como no v. 11, Littera introduce un matiz interpretativo levemente diverxente ao colocar coitado entre vírgulas: ‘coitadiño, pobre del’ (vs. ‘coitado, aflito, infeliz’).

  • 5

    Obsérvese a inusual asimilación do artigo con donas, igual que acontece con outras asimilacións esporádicas con algúns substantivos, como moscas e tamén con braços (962.27) e vezes (1487.4), ás veces coa grafía arcaica <s-l> (véxase nota a 5.10), que se suman á xeral do substantivo Deus co pronome identificador (véxase nota a 25.16).

    No entanto, en Littera faise unha outra interpretación: considera un dona singular como destinatario do discurso poético (facto extraordinariamente inusual no corpus, con só seis ocorrencias, véxase Glosario, s.v. dona), e a forma lo do artigo, en posición posvocálica, como arcaísmo pronominal (en función adxectiva neste caso), nun sintagma inexistente e nun contexto en que non se rexistra nas cantigas (*lo + poses. + nome).

  • 12

    A vogal final -i de longi (tamén en 33.6, 323.7, 800.5, 916.4, 957.3, 966.9, 1032.24 e 1139.2, 5, 7 e 10), a convivir con longe, tamén aparece noutros adverbios: tardi (véxase nota a 1008.16) e eiri (véxase nota a 114.9), talvez por influencia deste (Mariño Paz 2009: 83). Nos nomes só se rexistra sangui (véxase nota a 1410.17).

  • 17

    Sen dúbida, a forma <nula> de B constitúe un lapso por <nulla>, por súa vez coa grafía <ll> en vez de <lh>, que é verdadeiramente frecuente neste indefinido nos apógrafos italianos, sobre todo en B. Así ocorre nos seguintes contextos, todos eles pertencentes a cantigas transmitidas unicamente por B (ou por AB): 29.22, 39.2, 44.5, 55.18, 65.11, 12, 14 e 20, 66.16, 71.24, 72.3, 73.13, 74.28, 92.15, 94.3, 96.11, 97.5, 104.6, 107.9, 108.18, 111.7, 135.16, 152.9 e 12, 166.16, 235.18, 236.28. Ora ben, <ll> en nulho é grafía escasa no Cancioneiro da Vaticana, aínda que tamén se rexistra nalgunhas cantigas compartidas con B: 419.2, 701.13, 1516.6, 1609.18, 1643.10. Noutros casos, existe forma con <ll> ou con <lh> só nun dos apógrafos italianos: B vs. V (1040.6, 1392.9, 1533.6, 1580.12), V vs. B (362.6, 373.17).

    Na realidade, a grafía <ll>, alén de se rexistrar en múltiplas ocorrencias de nulho nos cancioneiros italianos (especialmente en B), só se acha de forma esporádica como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente da xeminada latina (ali, aquela e ela, bailada, castelo, cavalo, eles, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc.), moi esporadicamente na forma do pronome el (e mais do artigo el-) (véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo (véxase nota a 6.32) e, finalmente, en voces coa secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).

    Fóra do indefinido nulho/a, é excepcional en BV a aparición de <ll> para a lateral palatal /ʎ/, pois só se rexistran cinco ocorrencias deste tipo. Véxase nota a 199.33.

  • 17-19

    Non son defendíbeis as emendas editoriais realizadas por Nunes, Cohen e Littera en viinha, que modifican a semántica do texto, por canto a rima avia : viinha forma parte do conxunto de rimas imperfectas ou defectuosas que se achan no corpus trobadoresco profano, concretamente ao grupo destas rimas relacionadas coa presenza / ausencia de consoante nasal ou equivalencia entre elementos nasais. Véxanse unha : espunlha (427.5-6), longe : oje (1174.15-17), faça : boança (1414.5-7), Nazareno : lenho (1576.1-2), centẽo : Nazareno : lenho (1576.6-8), caneno : Nazareno : lenho (1576.12-14), mensonha : corõa (1633.23-27). Cfr. notas a 104.34-35, 206.4-6, 383.19-20, 427.5-6, 453.5-6 e 698.5-6.

    Por outra parte, neste período percíbese un outro exemplo de posposición do indefinido outro a respecto do núcleo nominal: Nulha coita non avia / ... / outra nen el non viinha = Nulha outra coita non avia... Este tipo de posposición ao substantivo dos determinantes indefinidos, demostrativos etc. é rara na lingua antiga (e moderna); no corpus trobadoresco volve aparecer o indefinido outro invertido en conselh’outro (138.31, 241.9), afan outro (353.12), mal outro (379.10) e pescad’outro (1665.18), para alén da posposición do demostrativo en comendadores estes (1430.18). Na produción prosística medieval tamén se achan esporadicamente posposicións iguais ou similares. Eis algunhas mostras:

    et com̃o gaanara a nobre çidade de Ualença et outros castelos muytos (...) et durou bẽ quatro ãnos que fezo cantar missas muytas (...) Et estaua y Abiabis cõ duzentos caualeyros et outra gente muyta (Crónica Geral Galega; Lorenzo 1975: I, 642, 668, 740).

    et fez ella os panos menores ante queos omẽ do mũdo fezesse nẽ outro algũ (Geral Estoria; Martínez López 1963: 159).

    Ca sabede, (...), que el rrey Príamos auj́a trijnta et tres fillos outros (Crónica Troiana; Lorenzo 1985: 230).

    havia dous irmãos outros (...) e era compadre d'el rei d'Aragom e seu amigo muito (...) E teve outras terras muitas (Livro de Linhagens do Conde D. Pedro; Mattoso 1980: II/1, 81, 151 e 163).

    Outros algũus er diziam que, (...), que elles receberõ ella e seu filho por senhores de Castella (Crónica Geral de Espanha de 1344; Cintra 1952-1990: IV, 364).

    e foi assi que lhe deu elRei Alva de Tormes, e Reall de Maçanalles, e logares outros (...) passariam de trezemtas lamças afora homeẽs de pee e beesteiros poucos (Crónica de D. João I; Fernão Lopes 1994: I, 106 e 300).

    com quatro Reis outros, e imfijmda mourama uijnha comtra elle (Crónica de D. Afonso Henriques; Duarte Galvão (1995: 49).

    não pode ser entrar nella pessoa outra alguã, que não pode entrar no mosteiro (doc. 1583; Gomes 1998: 448).

    Para o sentido dos versos debe considerarse que o v. 19 é un reflexo da dupla negación presente no v. 17; isto é, ‘non tiña outra coita (...) nin el viña’.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat

    Fem servir cookies de tercers amb finalitats analítiques per poder conèixer els hàbits de navegació (per exemple, les pàgines visitades). Tingueu en compte que, si accepteu les cookies de tercers, haureu d'eliminar-les de les opcions del navegador o del sistema ofert per tercers.
    Feu clic al botó corresponent per acceptar o rebutjar les cookies:

    ConfiguracionsAcceptar