241 [= Tav 148,11]
Nostro Sennor, e ora que sera

Nostro Sennor, e ora que sera
de min, que moiro porque me parti
de mia sennor mui fremosa, que vi
polo meu mal? E de mí que sera,
Nostro Sennor, ou ora que farei?
Ca, de pran, niun consello non ei
nen sei que faça nen que xe sera
de min, que moiro, e non me sei ja
niun consell’outro senon morrer;
e tan bon consello non poss’aver,
pois que non coido nunc’a veer ja
esta sennor, que por meu mal amei
des que a vi, e am’e amarei
mentr’eu viver; mais non viverei ja
máis des aqui, de pran, per nulla ren,
coidando sempre no meu coraçon
no mui gran ben que ll’oj’eu quer’, e non
na veer nen a coidar ja per ren
a veer; e con aqueste coidar
coid’a morrer, ca non poss’oj’osmar
com’eu possa viver per nulla ren,
poi-la non vej’, e coid’en quanto ben
lle Vós fezestes en tod’; ar coid’al:
en com’a min fezestes muito mal,
pois ja quisestes que ll’eu tan gran ben
quisesse (non mi-o fazer alongar
de a veer!) e tan a meu pesar:
Nostro Sennor, u me faredes ben?
A la fe, nenllur. Aquesto sei ja,
ca, se a non vir, nunc’averei ren.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30

Manuscritos


A 135, B 256

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 274-275 [= LPGP 923-924]); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 152-153); Littera (2016: II, 484).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 108-109); Carter (2007 [1941]: 81-82); Machado & Machado (1950: II, 28-29); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 241).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 73-74); Oliveira & Machado (1959: 43-44); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 220); Arias Freixedo (2003: 837-838).

Variantes manuscritas


3 mui] om. B; vi] eu uj B   4 mí] mj̄ B   6 niun] nen hun B   7 nen] nenᵒ B; xe] om. B   9 niun] nēhū B; morrer] moirer B   10 bon] boō B   11 coido] cuydo B   15 Mays por ela ꞇ nō pʳ outra rē B   16 coidando sempre] ando cuydādo B   18 coidar] cuidar B   19 coidar] cuidar B   20 coid’a morrer] cuyda moirer B   22 poi-la non vej’e coid’en] E poi-la ueie cuyden B   23 lhi uos fezestes (muyto mal) ētodar cuydal B   26 fazer] fazerdes A   28 me] mj B   30 nunc’ averei ren] nunc aueren ren A : nūca uerey ben B

Variantes editoriais


6 niun] nẽum Littera   9 niun] nẽum Littera   11 coido nunc’a veer] coido nunca veer Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro : cuido nunca veer Littera   16 coidando] cuidando Littera   18 na] a Littera   19 coidar] cuidar Littera   20 coid’] cuid’ Littera   22 coid’] cuid’ Littera   23 en tod’; ar] e tod’ar… Michaëlis; coid’] cuid’ Littera   26 quisesse] quisess’e Lorenzo Gradín & Marcenaro; fazer] fazede Lorenzo Gradín & Marcenaro

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10a 10b (= Tav 161:96)

Encontros vocálicos: 26 mi-‿o

Notas


Texto
  • *

    Esta composción é cantiga ateúda atá a fiinda, e así foi incluída na relación de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270). Véxase nota á cantiga 15.
    Con todo, é de salientar que neste caso o Cancioneiro da Bibloteca Nacional ofrece unha versión estilística e conceptualmente alternativa. Se ben as dúas primeiras cobras son ateúdas, o enunciado interrómpese entre as cobras II-III e III-IV, polo que a versión de B parece deberse a unha refacción, talvez debida a dificultades no proceso de copia (véxase Arias Freixedo 2008: 40-42).
    Por outra banda, na cantiga é repetida a palabra rimante dos versos inicial, medial e final de cada unha das estrofas.

  • 9

    A posposición ao substantivo dos determinantes demostrativos, indefinidos etc. que se rexistra no sintagma consell’outro é rara na lingua antiga (e moderna); no corpus trobadoresco volve aparecer o mesmo sintagma invertido en 138.31, e tamén son utilizados outros como afan outro (353.12), mal outro (379.10), comendadores estes (1430.18), pescad'outro (1665.18). Na produción prosística medieval tamén se achan esporadicamente posposicións iguais ou similares. Véxase na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España: et com̃o gaanara a nobre çidade de Ualença et outros castelos muytos; et durou be͂ quatro ãnos que fezo cantar missas muytas; Et estaua y Abiabis cõ duzentos caualeyros et outra gente muyta (Lorenzo 1975: 642 e 740); na tradución galega da General Estoria: et fez ella os panos menores ante queos ome͂ do mu͂do fezesse ne͂ outro algu͂ (Martínez López 1963: 159); na Crónica Troiana: Ca sabede, [...], que el rrey Príamos auj́a trijnta et tres fillos outros (Lorenzo 1985: 230); no Livro de Linhagens do Conde D. Pedro: havia dous irmãos outros; e era compadre d'el rei d'Aragom e seu amigo muito; E teve outras terras muitas (Mattoso 1980: I, 81, 151 e 163); na Crónica Geral de Espanha de 1344: Outros algu͂us er diziam que, [...], que elles receberõ ella e seu filho por senhores de Castella (Cintra 1952-1990: IV, 364); na Crónica de D. João I: e foi assi que lhe deu elRei Alva de Tormes, e Reall de Maçanalles, e logares outros; passariam de trezemtas lamças afora homee͂ques de pee e beesteiros poucos (Fernão Lopes 1994: I, 106 e 300); na Crónica de D. Afonso Henriques: com quatro Reis outros (Duarte Galvão (1995: 49); ou, aínda, nun documento portugués de 1583: não pode ser entrar nella pessoa outra alguã, que não pode entrar no mosteiro (Gomes 1998: 448).

  • 10

    A variante bo͂o de B, con grafía conservadora (véxase a mesma situación en 887.42, coa oposición <bon> A vs. <bo͂o> BV), sería metricamente unisilábica, por tanto perfectamente equivalente de bon, tal como acontece en diversas pasaxes ao longo das cantigas (464.8, 475.31, 478.8, 724.7, 805.9, 889.24, 1119.19 e 31, 1174.11, 1393.8, 1448.25, 1587.26, 1594.15, 1636.24). Esta alternancia gráfico-métrica é similar á que se rexistra na P1 do presente indicativo de seer (son / so͂o) e, tamén, a un / u͂u. Véxase nota a 10.25 e 47.20.

  • 11

    A diferenza de Michaëlis e Lorenzo Gradín & Marcenaro segmentamos a preposición a en nunca como elemento que liga coidar co infinitivo, dado que esta é  a construción maioritaria na lingua trobadoresca.

  • 15-16

    Nótese a redacción alternativa de B (Mais por ela e non por outra ren / ando cuidando no ...), que implica ruptura interestrófica, para alén de supoñer unha refacción estilística do texto.

  • 22

    A formulación de B, positiva (E poi-la vej’e cuid’en quanto ben...) tamén é acorde conceptualmente coa cantiga de amor, para alén de compensar no decasílabo a ausencia de non coa aparición da copulativa inicial.

  • 24-27

    Consideramos que a chave para unha lectura e interpretación acaída da estrofa está en non segmentar a copulativa quisesse (v. 26) e puntuar de maneira que a frase non mi-o fazer alongar de a veer sexa parentética para que a cláusula causal introducida por pois (v. 25) dependa de fezestes (v. 24) e teña continuidade no final do v. 27. A versión de Michaëlis respecta o texto dos manuscritos (optando por fazer no v. 26) mais falla na ligazón sintáctica (quisess’e ... fazer):
              en com’ a min fezestes muito mal,
              pois ja quisestes que lh’eu tan gran ben
              quisess’ e non mi-o fazer alongar
              de a veer, e tan a meu pesar!
    E no relativo ao texto ofrecido por Lorenzo Gradín & Marcenaro, continúa cos mesmos problemas coa emenda fazede, un imperativo negativo que non é aceptábel do punto de vista lingüístico, pois constituiría un uso agramatical:
              en com’a min fezestes muito mal;
              pois ja quisestes que ll’eu tan gran ben
              quisesse, ¡non mi o fazede alongar
              de a veer e tan a meu pesar!

  • 26

    A desinencia do infinitivo en A, aínda que pertinente lingüisticamente, non é correcta do punto de vista métrico, como mostra a medida lección de B.

  • 29

    A locución adverbial modal a la fe ‘certamente, en verdade, sen dúbida’, presenta a variante a la minha fe (533.15) e é similar a a bõa fe (1319.6 e 13) e a per bõa fe, a fórmula maioritaria no corpus. A la fe (230.5, 890.11, 1008.4, 1261.16, 1469.19, 1499.5, 1547.1, 1619.10) mantén a forma arcaica do artigo, que ficou petrificada na locución, e que é utilizada tamén na prosa, como na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España: quando os yrmãos viu descabeçados ante sy, ente͂deu que assy yriã ata el, a la fe, et assi sse acabaria (Lorenzo 1975: 198). O seu uso chega como mínimo ao século XV, pois aínda se rexistra en Fernan Lopez: A lla fe, disserom, se nom buscaremos nós outro que rreine sobre nós, que tenha cuidado de manteer o poboo em dereito e em justiça e nom leixe as cousas que tem de fazer de sua fazenda por hir ao monte e aa caça andar um mes (Macchi 2004: 224).

    Por outra parte, nenllur (‘en ningunha parte’), forma frecuente nas Cantigas de Santa Maria, é ocorrencia no corpus profano única. Cfr. tamén nelhur en 126.16.

  • 30

    Tamén neste caso B presenta unha variante alternativa para o final do verso (nunca verei ben), que se axusta aos parámetros conceptuais da cantiga de amor. No entanto, preferimos manter a lección de A, ren, que expresa unha negación máis categórica, aínda que a lección de B responde de forma máis directa e concreta á pregunta retórica do v. 28.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado