28 [= Tav 47,29]
Quero-vos eu dizer, senhor

Quero-vos eu dizer, senhor,
por que me leixei, muit’á [i],
de vos veer: porque temi
sempr[e] o que m’ora dara
a[s] coitas, pois vos vejo ja,
por vos aver a querer ben
e non dardes vós por mí ren.
E sabede ben, mia senhor:
leixei-vos por én [de] veer
atẽ[es] ora, que poder
non ouve de fazer end’al;
e vejo que figi meu mal
de vos veer, ca ja eu sei
a coita’n que por vós serei.
Pero que punhei, mia senhor,
en me gardar, non me prestou
quando ja agora aqui estou
u vos non poderei guarir,
nen ei poder de vos fogir,
nen á de se gardar mester,
senhor, quen Deus gardar non quer.
E, pois me vos Deus, mia senhor
fremosa, tan en poder deu,
por El, que vos fez, vos rog’eu
(e non cousa mui sen razon)
que por vos eu muit’amar non
vos caia, senhor, en pesar,
ca non me poderei guardar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


B 54

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 673-674 [= LPGP 326-327]); Littera (2016: I, 350-351).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 17-18); Machado & Machado (1949: I, 71-72), Rios Milhám (2017: I, 28).

Variantes manuscritas


1 Quero] Qvero B   5 a[s] coitas] acostas   24 vos rog’eu]  uꝯ (po) rogueu   26 vos] uos B

Variantes editoriales


1 vos] vus Michaëlis   3 vos] vus Michaëlis   5 a[s]] a Michaëlis, Littera; vos] vus Michaëlis   6 vos] vus Michaëlis   9 vos] vus Michaëlis   10 atẽ[es] ora] até agora Michaëlis, Littera   13 vos] vus Michaëlis   16 gardar, non] guardar nen Michaëlis : guardar, nem Littera   17 ja agora] j(a) agor(a) Michaëlis : agor'aqui Littera   18 vos] vus Michaëlis   19 vos] vus Michaëlis   20 gardar] guardar Michaëlis, Littera   21 gardar] guardar Michaëlis, Littera   22 vos] vus Michaëlis   24 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis   25 cousa mui] [é] cousa Michaëlis   26 vos] vus Michaëlis   27 vos] vus Michaëlis   28 gardar] guardar Michaëlis, Littera

Paráfrasis


(I) Quérovos dicir, senhor, por que deixei, hai moito, de vos ver: porque temín sempre o que agora me provocan as penas, pois vos vexo xa, por vos amar e vós non me facerdes caso.

(II) E sabede, miña dama: deixeivos por iso de ver até agora, porque non tiven forzas para facer máis nada, e vexo que actuei mal ao vervos, porque sei o sufrimento que por vós padecerei.

(III) Aínda que me esforcei, miña senhor, en me protexer, non me serviu de nada cando agora estou aquí onde non poderei sobrevivir, nin teño poder de fuxir de vós, nin ten necesidade de se defender, miña dama, quen Deus protexer non quere.

(IV) E, xa que Deus, miña senhor fermosa, vos conceceu tal poder, por El, que vos fixo, rógovos –e non sen motivo– que aínda que eu vos ame moito non vos cause pena, senhor, porque non poderei protexerme.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8c 8c 8d 8d (= Tav 199:7)
Encontros vocálicos: 17 ja‿agora‿aqui; 27 ca·ia

Notas


Texto
  • 4-5

    Non conseguimos atestar a construción dar a coitas, razón que nos leva a considerar a presenza do artigo plural, ao contrario de Michaëlis, que mantén a forma singular.

  • 10

    Con base na existencia de ate͂es (975.10 e 1663.12) e tamén tães (644.4), como variantes concorrentes, xunto con outras (véxase Glosario, s.v. atá₁), corriximos a hipometría versal suplementando a sílaba ausente, xa que a forma até non se documenta no corpus trobadoresco profano, sendo moi escasa tamén nas Cantigas de Santa Maria (CSM 33.37, 115.263, 129.12, 157.22 e 424.30)1 .

  • 12

    Na P1 de pretérito dos verbos fazer, querer e põer, rexístranse no corpus trobadoresco profano, en competencia con fiz, quis (e pus, que non se atesta), as formas palatalizadas, bisilábicas, fige ~ figi, quige ~ quigi e puge ~ pugi, produto da influencia do -ī final latino sobre [dz] ou [z] nas bases fēcī, *quēsī e posuī (véxase Ferreiro 1999: §20a; Ferreiro 2016a: 127-132). Cfr. nota a 95.13.

  • 14

    Neste verso comparece a preposición en nunha crase coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 18.1628.1443.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.

  • 16

    Igual que nos vv. 20 e 21, Michaëlis e Littera emendaron o orixinal gardar en guardar, intervindo máis unha vez nunha dirección lusitanizante na presentación e fixación dos textos trobadorescos. Véxase nota a 5.16.

  • 25

    É desnecesaria a emenda de Michäelis para este verso, xa que non é precisa a presenza da forma verbal nesta frase parentética.

  • 27

    Caer en pesar (que só volve aparecer en 214.21), expresión verbal paralela a caer en prazer ‘agradar, resultar grato’ (56.15 e 66.3), é sinónimo do frecuente verbo pesar.

  1. ^

    No TMILG só se rexistra unha decena de exemplos procedentes da prosa notarial, aínda que é máis frecuente en obras portuguesas (véxase CGPA, s.v.).

Buscar
    Sin resultados