I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 721-722 [= LPGP 949-950]); Littera (2016: II, 526-527).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 28); Machado & Machado (1949: I, 110-111); Rios Milhám (2017: I, 56).
1 ũa] hunha B 5 sõ[o] maravilhado] son marauilhador B 7 vos] uos B 10 a aver] aueer B 12 desguisado] desaguisado B 14 quis] qⁱse B 19 muit’é] muyce B 25 ja-que m’[e]mentar] ia ꝗ̄ mentar B
1 vos] vus Michaëlis 2 vos] vus Michaëlis 3 vos] vus Michaëlis 7 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis 9 ome] om’en Michaëlis : homem Littera 10 vos] vus Michaëlis; ei a aver] vej’haver Littera 13 teer] tẽer Michaëlis 14 vos] vus Michaëlis 15 vos] vus Michaëlis 16 vos] vus Michaëlis 18 non] nen Michaëlis, Littera 19 senon vós, que muit’é sen meu grado] se non vos, e muit’, e sen meu grado Michaëlis 21 vos] vus Michaëlis 22 vos] vus Michaëlis 23 vos] vus Michaëlis 24 e] en Michaëlis 25 e de vus do meu ja-quê ementar? Michaëlis : e de vos do meu já-quê ementar? Littera 28 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10a 10b 9’c 9’c 10b (= Tav 101:39)
Encontros vocálicos: 7 ve͜e; 10 a‿aver
Fronte á posibilidade de e, pero, con independencia sintáctica das dúas conxuncións, optamos pola locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’, de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar por unha ou outra lectura.
Fronte á forma monosilábica son derivada directamente do lat. sŭm, os resultados sõo e soo xerados por analoxía (sŭm → *sono > sõo > soo) computan como bisilábicas, mais tamén poden funcionar como unisilábicas (sõo 14.19, 63.12, 292.18, 317.18, 1118.8, 1629.2, e soo en 1431.1, 1577.2). Para alén de que ambas as formas (a etimolóxica son e a analóxica sõo ~ soo) poden convivir nunha mesma cantiga, os manuscritos ofrecen unha variación que demostra a necesidade de emenda nestes casos: en 354.7 concorren como monosilábicas as formas soo (A) e son (B), mentres que, por exemplo, en 86.22, 317.7 ou 430.23 B presenta a lección errada son (vs. sõo A), e en 1650.1 é V o cancioneiro que erra con son fronte a soo de B. Cfr. notas a 47.20 e 241.10.
A forma vee (P3 de presente de indicativo de veer) presenta contaxe monosilábica.
Michaëlis (e Littera) mostra preferencia pola forma omen (face a ome), inexistente nesta pasaxe (cfr. a lección <hom̄>), que a editora segmenta de modo que aparece unha inédita construción de amar coa preposición en: Deus quis fazer / no mund’a om’en molher muit’amar.
A lección <aueer> (isto é, a veer) de B, que debeu ser inducida pola presenza de vedes no inicio do verso, crea un problema de hipermetría; polo contrario, aver permite a sinalefa a‿aver, tal como outras sinalefas que se rexistran ao longo do corpus entre o elemento a (pronome ou preposición) e diversas voces: a‿ei (60.12), a‿outre (199.28), a‿estar (235.29), a‿en (308.8), a‿el- (1166.r2), a‿antre (1324.17), a‿el (1523.11, 1598.20), a‿ir (1565.7), a‿un (1682.3). Cfr. nota a 8.17.
En calquera caso, véxase a mesma ou similar variación entre códices: veer A vs. aver BV (66.31, 83.6, 312.1, 417.8), aver A vs. veer B (92.8, 174.13), aver A vs. a veer B (188.28, 318.2 e 11), a veer V vs. aver B (754.6). Véxase tamén 61.21, onde é necesaria a emenda de aver en prol de veer.
B presenta a lección hipermétrica <qⁱse> quise, cunha variante minoritaria de quis que só se rexistra en 264.13 e 991.3 e 5. Esta lección lembra a tamén errada forma <qⁱgi> de B, face a quis (transmitido por A), en 186.20 e 225.15. De todos os xeitos, quise, con manutención de -e final (< *quesit < quaesivit, véxase Ferreiro 1999: §216c; 2016a: 133-135), fronte a quiso, é unha solución moi esporádica, como feze fronte a fezo (véxase nota a 167.5).
Custar do vosso equivale a ‘non supor ningún menoscabo voso’.
A hipometría e a falta de sentido obrigan á emenda da lección de B a través da reinterpretación da abreviatura de quen (ou quem, obviamente) como que m’ (véxanse outros casos en 367.14, 907.15). Deste modo, coa forma ementar (tamén en 154.13, 190.14 e 1074.22), para alén do participio ementado no v. 26, cólmase a medida e a semántica do verso, respectándose o principio de economía na interpretación e a emenda do posíbel erro de copia.
A aglutinación de ja e que xerou o pronome indefinido ja-que ‘algo’ (cfr. ja-quanto; véxase nota a 347.9), que ten certo uso na lingua trobadoresca (33.14, 238.23, 266.16, 347.14, 380.23, 603.7, 1021.20, 1417.2, 17 e 27, 1675.3). Cfr. notas a 1012.18 e 1419.32.