I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 62-63 [= LPGP 510-511]); Littera (2016: I, 640-641).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 45); Carter (2007 [1941]: 20); Machado & Machado (1949: I, 175-176); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 95).
4 perdõar] perdoar B 8 lle] lheu B 10-12 de ... / ... lle] om. B 13 lle nunca fize] lhi nūca figi B 15 E macar me quisesse oir] E ssemela qⁱsessoyr B 16 i falar] hi a falar B 21 sempre a] sempra B 24 me] mj B 26 perdõar] ꝑdoar B 27 sab’, é-me mui] sabe q̄ me B 28 oimais] muj mays B; morte] mort{e} A
1 Ben o] Ben-no Michaëlis 13 fize] figi Littera 15 quisesse oir] quisess(e) oir Michaëlis : quisess’oir Littera 21 sempre a] sempr(e) a Michaëlis : sempr’a Littera 27 sab’, é-me mui] sabe, que m’é Michaëlis, Littera 28 oimais] mui mais Michaëlis, Littera
Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (I, IV [= Tav 161:250]) + 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8b (II, III [= Tav 163:28])
Encontros vocálicos: 3 mi‿a; 6 -mi-‿a; 15 quisesse‿o·ir; 21 sempre‿a
Nótese o inicio abrupto da cantiga, coa presenza dun clítico no verso que só na segunda estrofa se explicita.
A variante bisilábica fize para a P1 de pretérito indicativo de fazer, que só volve aparecer en 973.10 (BV), presenta neste caso a variante máis habitual figi en B, que é a lectura ofrecida en Littera (véxase nota a 169.7). Esta minoritaria forma fize mostra a permanencia do -ī sen condicionar a palatalización consonántica (fronte á forma xeral fiz) da base fēcī, de modo que tamén garante contaxe bisilábica. Cfr. nota a 28.12.
Como acontece noutras pasaxes, a lección de B (e se m’ela quisess’oir), xunto coas variantes dos vv. 27-28, non se explican doadamente a partir de erros de copia. Parecen máis ben deberse a trivializacións xurdidas ao nivel da transmision oral.
A conxunción concesiva macar, de orixe grega, é case exclusiva do rexistro poético, tal como se deduce do seu uso na poesía trobadoresca profana e da súa alta frecuencia nas Cantigas de Santa Maria. A súa aparición noutro tipo de textos é moi escasa (véxase CGPA, s.v. macar). Cfr. nota a 57.6.
A lección de B implica o uso da preposición a (coa sinalefa i‿a) como nexo na perífrase ousar + a + infinitivo, como acontece minoritariamente no corpus trobadoresco profano, onde prevalece a ausencia da preposición neste complexo verbal (véxase nota a 167.11).
Contra o seu costume, Michaëlis (seguida por Littera) optou nestes versos pola lección de B (Deu-lo sabe, que m’é mester/ mui máis mia morte ca viver), talvez porque resulta máis evidente desde o manuscrito da Biblioteca Nacional, face á lección de Ajuda, que precisa dunha segmentación e dunha puntuación máis complexa.