281 [= Tav 79,39]
Noutro dia, quando m’eu espedi

Noutro dia, quando m’eu espedi
de mia sennor e quando mi ouv’a ir,
e me non falou nen me quis oir,
tan sen ventura foi que non morri,
que, se mil vezes podesse morrer,
mẽor coita me fora de sofrer.
U ll’eu dixi «con graça, mia sennor!»,
catou-me un pouc’e teve-mi en desden;
e, porque me non disso mal nen ben,
fiquei coitado e con tan gran pavor
que, se mil vezes podesse morrer,
[mẽor coita me fora de sofrer].
E sei mui ben, u me dela quitei
e m’end’eu fui e non me quis falar,
ca, pois ali non morri con pesar,
nunca ja máis con pesar morrerei,
que, se mil vezes podesse morrer,
[mẽor coita me fora de sofrer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 174, B 325

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 346 [= LPGP 542]); Correia (2001: 429); Littera (2016: I, 605).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 119); Carter (2007 [1941]: 104); Machado & Machado (1950: II, 75-76); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 281).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 72); Nunes (1959: 239); Spina (1972: 304); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 158); Diogo (1998: 133); Mongelli (2009: 25).

Variantes manuscritas


2 mi ouv’a ir] mouuha hir B   4 morri] moiri B   5 morrer] moirer B   6 mẽor coita me] meor coyta mj B   7 U ll’eu] ll (e) eu A   8 catou-me un pouc’e teve-mi] catou me un pou(co τ){que} teuemi(o) A : Catou mū pouco e teuemho B   9 e] {τ} A : om. B; me non disso] mj non disse B   10 coitado e] coyta de B   13 me dela] meu dela   14 fui e non me] foy enōmj mj B   15 morri] moiri B   16 morrerei] moirerey B

Variantes editoriais


9 disso] disse Littera   10 coitado e] coitad(o), e Michaëlis : coitad’e CorreiaLittera

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:141)

Encontros vocálicos: 2 mi‿ouv(e); 8 me‿un, -mi‿en; 10 coitado‿e

Notas


Texto
  • 4

    A forma foi é tamén P1 de pretérito de seer (e de ir): a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa). Porén, repárese na variación no v. 14, onde B presenta, fronte a A, de novo a forma foi como P1).

  • 5

    Nótese como a función de que no refrán das tres estrofas é diferente, pois é causal na primeira estrofa, claramente consecutivo na segunda, e, de novo, causal na terceira. Véxase nota a 208.4. Cfr. nota a 27.4.

  • 7

    A variante dixi en A contrasta vivamente coa forma xeral dixe no Cancioneiro da Ajuda (véxase nota a 270.15-16).

    A fórmula con (vossa) graça, xunto con con graça (de vós) (47.1 e 809.22 e 32) serve para pedir licenza ao interlocutor (ás veces asociándose ao acto de despedida da senhor), igual que nas Cantigas de Santa Maria: e, com’ era costumada, / na ygreja se meteu / e à omagen correu / por se dela espedir. / E ficando os ge͂ollos, / disse: «Con graça, Sennor» (CSM 59.62). Cfr. nota a 47.1.

  • 8

    En A semella que o pronome me foi primeiramente escrito como <mr> e despois corrixido para <me>. De calquera maneira, fose cancelado (dificilmente, pois as anulacións neste verso aparecen con subpunteamentos) ou non, me fai sinalefa co un seguinte (cfr., por exemplo, o heptasílabo e disse-me un seu mininho, 1450.11).

  • 9

    A maioritaria concorrencia disso A / disse B mostra como na lingua trobadoresca, na P3 dos pretéritos fortes xa aparece, en convivencia coas maioritarias formas etimolóxicas, a desinencia analóxica -o (Ferreiro 1999: §§203a, 203b), acrecentada en formas verbais coa desinencia ø (fez fezo, pôsposo, quisquiso) ou substituíndo a desinencia -e (dissedisso ~ dixo, ouveouvo, pôdepodo). Véxase nota a 53.16.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado