I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 300-301 [= LPGP 956]); Piccat (1995: 183-184); Littera (2016: II, 504-505).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 90); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 258).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 232); Arias Freixedo (2003: 853-854).
1 vos] uus A 3 vos] uus A 5 vos] uus A 6 vos] uus A 11 vos] uus A 17 vos] uus A 19 vos] uus A 23 vos] uus A
1 vos] vus Michaëlis, Piccat 3 vos] vus Michaëlis, Piccat 4 no[n]] no Piccat 5 vos] vus Michaëlis, Piccat 6 vos] vus Michaëlis, Piccat 9 no’me] no me Piccat : nom me Littera 11 vos] vus Michaëlis, Piccat 12 vos] vus Michaëlis, Piccat 13 entendi] entend’i Michaëlis, Littera 17 vos] vus Michaëlis, Piccat 18 vos] vus Michaëlis, Piccat 19 vos] vus Michaëlis, Piccat 21 eu] én Michaëlis : en Littera 22 é ‘ssi] é’ si Michaëlis : é si Piccat 23 vos] vus Michaëlis, Piccat 24 vos] vus Michaëlis, Piccat
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C + 8d 8d + 8e 8e (= Tav 160:390)
Nótese, na edición de Piccat, a inexistente forma no, como se o adverbio negativo puidese presentar unha variante no perante vogal.
Nos textos transmitidos por A é frecuente a asimilación do adverbio non co pronome me ~ mi (> no’me ~ no’mi; cfr. a evolución regular -nm->-m-), face a BV que, en xeral, presentan a lección non me ~ non mi con manutención da integridade morfolóxica do adverbio negativo (66.13, 90.9, 223.r2, 239.7, 243.14, 283.10, 285.13, 421.5, 423.20, 430.8). Na realidade, nos apógrafos italianos só se rexistra en tres ocasións (104.21, 906.12 e 1482.5). A diferenza doutros editores, mantemos tal asimilación, que chega até hoxe (Ferreiro 1999: §101c).
A liña conceptual e expresiva da cantiga non achega datos para considerar que entendi deba ser interpretado como entend’i (= entendo + i), tal como decidiron Michaëlis e Piccat. O pronome adverbial presente nos vv. 10 e 16 refírese á circunstancia concreta de o trobador querer evitar declarar á dona o moito que a ama e ao feito de que lle resulta imposíbel. O pretérito entendi do presente verso refírese á causa de que iso sexa así: aínda que intentou ocultarllo (negar, v. 1; encobrir, v. 9), entendeu (entendi) que ela era a máis fermosa de cantas viu. Por outro lado, nótese que nos versos 10 e 16 o pronome adverbial é grafado no manuscrito como <y> precedido e seguido de espazo. No caso deste v. 13, a forma verbal está grafada como <entendy>, sen espazo de separación, e aínda hai na marxe dereita unha anotación do revisor indicando que esa grafía equivale a <j>.
A lección de A é claramente eu, sen posibilidade, neste caso, de confusión con én.
Resulta significativo comprobar a existencia da aférese de assi no encontro coa forma verbal é (véxanse tamén 179.30, 218.8 e 11, 246.15, 284.16, 374.5, 511.5, 893.23), que convive coa sinalefa é‿assi (509.7, 808.9, 1110.5, 1224.14, 1569.32; só existe hiato en 754.4) e co xeral ést’assi para evitala, co recurso á variante éste (cfr. nota a 88.10). En calquera caso, non existe unha dupla forma assi / si para o adverbio, senón que ‘ssi é produto dunha aférese.