984 [= Tav 120,3 (= 150,1)]
A mia sennor, que eu máis d’outra ren

A mia sennor, que eu máis d’outra ren
desejei sempr’e amei e servi,
que non soia dar nada por mí,
preito me trage de me fazer ben,
ca meu ben é d’eu por ela morrer
ante ca sempr’en tal coita viver:
en qual coita me seus desejos dan
toda sazon; mais des agora ja,
por quanto mal me faz, ben me fara,
ca morrerei e perderei afan,
ca meu ben é d’eu por ela morrer,
a[nte ca sempr’en tal coita viver].
E quanto mal eu por ela levei
ora mi-o cobrarei se Deus quiser,
ca, pois eu por ela morte preser,
non me diran que dela ben non ei,
ca meu ben é d’[eu por ela morrer,
ante ca sempr’en tal coita viver].
Tal sazon foi que me tev’en desden
quando me máis forçava seu amor,
e ora, mal que pes a mia sennor,
ben me fara, e mal grad’aja én,
ca meu ben é d’eu por ela morrer,
[ante ca sempr’en tal coita viver].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


A 291, B 982, V 569; B 394, V 4

A primeira copia da composición nos apógrafos italianos (B 394, V 4), atribuída a Sancho Sanchez, só presenta as estrofas I e IV.

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 583-584); Panunzio (1992 [1967]: 88-89 [= LPGP 765-766]); Littera (2016: II, 288).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 6-7, 204); Braga (1878: 1, 109); Machado & Machado (1950: II, 187; 1953: IV, 363-364); Carter (2007 [1941]: 171-172); Fernández Pousa (1956: 811-812); Juárez Blanquer (1988: 103-104); Arbor Aldea (2016b).

Variantes manuscritas


1 A] om. A; mia] m\h/a V’; d'outra] dontra B’   4 me] mi B’V’; me] mj B : mi B’VV’   5 meu] men V’; morrer] moirer B : moiret B’ : mouer V’   6 ante ca] antes que BV; sempr’en] sempen V’   7-18 om. B’V’   9 me] mj B : mi V; me] mj B : mi V   10 morrerei] moirerey B   14 mi-o] mo B   15 preser] priser   16 me] mj B : mi V; diran] dira V   19 Tal sazon foi] Sazon foy ia B’V’; tev’en] ceuen B’   20 quando me] ꝙ̄ come B’V’; forçava] forgiua V’   21 mal] ia B’V’   22 me] mj B : mi B’VV’; grad’aja] gardar B : grado aia B’V’    23 morrer] moirer B’V’

Variantes editoriais


4 me] mi Panunzio   6 ante ca] ante que Panunzio   7 desejos] desejus Panunzio   8 toda sazon] tod’a sazom Littera   9 por] per Panunzio; me ... me] mi ... mi Panunzio   10 afan] afã Littera   12 ante ca] ante que Panunzio   13 por] per Panunzio   15 por] per Panunzio; preser] priser Panunzio   16 me] mi Panunzio   18 ante ca] ante que Panunzio   22 me] mi Panunzio   24 ante ca] ante que Panunzio

Paráfrase


(I) A miña señora, que eu máis que outra cousa desexei e amei e servín, e a quen eu non lle importaba nada, ten intención de me facer ben, pois o meu ben é eu morrer por ela antes que vivir sempre en tal coita.
(II) En tal coita cal me dan os seus desexos por ela a decote, mais desde agora, por canto mal me fai, ben me fará, porque morrerei e perderei o afán, pois o meu ben é eu morrer por ela antes que vivir sempre en tal coita.
(III) E canto mal eu levei por causa dela agora o compensarei, se Deus quixer, porque, despois de eu prender morte por causa dela, non me dirán que non obteño o ben dela, pois o meu ben é eu morrer por ela antes que vivir sempre en tal coita.
(IV) Houbo un tempo en que me desdeñou cando máis me forzaba o seu amor, e agora, mal que lle pese á miña señora, farame ben, e que sexa castigada por iso, pois o meu ben é eu morrer por ela antes que vivir sempre en tal coita.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:198)

Encontros vocálicos: 3 so·i·a; 14 mi͜-o

 

Notas


Texto
  • *

    Existe unanimidade crítica na atribución da cantiga a Pero da Ponte: en face dunha primeira (e incompleta) aparición do texto nos cancioneiros B e V incluída nos textos de Sancho Sanchez, a segunda copia nos apógrafos italianos (B 922, V 569) xa presenta a autoría de Pero da Ponte, que se corresponde tamén coa súa presenza no Cancioneiro da Ajuda, no grupo de composicións do segrel galego (véxase Marcenaro 2015b: 84).

  • 4

    Nótese a concorrencia de mi e me (vv. 4 e 22) con función de complemento indirecto, conforme a copia da cantiga. Cfr. nota a 642.13.

  • 6

    É inédita a variación ante ca ~ antes que: a forma con -s adverbial xeneralizouse no período postrobadoresco, conforme indica a frecuencia de aparición no Corpus Galego-Portugués Antigo (s.v. ante, antes); pola súa parte, a teor dos datos subministrados polos cancioneiros, as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva ou integrante. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV): 66.6, 84.15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais na cantiga 655.14, para alén da presente composición, en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1 .

  • 8

    A segmentación do artigo en tod’a sazon que Littera realizou (en liña con outras que realiza sistematicamente no indefinido todo/a) é absolutamente desnecesaria, e máis neste contexto en que toda sazon funciona como unha locución adverbial temporal (coa variante a toda sazon, véxase Glosario).

  • 14

    A copia de B presenta a forma minoritaria da contracción mo fronte a mi-o nos restantes testemuños da cantiga (véxase Glosario, s.v. mo). Esta mesma concorrencia de formas, talvez produto de lapsos de copia, pode verse moi limitadamente nos cancioneiros apógrafos (B vs. A: 239.18, 306.10; B vs. V: 1032.10, 1230.15; V vs. B: 1321.11, 1368.15).

  • 15

    Panunzio fixa unha suposta forma priser (B vs. AB’VV’) que moi probabelmente é un erro de copia, similar a <fizer> V vs. <fezer> B en 1653.23.

  • 19

    Nótese como a copia alternativa de B’V’ reequilibra metricamente o verso coa omisión de tal e a introdución do adverbio ja: Tal sazon foi que me tev’en desden (ABV) vs. Sazon foi ja que me tev’en desden (B’V’).

  1. ^

    Resultan tamén significativas algunhas correccións e/ou vacilacións, como as de 530.4 (<(qu) ca> B) e 1450.17 (<ca que> B, <ca q̄> V), así como o erro de copia de A en 414.r1 (<que / ca> A, <q̄> B, <que> V).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado