I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 5-6 [= LPGP 939]); Littera (2016: II, 532-533).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 31-32); Carter (2007 [1941]: 1); Machado & Machado (1949: I, 121); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 64).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 12-13); Torres (1977: 428).
1 Deus, meu Sennor, se vos prouguer] <...>guer A 2 me tollede este] mj tolhedeste B 4 ouver] oer B 6 ei] om. B 8 faz aver] fais au B 10 j’a possa] possa ia B 11 enquant’eu] eu ꝙʷteu B 13 averei] an’ey B 15 Ca non éste cuita] Eꝙʷ testa coyta B 16 ũa que ome fillar] hūa aq̄ hom̄ falar B 17 se ome leixa] seu amʳ leixa B 18 morte ou] mortou B 19 semella] semela B 20 e quen á esta cuita] a tē esta coyta B 21 se] xe B; lle] lhi B
1 vos] vus Michaëlis 2 tollede este] tolhed(e) este Michaëlis : tolhed’este Littera 10 j’a possa perder] ja poss’a perder Michaëlis : possa já perder Littera 15 cuita] coita Littera 18 morte ou] mort(e) ou Michaëlis : mort’ou Littera 20 cuita] coita Littera
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8d (= Tav 167:7)
Encontros vocálicos: 2 tollede‿este; 8 mi-‿a; 9 mi‿á; 18 morte‿ou
Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición, con estrofas ligadas causalmente coa conxunción ca (e isoladas sintacticamente en Michaëlis Littera), véxase nota á cantiga 15.
Nótese a variación ouver A ~ oer B que apaga as formas do tipo oer ~ ouer, oera, oesse. O radical xeral para os tempos de pretérito de aver é ouv-, como resultado da metátese de wau e fricativización de -b- a partir do radical latino habu-. Ora ben, -b- intervocálico tamén pode desaparecer (Ferreiro 1999: §54c), como mostran diversos resultados que proban esta evolución diverxente nos tempos de pretérito de aver. Para alén de ouer (10.18), así acontece coas formas oer, oera e oesse presentes no corpus, sempre a partir das leccións dos apógrafos italianos, por o Cancioneiro da Ajuda sempre presentar a forma ouver (e afíns): se mi-o logo a tolher oer / mia vezinha (11.27), se vos eu oesse desamor (23.13), mentr’eu vosso desamor oer (23.32), pois eu esto feito oer (29.19), mentr’oer esta senhor que oj’ei (38.9), U lhi conven, oera de tornar (45.8), quand’eu de vós oer / desamor (46.23), pois que lh’esto feit’oer (96.8), quen vos oer a desejar (107.18), pois end’o poder oer (561.6), farei eu por vós quanto fazer oer (725.26), poi-la dona seu amig’oer (759.15), pois eu oer / por mia senhor mort’a prender (1064.13). A estas ocorrencias aínda hai que lles acrecentar aqueloutras en que os apógrafos italianos presentan esta variante fronte ao resultado maioritario en A: 66.15 (ouvesse A vs. oess(e) B); 64.4, 65.22, 68.11, 81.18, 141.6 (ouver A vs. oer B); 363.16 (ouver A vs. oer BV). Véxase tamén notas a 10.18 e 372.4. Cfr. notas a 130.23 e 534.4. Véxase Ferreiro (2016a: 119-127).
A edición de Michaëlis é errónea, pois a súa segmentación non contempla o CD, senón unha perífrase poder + a + infinitivo certamente inusual na lingua trobadoresca (cfr. nota a 235.29); dun modo similar, a lección de Littera ofrece unha mudanza non autorizada pola lección manuscrita, ao tempo que a frase continúa sen CD.
Ao longo do corpus áchanse poucas ocorrencias de ja con crase coa voz seguinte (sempre iniciada por a-), talvez polo carácter semitónico do adverbio: j’a –pronome ou preposición– (25.3, 64.10, 1588.20), j’alguen (92.24), j’assi (238.10, 408.4), j’agora (365.16, 764.r2, 1281.1), j’amigo (689.2). Nótese como en todos os casos ja perde tonicidade (coa conseguinte facilidade para a crase) pola presenza dunha tónica inmediata (alguen, assi, agora, amigo) ou case inmediata (poder). Certamente, débese relativizar o carácter inusual da crase de ja á luz doutras máis estrañas, aínda que puntuais, entre formas verbais de P3 de futuro indicativo (avera, matará, pesará, seera) coa preposición a e co adverbio ali, que non encontran solución gráfica satisfactoria máis do que unha representación do tipo aver’a (59.26), matar’Amor (396.19), pesar’a (898.19) e seer’ali (1637.28). Véxase nota a 59.26.
Para alén da deficiente copia de B, no inicio do verso percíbese unha alternancia de leccións entre A e B, coa presenza de ca ~ que en A fronte á copulativa e en B (tamén en 94.22, 137.9, 175.22, 349.9, 979.14); noutras pasaxes, achamos tamén a alternancia contraria, con e en A e ca ~ que en B(V) (véxase nota a 80.14). E resulta significativo que en 526.15, fronte a <Ca> en B se perciba vacilación na copia de V: <(E) Ca>.
A conxunción concesiva macar ‘aínda que’, de ampla presenza nos textos poéticos medievais, profanos e relixiosos, presenta aqui un anómalo uso ao formar unha especie de locución conxuntiva macar se co significado de ‘excepto’. Cfr. nota a 57.6.