365 [= Tav 101,8]
Quant’á, senhor, que m’eu quitei

Quant’á, senhor, que m’eu quitei
de vós, tant’á que d’al prazer
non vi; mais, pois de vos veer
[Deus] guisou, ja agora verei
prazer por quanto pesar vi
des quando m’eu de vós parti
mui trist’, e sempre trist’andei
com’omen que con gran pesar
vivo; mais, pois m’El foi guisar
de vos veer, ja veerei
prazer por quanto pesar vi
[des quando m’eu de vós parti].
A meu pesar quanto morei
sen vós foi, e daquestes meus
olhos; mais, pois que m’ora Deus
[o] guisou, j’agora verei
prazer por quanto pesar vi
[des quando m’eu de vós parti].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 397, V 7

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 872 [= LPGP 669-670]); Littera (2016: II, 151).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 8); Braga (1878: 2); Machado & Machado (1950: II, 197); Rios Milhám (2018b: III, 365).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 79-80); Bernárdez (1952: 28); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 143).

Variantes manuscritas


3 de vos] deus B   4 agora] agura BV   5 prazer] praz V   9 vivo] (y)uyuo V; foi guisar] roy gⁱsart B   10 deuꝯ ueet ia ueerey (Praz pᵉ quāto pesar) V   11 prazer] Praz V   13 meu] men B   14 meus] me[*] B   15 m’ora] mota BV   16 agora] agura BV; verei] terey V   17 prazer] Praz V

Variantes editoriais


3 vos] vus Michaëlis   4 ja agora] j(a) agora Michaëlis : já ‘gora Littera   7 trist’, e] triste Michaëlis   9 vivo] vive Michaëlis, Littera   10 vos] vus Michaëlis   16 j’agora] já ‘gora Littera; verei] terei Michaëlis

Paráfrase


(I) Canto tempo hai, señora, que me afastei de vós, tanto hai que non vin pracer doutra cousa; mais, pois Deus dispuxo que vos vise, agora xa verei gozo por canto pesar sentín desde que eu me afastei de vós (II) moi triste, e sempre triste andei como home que vive con gran pesar; mais, pois El me foi dispor que vos vise, xa verei gozo por canto pesar sentín desde que eu me afastei de vós.

(III) Canto vivín sen vós foi para o meu pesar e para o pesar destes ollos meus; mais, xa que Deus agora mo dispuxo, agora xa verei gozo por canto pesar sentín desde que eu me afastei de vós.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= Tav 160:361)

Encontros vocálicos: 4 ja‿agora

Notas


Texto
  • 4

    A omisión de Deus na copia do verso en BV parece evidente, pola ausencia do suxeito guisou, en paralelo aos vv. 9 (El foi guisar) e 15-16 (Deus / [o] guisou). A presenza de Deus provoca a sinalefa ja‿agora no octosílabo.
    Nótese, ademais, como na copia de B aparece <deus> como errada lección por <de uos> no verso anterior (v. 3), feito que podería coadxuvar na explicación para a ausencia de Deus neste verso.

  • 7-9

    Michaëlis non liga sintacticamente as dúas primeiras estrofas, feito que condiciona a ausencia de segmentación da copulativa en triste e mais a emenda de vive para vivo no v. 9, mudanza tamén acollida en Littera.

  • 16

    A hipometría evidencia a ausencia de unha sílaba no verso, que neste caso ten de ser o CD de guisar, tal como ese complemento é presente (de vos veer) nos períodos paralelos das estrofas I (vv. 3-4) e I (vv. 9-10). Ademais, presente na versión de B, fronte ao terei transmitido por V, verei debe ser a lección prioritaria, pola expresión verei prazer en paralelo cos vv. 4-5 e 10-11.

    Por outra parte, ao longo do corpus áchanse poucas ocorrencias de ja con crase coa voz seguinte (sempre iniciada por a-), talvez polo carácter semitónico do adverbio: j’a –pronome ou preposición– (25.3, 64.10, 1588.20), j’alguen (92.24), j’assi (238.10, 408.4), j’agora (365.16, 764.r2, 1281.1), j’amigo (689.2). Nótese como en todos os casos ja perde tonicidade (coa conseguinte facilidade para a crase) pola presenza dunha tónica inmediata (alguen, assi, agora, amigo) ou case inmediata (poder). Certamente, débese relativizar o carácter inusual da crase de ja á luz doutras máis estrañas, aínda que puntuais, entre formas verbais de P3 de futuro indicativo (avera, matará, pesará, seera) coa preposición a e co adverbio ali, que non encontran solución gráfica satisfactoria máis do que unha representación do tipo aver’a (59.26), matar’Amor (396.19), pesar’a (898.19) e seer’ali (1637.28). Véxase nota a 59.26.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado