587 [= Tav 25,69]
Amad’e meu amigo

Amad’e meu amigo,
valha Deus,
vede la frol do pinho
e guisade d’andar.
Amig’e meu amado,
valha Deus,
vede la frol do ramo
e guisade d’andar.
Vede la frol do pinho,
valha Deus,
selad’o baiozinho
e guisade [d’andar].
Vede la frol do ramo,
valha Deus,
selad’o bel cavalo
e guisade [d’andar].
Selad’o baiozinho,
valha Deus,
treide-vos, ai amigo,
e guisade d’andar.
[Selad’o bel cavalo,
valha Deus,
treide-vos, ai amado,
e guisade d’andar].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 570, V 173

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 77-78 [= LPGP 177]); Nunes (1973 [1928]: 22-23); Cohen (2003: 604); Littera (2016: I, 222).
II. Outras edicións: Moura (1847: 144-145); Monaci (1875: 70); Braga (1878: 35); Machado & Machado (1952: III, 196-197); Cohen (1987: 57-58); Júdice (1997: 64); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 181); Cidade (1941: 24-25); Piccolo (1951: 185-186); Nunes (1959: 379-380); Álvarez Blázquez (1975: 235); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 37).

Variantes manuscritas


1 Amad’e] Amigue BV   3 la] l(h)a B   6 Deus] de V   7 do] del B   9 do] de V   11 baiozinho] bayo rinho B : hayo rinho V   13 do] de V   17 baiozinho] bayorīo BV

Variantes editoriais


1 Amad’e] Amig’e Cohen   11 baiozinho] baiosinho Lang, Cohen   17 baiozinho] baiosinho Lang, Cohen

Paráfrase


(I) Amado e meu amigo, vállanos Deus, vede a flor do piñeiro e preparádevos para poñervos en marcha.

(II) Amigo e meu amado, vállanos Deus, vede a flor do ramo e preparádevos para poñervos en marcha.

(III) Vede a flor do piñeiro, vállanos Deus, selade o cabaliño baio e preparádevos para poñervos en marcha.

(IV) Vede a flor do ramo, vállanos Deus, selade o belo cabalo e preparádevos para poñervos en marcha.

(V) Selade o cabaliño baio, vállanos Deus, vinde, ai amigo, e preparádevos para poñervos en marcha.

(VI) Selade o belo cabalo, vállanos Deus, vinde, ai amado, e preparádevos para poñervos en marcha.

Métrica


Esquema métrico: 6 x 6’a 3B 6’a 6C (= Tav 117:1)

Notas


Texto
  • 1

    A aparición do inicial amigo, conservado na edición de Cohen ten de ser produto dun lapso de copia, similar a outros que se detectan nas construcións paralelísticas dalgunhas cantigas de amigo. Véxase, por exemplo, 582.4 ou 585.13.

  • 3

    Eis o primeiro caso de conservación de /l/ nunha forma do artigo na procura dunha retórica arcaizante na elaboración de cantigas de amigo (véxase Ferreiro 2008, 2013), igual que acontece noutras moitas cantigas (609, 704, 735, 781, 825, 864, 891, 892, 903, 969, 1130, 1166, 1167, 1169, 1201, 1206, 1281, 1294, 1297, 1299, 1304 e 1314) e do mesmo xeito que acontece coas correspondentes formas pronominais (véxase nota a 586.5).
    A forma pinho (tamén no v. 9) contrasta co arcaísmo pino presente noutras cantigas de amigo (585, 920). Véxase nota a 585.1.

  • 11

    O inicialmente adxectivo baiozinho, dim. de baio, que indica a cor amarelenta do cabalo (véxase 962.6)1 , convértese nesta cantiga en sinónimo paralelístico de cavalo (véxase nota a 472.3). Canto ao sufixo diminutivo -zinho con bases lexicais acabadas en vogal, pode encontrarse, por exemplo, en voces presentes en diversas obras portuguesas do século XV: filhizinho e passozinho (véxase CGPA, s.v.)2 livrezinho, nauezinha, prouevezinho e ventizinho (véxase CdP, s.v.). Neste sentido, a emenda para baiosinho (Lang, Cohen) carece de sentido, especialmente tendo en conta a frecuencia do erro <r>/<z> nos apógrafos italianos: <prarer> B prazer 195.34, <far> B faz 252.14, <far> V faz 448.8, <far> V faz 448.10, <feresſe> fezesse B 534.18, <far> V faz 715.9, <uor> B voz 735.5, <prar> B praz 859.4, <Fariã> B fazian 956.18, <farer> B fazer 1031.9, <Direr> B dizer 1075.9, <soarer> V Soarez 1197.29, <dired> B dized’ 1339.5, <myres> B juizes 1501.18, <Dire͂> B dizen 1578.19, <uers̄> B vezes 1590.8, <par> B paz 1598.25, <verinho> B vezinho 1658.6.

  • 15

    O adxectivo belo presenta apócope na súa forma masculina cando anteposto a un nome iniciado por consoante: bel presente (987.30), bel cuu (1613.11).

  • 19

    Nas cantigas trobadorescas aparece unha forma imperativa treide (<trahite) e o presente, con valor imperativo, treides (<trahitis) que son restos arcaicos da conxugación do verbo trahere, na súa forma clásica (despois substituído por *tragere> med. trager; véxase Ferreiro 1999: §220a). Fóra da cantiga 1471 (véxase nota aos vv. 4 e 16), treide e treides só se atesta en oito cantigas de amigo: 679.3, 757.1, 1161.6, 1289.1 e 6, 1297.1 e 4, 1299.2, 5, 7 e 10, 1302.1, 1303.2, 5 e 8. Alén da lírica profana, hai dúas ocorrencias de treides nas Cantigas de Santa Maria:
        Ai, moller, treides | oge mig’ a un logar. (CSM 216.23), 
        E depois aa tornada, | quando chegou a Carron,
        hũa sa filla lle disse: | «Treides, se Deus vos perdon,
        albergar mais adeante | a hũas choças que son
        preto de nosso camỹo, | e y podemos jazer».
    (CSM 278.24).
    Na prosa só localizamos unha ocorrencia na Demanda do Santo Graal: Senhor, diss’el, pois treides migo (cfr. CGPA, s.v. treides).

  1. ^

    Cfr. no Tratado de Albeitaria: E, segundo meu saber, digo que o cabelo que dizen baio, meio branco escuro, é sobre todos outros louvadeiro e chamanlle algũos baio craro (Pérez Barcala 2013: 153).

  2. ^

    E formas similares aparecen tamén, por exemplo, en Menina e Moça (1545), tales como mansozinho ou passozinho (véxase CGPA, s.v.).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado