679 [= Tav 152,3]
Irmãa, o meu amigo, que mi quer ben de coraçon

Irmãa, o meu amigo, que mi quer ben de coraçon
e que é coitado por mí, se Nostro Senhor vos perdon,
treide-lo veer comigo,
irmãa, o meu amigo.
Irmãa, o meu amigo, que sei que me quer maior ben
ca sí nen ca seu coraçon, fazede por mí ũa ren:
treide-lo veer [comigo
irmãa, o meu amigo].
Irmãa, o meu amigo, que mi quer melhor ca os seus
olhos e que morre por mí, que vos amostr’o vosso Deus,
treide-lo veer [comigo,
irmãa, o meu amigo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 664, V 266

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 89-90 [= LPGP 955]); Piccat (1995: 238); Cohen (2003: 150); Littera (2016: II, 509).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 99-101); Braga (1878: 51); Machado & Machado (1952: III, 335).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 56); Nunes (1959: 277-278); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 234); Diogo (1998: 120).

Variantes manuscritas


1 Irmãa] Irmaa B : Jrmaa V; coraçon] corazon V   2 perdon] pardō B   3 treide-lo] Greidelo B   4 irmãa] Jrmaa B : irmaa V   5 Irmãa] Irmaa B : Jrmaa V   6 coraçon] corazon V   7 treide-lo] Greidelo B   9 Irmãa] Irmaa B : Jrmaa V   10 morre] moire B   11 treide-lo] Greidelo B

Variantes editoriais


En Nunes e en Piccat a cantiga é editada en versos curtos (7’+8), seguindo a disposición de BV.

Cohen (e Littera) estabelece un refrán unisilábico (15’) con rima interna.

2 vos] vus Piccat   10 vos] vus Picca

Paráfrase


(I) Irmá, o meu amigo, que me ama de corazón e que está coitado por min, que Noso Señor vos perdoe, víndeo ver comigo, irmá, o meu amigo.

(II) Irmá, o meu amigo, que sei que me ama máis que a si e ao seu corazón, facede por min unha cousa: víndeo ver comigo, irmá, o meu amigo.

(III) Irmá, o meu amigo, que me ama máis que aos seus ollos e que morre por min, que Deus vos mostre o voso, víndeo ver comigo, irmá, o meu amigo.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 16a 16a 7’B 7’B (cfr. Tav 37: 4 e 5)

Notas


Texto
  • *

    Nesta cantiga existe unha certa desconexión sintáctica en todas as estrofas por mor do anacoluto producido polo inicio con o meu amigo e a súa posterior aparición a través do pronome no primeiro verso do refrán (treide-l0 veer comigo).

  • 1

    A forma irmãa (tamén nos vv. 4 [= r1], 5 e 9) resulta anómala fronte ao xeral irmana das cantigas de amigo; talvez sexa significativo, aliás, que fose copiada sen a pertinente nasalidade nos manuscritos (o mesmo que acontece na outra ocorrencia da mesma forma, en Martin de Caldas, 1215.2)1 . Cfr. nota a 694.4.

  • 2

    Emendamos a forma *pardon (<pardō>) de B, lección exclusiva (errada en face de perdon, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b; 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

  • 3

    Nas cantigas trobadorescas aparece unha forma imperativa treide (< trahĭte) e o presente, con valor imperativo, treides (< trahĭtĭs) que son restos arcaicos da conxugación do verbo trahere, na súa forma clásica (despois substituído por *tragere > med. trager; véxase Ferreiro 1999: §220a). Fóra da cantiga 1471 (véxase nota aos vv. 4 e 16), treide e treides só se atesta en oito cantigas de amigo: 587.19, 679.3, 757.1, 1161.6, 1289.1 e 6, 1297.1 e 4, 1299.2, 5, 7 e 10, 1302.1, 1303.2, 5 e 8. Alén da lírica profana, existen dúas ocorrencias de treides nas Cantigas de Santa Maria:
              Ai, moller, treides oge mig’ a un logar (CSM 216.23).

     

              E depois aa tornada, quando chegou a Carron,
              hũa sa filla lle disse: «Treides, se Deus vos perdon,
    ​​​​​​​          albergar mais adeante a hũas choças que son
              preto de nosso camỹo, e y podemos jazer» 
    (CSM 278.24).
    ​​​​​​​Na prosa só localizamos unha ocorrencia na Demanda do Santo Graal: Senhor, diss’el, pois treides migo (cfr. CGPA, s.v. treides).

  • 5-6

    Nestes dous versos percíbese o frecuente anacoluto dos incipits de moitas cantigas, coa ausencia da preposición rexente de o meu amigo; isto é: «Irmãa, (verbo d)o meu amigo, que sei que me quer maior ben / ca sí nen ca seu coraçon, fazede por mí ũa ren: /...».

    Igual que acontece coas expresións amar máis ca mí/min (nen al) e querer melhor ca mí/min (véxanse notas a 44.13 e 177.22, respectivamente), tamén na formulación querer maior ben / ben maior ca mi(n)/sí está ausente a preposición a (tamén en 243.15-16).

  • 10

    Nótese o hipérbato na segunda parte do verso: «que Deus vos amostre o vosso (amigo)».

  1. ^

    A omisión –sistemática– do til (irmaa) será indicador de que foi omitido o -n- intervocálico de *irma[n]a?

Buscar
    Non se atopou ningún resultado