1169 [= Tav 83,5]
Jus’a lo mar e o rio

Jus’a lo mar e o rio
eu, namorada, irei
u el-rei arma navio:
amores, convosco m’irei.
Juso a lo mar e o alto
eu, namorada, irei
u el-rei arma o barco:
amores, convosco m’irei.
U el-rei arma navio
eu, namorada, irei
pera levar a virgo:
amores, convosco m’irei.
U el-rei arma o barco
eu, namorada, irei
pera levar a d’algo:
amores, convosco m’irei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 

Manuscritos


B 1157, V 759

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 352-353); Cunha (1999 [1949]: 239 [= LPGP 572-573]); Cohen (2003: 393); Littera (2016: II, 28).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 263); Braga (1878: 143); Bell (1920: 62); Machado & Machado (1956: V, 247); Alvar (1969: 62-63).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 103); Cidade (1941: 7-8); Seoane (1941: 87-88); Nemésio (1961 [1949]: 141); Nunes (1959: 364); Landeira Yrago (1975: 289); Torres (1977: 548); Correia (1978: 224); Reckert & Macedo (1980: 163); Fiúza (1981: 65-66); Beltrán (1987: 67); Pena (1990: 172); Jensen (1992: 180); Delgado León (1996: 92-93); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 137).

Variantes manuscritas


2 eu] e ie V   3 arma navio] ajma nau’yo B   4 convosco] cō nusco B : cō uusco V   7 rei] fey V; arma] aima B : ãma V   8 convosco] cōuusco BV   9 arma] aima B   11 levar] lenar B   12 convosco] ꝯ uusco B : cō uusco V   13 arma] aima B   16 convosco] ꝯ nusco B : cō uusco V

Variantes editoriais


1 e] é Nunes   4 convosco] convusco Nunes, Cunha : con vusco Cohen   5 Juso a] Jus’a Nunes, Cunha; e] é Nunes   8 convosco] convusco Nunes; Cunha : con vusco Cohen   12 convosco] convusco Nunes; Cunha : con vusco Cohen   16 convosco] convusco Nunes; Cunha : con vusco Cohen

Paráfrase


(I) Abaixo xunto ao mar e o río eu irei, namorada, onde o rei arma o navío: amores, convosco me irei.
(II) Abaixo xunto ao mar e o río fondo eu, namorada, irei onde o rei arma o barco: amores, convosco me irei.
(III) Onde o rei arma o navío eu, namorada, irei para (el) levar a moza doncela: amores, convosco me irei.
(IV) Onde o rei arma o barco eu irei, namorada para (el) levar a moza fidalga: amores, convosco me irei.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 7’a 7B 7’a 8B (= Tav 57:2)

Encontros vocálicos: 5 Juso‿a

Notas


Texto
  • *

    Como acontece con relativa frecuencia en cantigas de amigo de factura tradicional e/ou arcaizante, existe certa vacilación métrica, xa que os vv. 11 e 15 son hexasílabos, que contrastan cos heptasílabos do resto da cantiga.

    Nesta composición, de novo se repite o motivo da construción e botadura da armada real, tan característico de Joan Zorro. Neste caso a doncela namorada está decidida a ir á Baixa, á ribeira onde se arman os barcos, para se ir co seu amigo, cos seus amores, que como se ve na cantiga anterior (UC 1168) vai partir nun dos navíos desa frota. 

    Por outra parte, en moitas das cantigas de Joan Zorro (véxanse tamén UC 1161116311651166116711681170), en maior ou menor medida, está presente a rima asoante ou toante que se rexistra nun grupo significativo das cantigas de amigo (ou similares), todas elas de teor tradicionalizante. Véxanse diversas composicións de Don Denis (583584585586606609), Fernan Rodriguez de Calheiros (647), Nuno Fernandez Torneol (656), Joan Soarez Coelho (704), Afonso Sanchez (781), Paai Gomez Charinho (813839), Meendinho (848), Airas Nunez (864870), Roi Fernandiz de Santiago (903), Pero Gonçalvez de Portocarreiro (920922), Nuno Porco (1130), Pero Meogo (1204120512061208), Martin de Giinzo (12871288128912901291)), Martin Codax (12951296129712981300), Fernand’Esquio (1314).

  • 1

    Suso ‘acima’, do lat. sursum, e juso ‘abaixo’, do lat. deorsum, actualmente desaparecidos, son adverbios de lugar frecuentes na lingua medieval.

    A conservación de /l/ no artigo (tamén no v. 7) explícase como produto dunha retórica arcaizante na elaboración de cantigas de amigo (véxase Ferreiro 2008b, 2013), igual que acontece noutras moitas cantigas (587, 609, 704, 735, 781, 825, 864, 891, 892, 903, 1130, 1166, 1167, 1169, 1201, 1206, 1281, 1294, 1297, 1299, 1304 e 1314) e do mesmo xeito que acontece coas correspondentes formas pronominais (véxase nota a 586.5).

  • 4

    As leccións de B e V son coincidentes en achegar convusco, con aparente /u/ tónico que debe proceder dun desenvolvemento en -us da abreviatura <ꝯ>, tal como acontece case sistematicamente no Cancioneiro da Ajuda coa forma átona vos, que aparece como <uus>.

  • 11

    A voz virgo (‘virxe’) reforza a presenza de elementos arcaizantes, pois só se localiza en cantigas de amigo (véxase 864.31, 922.8, 1167.2), todas elas de Airas Nunez e Joan Zorro. Para alén da súa presenza nas cantigas de amigo e mais en fórmulas latinas (ou na denominación do signo zodiacal), este latinismo (cfr. lat. virgo, -inis) só o achamos nun documento galego de 1427, nun uso inducido polo latín litúrxico: Primeiramente mando a mia alma ao muy alto e muy poderoso Señor Deus que a conprou e redemeu por lo seu santo sangre justo precioso et rogo e peço aa sua madre Virgo Santa Maria con toda a Corte Çelestaal que lle rogen por min que me queira perdoar os meus pecados que ey feytos como a sua voontade (cfr. CGPA, s.v. virgo).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado