I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 50-51); Majorano (1979: 109-110 [= LPGP 967-968]); Littera (2016: II, 514).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 28-29); Braga (1878: 12); Molteni (1880: 147); Machado & Machado (1950: II, 291-292); Rios Milhám (2018b: III, 448).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 236).
2 ren] ten V 3 sén] seu V 6 quer-me] q̄ rome B : que rome V 8 Faz] Far V; ous’a] onsa V 10 faz] far V 11 dizer] diz V 12 ven] Veu B 15 E tod’aquesto] Ero daq̄sto V 17 morresse] moiresse B : mouesse V 18 muito] tā muyto BV
2 quisess'e] quisesse Nunes, Majorano 8 [E] faz-mi mal] Faz-mi mal Nunes, Majorano : Faz-mi [mui] mal Littera; ous’a] ous[o] a Majorano 10 faz-m’esto] faz-‘esto Majorano : faz esto Littera 18 muito mal] tan muyto mal Majorano : tam muito mal Littera 23 dé] dê Nunes, Majorano, Littera
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C 10A + 10c 10c 10a (= Tav 161:102)
Encontros vocálicos: 1 podi·a‿Amor
A segmentación da conxunción copulativa que Littera realizou é axeitada, pois, en principio, o suxeito de perder é eu (véxase v. 3), aínda que tamén podería ser Amor o suxeito de fazer ben e mais de perder. Polo contrario, a opción en prol de quisesse (Nunes, Majorano) impón Amor como suxeito único de todo o período.
A proposta editorial de Majorano introduce unha pausa no verso (e pois cuyd’i muyt’: ar quer-me matar) que, con pois como adverbio temporal, provoca unha ruptura abrupta no discurso e unha interpretación diverxente da tradicional edición, xa en Nunes.
Perante a hipometría versal, os editores precedentes optaron por diversas emendas; porén, a menos interventiva pasa por recuperar a copulativa inicial (casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.).
Na lingua trobadoresca o verbo ousar aparece en complexos verbais (ousar + infinitivo) mais tamén en estruturas equivalentes coa preposición a como nexo (véxase tamén 167.11, 293.5, 373.6, 553.1 e 11, 602.3, 882.28, 1025.15, 1468.6). Cfr. nota a 3.17.
A hipermetría do verso pode ser resolvida coa expunción de tan, elemento que ás veces ten unha presenza inxustificada no texto (cfr., por exemplo, 118.6, onde se debe omitir tan muito de B).
Nótese a concordancia ad sensum: ‘Mais (a) Amor ... dé-lhi Deus...’.