I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 72 [= LPGP 211]); Nunes (1973 [1928]: 14); Cohen (2003: 596); Littera (2016: I, 217).
II. Outras edicións: Moura (1847: 132-133); Monaci (1875: 67); Braga (1878: 34); Machado & Machado (1952: III, 180); Cohen (1987: 39-40); Júdice (1997: 31); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Magalhães (2007: 109).
3 seu] sē B 5 morrer] moirer B 10 por én] Preen B; én] eu BV 15 que min] q̄ a mī B : q̄ amī V 16 certa] çerca V 17 queria] querria V 19 morrer] moirer B 20 no] nō V
5 queria] querria Lang, Cohen, Littera 6 ca] c’a Lang 11 queria] querria Lang, Cohen, Littera 12 ca] c’a Lang 15 que min] que a mim Lang : que a mi Nunes : ca mi Cohen, Littera 16 soo] sõo Lang, Nunes, Cohen, Littera 17 queria] querria Lang, Cohen, Littera 18 ca] c’a Lang
(I) O meu amigo causoume pesar, amiga, mais eu sei que el non tivo na súa intención o causarme pesar, porque vos digo que antes el querería morrer que causarme un pesar sequera.
(II) Non pensou que me causase pesar o que fixo, pois sei moi ben que (se así fosse) non pasaría nada do que pasou; por iso sei que, se pensase niso, [refrán].
(III) Fíxoo por finximento, pois sei que se mataría antes de me causar pesar; e por iso teño a certeza de que antes el querería morrer que causarme un pesar sequera, (1) pois que, viva ou morra el, el sabe que está no meu poder.
Esquema métrico: 3 x 7’a 8b 8b 7’a 8C 8C + 8c 8c (= Tav 160:418)
En V prodúcese unha variación interestrófica no refrán na expresión verbal, coa aparición da forma de pospretérito querria na estrofa III face ao copretérito queria nas estrofas I e II (neste caso con prolongación da primeira estrofa). Os restantes editores preferiron nivelar o refrán coa forma de pospretérito (que aparece en V tamén na terceira estrofa); en calquera caso, os valores temporais do copretérito e do pospretérito son en moitos casos equivalentes e, mesmo, intercambiábeis, ao tempo que se detectan frecuentes erros nos manuscritos entre queria / querria (véxase nota a 138.21).
Para que o verso teña sentido, é necesaria a emenda de <eu> BV en prol de én (xa presente en todas as anteriores edicións).
A variante bisilábica feze, do lat. fēcĭt, con manutención de -e após /dz/ é minoritaria en relación a fez e, mesmo, á variante fezo coa innovadora desinencia -o (cfr. nota a 53.16 e 56.14). Na realidade, feze aparece especialmente cando utilizada co clítico -o/-a, aínda que se rexistra tamén noutros contextos (167.5, 184.16, 260.2, 331.12, 332.2, 479.13, 484.21, 1087.8, 1398.6, 1593.9).
Igual que acontece noutras pasaxes das cantigas de Don Denis (véxase nota a 497.7 ou 577.2), a preposición a provoca hipermetría versal pola resistencia á sinalefa *que‿a: é por isto que se debe expunxir, de modo que min funcione como CI sen preposición, sen necesidade da forte intromisión editorial de Cohen e Littera (cfr., por exemplo, Esta senhor que min en poder ten, 632.13; pero direi que min aven en cuidar, 1076.3; etc.). Véxase nota a 5.2.