807 [= Tav 114,1]
A dona que ome «sennor» devia

A dona que ome «sennor» devia
con dereito chamar, per boa fe,
meus amigos, direi-vos eu qual é:
ũa dona que eu vi noutro dia,
e non ous’én máis daquesto dizer;
mais quen a viss’e podess’entender
todo seu ben «sennor»-la chamaria,
ca sennor é de muito ben, e vi-a
eu por meu mal, sei-o per bõa fe;
e, se morrer por én, gran dereit’é,
ca ben soub’eu quanto m’end’averria:
morrer assi com’eu moir’e perder,
meus amigos, o corp’e non poder
veer ela quando veer querria.
E tod’aquesto m’ant’eu entendia
que a visse; mas tant’oi falar
no seu ben que me non soube guardar
nen cuidava que tan ben parecia
que log’eu fosse por ela morrer;
mais, u eu vi o seu bon parecer,
vi, amigos, que mia morte seria.
É por esto que ben consellaria
quantos oiren no seu ben falar
non a vejan, e poden-se guardar
mellor ca m’end’eu guardei, que morria;
e dixe mal, mais fez-me Deus aver
tal ventura quando a fui veer
que nunca dix’o que dizer queria.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


A 246, B 811, V 395

En BV falta a última estrofa, que só é transmitida no Cancioneiro da Ajuda.

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 481-482); Cunha (1999 [1945]: 108-109); Monteagudo (1984: 325-326 [= LPGP 710]); Littera (2016: II, 214-215).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 149); Braga (1878: 74-75); Cotarelo Valledor (1934: 186-187); Carter (2007 [1941]: 142-143); Machado & Machado (1953: IV, 113-114); Arbor Aldea (2016b).

Variantes manuscritas


1 ome] \ho/me V   2 dereito] dereyta BV   3 qual] quen BV   5 ous’én] (llousey) {ousem} A : lhousei B : lhousey V; daquesto] datanto BV   7 «sennor»-la] senhor a B : senhora V   9 eu por] ꝑolo B : polo V; per bõa fe] ꝑ boa fe A : ꝑ boa fe B   10 se] (de) {se} A : de BV; morrer] moirer B; én, gran dereit’é] ela d’eite BV   11 eu] en V; averria] aueiria B   12 morrer] moirer B   13 poder] (ꝑder ꝑder) poder B   14 quando] q̅ eu BV; querria] q̅iria B   16 mas tant’oi] mays tāto oy BV   17 no] de BV; soube] soubi BV; guardar] guadar A   18 cuidava] er cuydey BV; parecia] pareçia / (parecia) V   19 log’eu] logneu V; morrer] moirer B   20 u eu] quādeu BV   22-28 om. BV   25 morria] mor\e/ria {morria} A

Variantes editoriais


2 boa] bõa Michaëlis, Cunha   3 vos] vus Michaëlis   5 non ous’én] non lh’ousei Michaëlis : non lh’ousey Cunha : non ll’ousei Monteagudo : nom lh’ousei Littera; daquesto] d’atanto Cunha   6 quen a] que’-na Michaëlis : quẽ-na Cunha   7 «sennor»-la] «sennor» a Monteagudo : senhor a Littera   9 bõa] boa Monteagudo, Littera   10 se morrer] de morrer Cunha, Littera   11 soub’eu] soub’ou Cunha   14 quando] quand’eu Monteagudo, Littera   16 mas] mais Michaëlis, Littera : mays Monteagudo   20 u eu] quand’eu Cunha   23 ben] bon Monteagudo   24 non a] no’-na Michaëlis : nõ-na Cunha   28 queria] querria Michaëlis, Cunha, Littera

Paráfrase


(I) A dona que calquera debía con xustiza chamar «señora», certamente, meus amigos, direivos eu cal é: unha dona que vin o outro día, e máis que iso non me atrevo a dicir; mais quen a vise e puidese entender todo o seu ben, «señora» a chamaría, (II) pois é señora de moito ben, e eu vina para o meu mal, seino con certeza; e se morrer por iso é de xustiza, porque eu ben souben o que por iso me ocorrería: morrer así como morro e perder, meus amigos, o corpo e non poder vela a ela cando a querería ver.
(III) E todo isto eu xa o entendía antes de que a vise; mais tanto ouvín falar do seu ben que non me souben acautelar, nin pensaba que era tan fermosa que logo eu fose morrer por ela; mais cando vin a súa fermosura, vin, amigos, que sería a causa da miña morte.
(IV) É por isto que ben aconsellaría a cantos ouviren falar do seu ben que non a vexan, e así poden gardarse mellor do que eu me gardei, que morría; e dixen mal, mais fíxome Deus ter tal sorte cando a fun ver que nunca dixen o que quería dicir.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a (= Tav 161:161)

Notas


Texto
  • *

    O discurso desta cantiga está relacionado co da cantiga 804, onde tamén achamos o raro motivo da fama da dama polo(s) ben(s) que posúe, asociado ao motivo da dificultade para captar a esencia e a magnitude de todo(s) ese(s) ben(s).

  • 1-2

    Na lingua das cantigas profanas o verbo dever participa en perífrases obrigativas con infinitivo, tanto sen elemento nexual como coas preposicións de (minoritaria) e, sobre todo, a, que constitúe a fórmula maioritaria. Nesta pasaxe rexístrase unha diverxencia entre a lección de A e de BV, xa que os apógrafos italianos presentan a perífrase coa preposición a: devia / con dereit’a chamar. Cando existen diverxencias redaccionais, os manuscritos non mostran unha especial preferencia por unha ou outra formulación perifrástica: devede-l’a sofrer A vs. devede-lo sofrer B (80.6), deve ficar A vs. dev’a ficar B (146.29), dev’end’a filhar A vs. dev’ende filhar B (310.22). Non obstante, debe sinalarse que, en determinados casos, a presenza da preposición provoca hipermetría: devedes fazer A vs. devedes a fazer B (55.17), deviades vós gradecer B vs. deviades vós a gradecer A (117.23), devedes temer A vs. devedes a temer B (135.12).

  • 3

    Nótese a variación estilística qual / quen entre A e BV.

  • 5

    Michaëlis, Cunha e Monteagudo optan por conservar, na súa proposta crítica, a lección inicial de A, coincidente coa que ofrece a rama italiana representada por BV. Atendendo á corrección que se verifica no códice da Ajuda e ao valor que estas emendas marxinais, contemporáneas da copia, teñen desde o punto de vista textual, consideramos válida a lección escrita nas marxes do texto, en concordancia co que se observará noutras cantigas ao longo do Cancioneiro da Ajuda. No final do verso, Cunha segue tamén a lección de BV: e non lh’ousey mais d’atanto dizer.

  • 7

    A secuencia <r-l> (e <s-l>, véxase nota a 5.10) en que está implicada a forma arcaica lo(s)~la(s) do pronome identificador no encontro con infinitivos ou con voces acabadas en -r debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga e conservadora. Neste sentido, a lección de BV (senhor a) indica que nos restantes casos en que aparentemente non existe asimilación talvez haxa que a supor tamén, coa pronuncia asimilada correspondente. En calquera caso, ao longo do corpus achamos diverxencias de representación gráfica destas asimilacións, ás veces con grafías ambiguas que non indican explicitamente tal asimilación, por máis que esta presente moitas veces formato arcaizante: creer-la coita A vs. creer a coita B (139.2), negar-lo-ei A vs. nega-lo-ei B (254.6), dizer-lo mui gran ben A vs. dizer o mui gran ben B (302.2), perde-lo sén A vs. perder o sén BV, partir-lo coraçon B vs. parti-lo coraçon V (965.11). E, tamén: perder o sén A vs. perde-lo sén BV (210.8), se fezer / mia sennor o que ten no coraçon A vs. se fezer / mia senho-lo que ten no coraçon BV (222.14). Cfr. nota a 48.14.

  • 8-14

    É de notar que a rima deste verso (vi-a - averria - querria) engloba dous elementos lingüísticos independentes, do mesmo modo que nas cantigas 443.7-9 (vi-as - dias - dirias) e 1236.15-21 (dia - vi-a) e dun modo similar a outras rimas que aparecen ao longo do corpus: 292.14-16 soo - doo - negó-o; 1334.15-21 ten o - pequeno - neno; 1343.r1-r2 (Alho – dá-lho); 1344.27-31 (poo - dá-o - vao - mao) e 26-32 (paa - dá-a - vaamaa), con rimas similares ás cantigas 634.28-21 (u me – lume – queixume) e  1334.15, 18-21 (ten o - pequeno - neno).

  • 9

    A lección de BV, que elimina o pronome eu, compensa metricamente tal omisión coa introdución do artigo co posesivo: polo meu mal vs. eu por meu mal.

  • 10

    Cunha (e Littera) segue, de novo, a lección de BV para o segmento inicial deste verso, e de morrer, que en A ofrece unha corrección marxinal, considerada tanto por Michaëlis como por Monteagudo, autores que, non obstante, non incorporan a emenda que o códice da Ajuda ofrece para o v. 5 (véxase nota ao verso). Por outra banda, obsérvase a inusual puntuación deste no editor brasileiro, que liga por én a seer dereito: e, se morrer, por én gran dereit’é (véxase unha situación similar en 1086.10).

  • 14

    A proposta de Monteagudo, quand’eu, non se sustenta no texto manuscrito, que ofrece solucións diversas que novamente supón a oposición A vs. BV: quando A vs. que eu BV.
    O pronome ela é CD sen preposición, como pode acontecer cos pronomes persoais tónicos oblicuos –mi(n), ti, el(a), nós, vós, eles, elas–, feito relativamente frecuente pola flexibilidade métrica que tal posibilidade expresiva ofrece.

  • 15-16

    O deslocamento do primeiro elemento da locución ante que pode escurecer o sentido: «E tod’aquesto m’eu entendia / ante que a visse».

  • 17

    Novamente neste verso encontramos dous significativos trazos de variación lingüística nas dúas ramas de transmisión da lírica profana. Por unha parte, é de salientar a rexencia do verbo falar, coa preposición en en A fronte a de en BV, dalgún modo a representar os usos xerais na lingua moderna (falar de, galego / falar en, portugués); por outra parte, na P1 dos pretéritos fortes de aver, dizer, estar, poder, saber é xeral a desinencia -i nos apógrafos italianos, fronte a -e nos textos transmitidos por A.

  • 18

    Nótese, máis unha vez, a variación cuidava (A) vs. er cuidei (BV), con mudanza temporal e recomposición métrica a través da partícula er.

  • 20

    A variación lingüística (e estilística) entre A e BV (mais, u eu vi o seu bon parecer vs. mais, quand’eu vi o seu bon parecer) reflíctese tamén na preferencia que A mostra polo adverbio u (<ŭbī), fronte aos apógrafos italianos que prefiren quando. Dada a diferenza cuantitativa no que se refire ao cómputo silábico, cando existen diverxencias na elección de adverbio tamén se refai o texto nos apógrafos italianos para evitar problemas métricos: Amei-vos tant’u vos primeiro vi A vs. Amei-vos quando vos primeiro vi B (300.13), U m’eu parti d’u m’eu parti A vs. Quand’eu parti d’u m’eu parti BV (388.1).

  • 20-28

    Os versos que conforman a cuarta estrofa da composición están ausentes en BV. En A son copiados como se de dúas breves estrofas conclusivas se tratase, aínda que o esquema métrico da composición apunta a que se trata dunha estrofa única, con rima coincidente coa das tres cobras precedentes.

  • 28

    A vacilación e/ou alternancia entre tempo copretérito e pospretérito en numerosas pasaxes das cantigas, con preferencia da primeira forma en A fronte a B (véxanse, por exemplo, as leccións concorrentes de A e BV entre querria e queria, respectivamente, en 172.19, 179.26, 195.3, 197.22, 208.3, 236.2 e 3, 239.1 e 2, 245.r1, 276.4, 277.10, 278.17, 310.15, 406.4), non autoriza a emenda realizada por Michaëlis (e seguida por Cunha e Littera).

Procurar
    Não foram encontrados resultados