210 [= Tav 74,6]
Rogaria eu mia sennor

Rogaria eu mia sennor
por Deus que me fezesse ben;
mais ei dela tan gran pavor
que lle non ouso falar ren
con medo de se m’assannar
e me non querer pois falar.
Diria-ll’eu de coraçon
como me faz perder o sén
o seu bon parecer; mais non
ous’, e tod’aquesto mi aven
con medo de se mi assannar
[e me non querer pois falar].
Pois me Deus tal ventura deu
que m’en tamanna coita ten
Amor, ja sempr’eu serei seu;
mais non a rogarei por én
con medo de se m’assannar
[e me non querer pois falar].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 113, B 226

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 232-233); Tavani (1988a: 250 [= LPGP 484-485]); Littera (2016: I, 566).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 97); Carter (2007 [1941]: 69); Machado & Machado (1949: I, 368-369); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 210).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 165-166); Nunes (1959: 240); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 43); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 109).

Variantes manuscritas


2 me] mj B   4 lle] lhi B   5 se] xi B   6 me] mj B; pois] depoys B   7 coraçon] coraço B   8 me faz perder o sén] mj faz ꝑdelo sen B   10 ous’, e tod’aquesto mi aven] ou sei todaq̄stamj̄ auen B   11 con] (c) con   13 ventura] ventʷa B   15 ja sempr’eu serei] ia senpr eu ia serei A : ia senp’ serey B   16 por én] om. B

Variantes editoriais


4 lle] lhi Michaëlis   15 sempr’eu] sempre Tavani, Littera   17 m’] mi Michaëlis, Littera

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8a 8b 8C 8C (= Tav 99:51)

Encontros vocálicos: 10 mi‿aven; 11 mi‿assannar

Notas


Texto
  • 5

    Nótese a variación lingüística no pronome me, que aparece con elisión no refrán das cobras I e III (véxase nota a 75.17), e coa forma mi na estrofa II. Sorprendentemente, Michaëlis nivelou só o refrán nas estrofas II-III. Véxase nota a 198.4. Cfr. nota a 27.4.

  • 6

    A variante depois de B converte o verso en hipérmetro, a diferenza da lección pois ‘despois’, que ofrece o Cancioneiro da Ajuda para este verso do refrán.

  • 8

    Na copia deste verso en A e en B percíbese con clareza a diferente actuación gráfica dos dous códices no que respecta ao artigo tras forma verbal acabada en -r ou -s, pois o Cancioneiro da Biblioteca Nacional presenta a forma alomórfica asimilada (perde-lo sén) face ao Cancioneiro da Ajuda, onde se mantén a individualidade  gráfica (perder o sén). Porén, noutras pasaxes acontece xustamente o contrario como mostran as variantes de 217.10 e 15 ou 302.2. Cfr. nota a 139.2.

  • 15

    O Cancioneiro da Ajuda mostra como por veces as partículas, especialmente as de reducido corpo fónico, teñen unha presenza espuria, como confirma a repetición de ja neste verso, pero tamén mostra como estas poden perderse con relativa facilidade (nótese a presenza de eu neste códice, fronte á súa ausencia en B). Véxase nota a 74.18.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado