I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 281-282 [= LPGP 919-920]); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 182-183); Littera (2016: II, 487).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 110); Carter (2007 [1941]: 84-85); Machado & Machado (1950: II, 35-36); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 245).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 12); Diogo (1998: 112-113).
1 vos] uos A; mi aven] mauen B 2 vejo] uei(a){o} A 3 lle] lhi B; coid’a morrer] cuyda moirer B 4 lle] lhi B 5 querria] queria B 6 poderia] podria A 7 lle] lhi B 10 e] om. B; perç’i] pad’ci B 11 ainda] Amda B 13 ca lle] {C}[A]alle A : Calhi B 14 ben que] bē B 15 morrerei] moirerey B 16 si Deus me] se d’s mj B 17 ainda] Amha B 19 santa Maria] scā M̃ B 20 querria] q̄rya B
1 vos] vus Michaëlis 3 coid’] cuid’ Littera 6 podess’, e máis] podesse… mais Michaëlis, Littera : podesse, ¡mais Lorenzo Gradín & Marcenaro 12 podess’, e máis] podesse… mais Michaëlis, Littera : podesse, ¡mais Lorenzo Gradín & Marcenaro 18 podess’, e máis] podesse; mais Michaëlis, Littera : podesse, ¡mais Lorenzo Gradín & Marcenaro 19 Santa] sancta Michaëlis
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 9’C 9’C + 9’c 9’c (= Tav 160:272)
Encontros vocálicos: 1 mi‿aven
Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición véxase nota á cantiga 15. Porén, tanto en Michaëlis como en Lorenzo Gradín & Marcenaro e mais Littera esta cantiga presenta estrofas sintacticamente independentes, sen consideraren o seu carácter de cantiga ateuda polas sucesivas ampliacións explicativas a través da conxunción causal ca.
Todos os editores anteriores interpretaron mais no refrán como conxunción adversativa en vez de adverbio cuantitativo, feito polo cal non segmentaron a copulativa e puntuaron como corresponde á súa lectura, que introduce un elemento algo contraditorio no razoamento da cantiga, pois con tal interpretación afirma que, se puidese, o trobador aínda querería máis a senhor, mais non pode porque a quere tanto que perdeu o dormir (v. 8)... Na realidade, o trobador non pode querer máis á súa senhor pois quérea tanto que xa perdeu o sono... e o sén e vai morrer.
Non obstante, a segmentación da copulativa non é imprescindíbel para esta interpretación, de modo que se acentuaría o carácter parentético da frase:
ainda ll’eu mui mellor querria
se podesse, máis non poderia,
ca lle quero tan gran ben que perdi / ...
Como acontece decote, a omisión da copulativa en B aparece compensada metricamente co uso de padeci en lugar de perç’i. No entanto, a versión do Cancioneiro da Biblioteca Nacional mantén, grosso modo, a semántica da cantiga, mais diminúe en intensidade o recurso de repetición poliptótica do verbo perder, clave para o contido da estrofa e da composición.
Obsérvese a repetición da conxunción completiva que tras unha frase parentética: que sei mui ben que, se m’ela non val, / que morrerei cedo. Véxase nota a 53.17-18.