260 [= Tav 152,16]
Sennor fremosa, quero-vos rogar

Sennor fremosa, quero-vos rogar
por aquel Deus que vos feze nacer
e mui mellor das outras parecer
donas que El en este mundo fez,
e mui mansa e de mui mellor prez,
que vos non pes de vos eu muit’amar.
Por vosso prez e por Deus, mia sennor,
e por mesura e por quanto ben
vos El foi dar, rogo-vos eu por én
que, se vos oj’eu faço pesar i
en vos amar, mia sennor, máis ca mí,
que me non façades én sabedor.
E, se me vós quiserdes consentir
que vos am’eu, direi-vos ũa ren:
i me faredes aquel maior ben
daqueste mund’e que máis desejei
des que vos vi; e máis vos én direi:
sol por atanto vos quer’eu servir.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 152

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 304 [= LPGP 962-963]); Piccat (1995: 201-202); Littera (2016: II, 506).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 91-92); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 260).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 1-2); Vasconcellos (1959: 22-23); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 233).

Variantes manuscritas


1 vos] uus A   2 vos] uus A; nacer] nazer A   6 vos] uos A; vos] uos A   9 vos] uus A; -vos] uus A   11 vos] uus A   14 vos] uus A; -vos] uus A

Variantes editoriais


1 vos] vus Michaëlis, Piccat   2 vos] vus Michaëlis, Piccat   6 vos] vus Michaëlis   9 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis, Piccat   10 vos] vus Michaëlis, Piccat   11 vos] vus Michaëlis, Piccat; mí] min Piccat   14 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis, Piccat   17 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis, Piccat   18 vos] vus Michaëlis, Piccat

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10c 10a (= Tav 189:14)

Notas


Texto
  • 2

    A variante bisilábica feze, do lat. fēcĭt, con manutención de -e após /dz/ é minoritaria en relación a fez e, mesmo, á variante fezo coa innovadora desinencia -o (cfr. nota a 53.16 e 56.14). Na realidade, feze aparece especialmente cando utilizada co clítico -o/-a, aínda que se rexistra tamén noutros contextos (167.6, 184.16, 331.12, 332.2, 479.13, 484.21, 580.13, 1087.8, 1398.6, 1593.9).

    Obsérvese, por outra parte, a aparición da grafía <z> en formas que regularmente presentan <c, ç> e que deben ser postas en relación con outras confusión gráficas que atinxen ao ámbito das sibilantes no Cancioneiro da Ajuda: en varias ocasións rexístrase <fazo> e <faza> faço e faça, ás veces en formas contractas (69.7 e 10, 117.17, 136.10, 189.24, 203.27, 273.22, 278.15, 403.2, 433.2), <ouzo> ouço (85.26) e <nazer> nacer (260.2). Véxanse tamén notas a 66.21, 80.10, 88.15 e 89.2.

  • 3-4

    O violento hipérbato que desloca e afasta o modificador outras de donas coa inserción do verbo entre ambos elementos. A sintaxe lóxica sería:  e mui mellor das outras donas parecer.

  • 6

    Este verso aparece literalmente como primeiro verso do refrán da cantiga 1067 de Bernal de Bonaval.

  • 10-12

    A completiva que aparece repetida no v. 12, após a cláusula subordinada condicional: rogo-vos eu por én / que, se vos oj’eu faço ... / ..., / que me non façades én sabedor). Véxase nota a 53.17-18.

  • 11

    A preposición a non existe na expresión amar máis ca mi(n)/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (44.13, 102.17, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. , func. 2). Véxase nota a 861.14. Cfr. nota a 177.22 e 243.16.

  • 15

    É inusual a presenza de i en posición inicial dunha frase ou período, aínda que no corpus se rexistra algunha outra situación deste tipo. Véxase nota a 204.3.

Procurar
    Não foram encontrados resultados