701 [= RM 79,51]
Vedes, amigas, meu amigo ven

Vedes, amigas, meu amigo ven
e enviou-mi dizer e rogar
que lh’aguis’eu de comigo falar,
e de tal preito non sei end’eu ren,
e pesa-mi, que m’enviou dizer
que lhi faça o que non sei fazer,
ca, pero m’end’eu gran sabor ouver
e mui gran coita no meu coraçon
de lho [a]guisar, se Deus mi perdon,
non lho [a]guisarei, pois non souber,
e pesa-mi, que m’enviou [dizer
que lhi faça o que non sei fazer],
ca eu nunca con nulh’ome falei,
tanto me non valha Nostro Senhor,
des que naci, nen ar foi sabedor
de tal fala nen a fiz nen a sei,
e pesa-mi, que m’enviou dizer
[que lhi faça o que non sei fazer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 686, V 288

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 109-110 [= LPGP 548]); Cohen (2003: 171); Littera (2016: I, 612-613).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 115); Braga (1878: 55-56); Machado & Machado (1952: III, 361-362).
III. Antoloxías: Oliveira & Machado (1959: 91-92); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 166).

Variantes manuscritas


2 rogar] roguar BV   3 comigo] migo B : \co/migo V   6 non] nou B   11 enviou] ēuyon B   13 nunca] uūca B; nulh’] null BV

Variantes editoriais


2 rogar] roguar Nunes   9 [a]guisar, se] guisar, [a]se Cohen : [nom] guisar, se Littera   10 [a]guisarei, pois] guisarei, poi[lo] Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Vede, amigas, vén o meu amigo e mandoume dicir e rogar que arranxe a forma de el falar comigo, e de tal asunto eu non sei nada, e pésame, porque me mandou dicir que lle faga o que non sei facer, (II) pois, aínda que eu tivese gran pracer e unha ansia grande no meu corazón para llo arranxar, así Deus me perdoe, non llo arranxarei, se non souber, e pésame, porque me mandou dicir que lle faga o que non sei facer, (III) porque eu nunca falei con ningún home desde que nacín, Noso Señor non me valla (se minto), nin tampouco souben de tal fala nin a fixen nin a coñezo, e pésame, porque me mandou dicir que lle faga o que non sei facer.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:144)

Encontros vocálicos: 2 en·vi·ou; 5 en·vi·ou; 11 en·vi·ou; 17 en·vi·ou

Notas


Texto
  • *

    Esta composición é unha verdadeira cantiga ateúda, con ligazón sintáctico-discursiva, de tipo causal, entre as súas tres estrofas, aínda que non fose incluída na relación de ateúdas de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270) nin tampouco tivese esa consideración en ningunha das precedentes edicións. Véxase nota á cantiga 15.

  • 3

    Resulta significativo o erro de B que foi corrixido en V, feito que demostra a validade de reintegracións, por necesidades métricas, do tipo [co]migo.

  • 9-10

    Obviando a existencia da variación e alternancia trobadoresca entre guisar ~ aguisar (véxase Glosario, s.v. guisar), Cohen e Littera interviñeron excesivamente nos versos. No v. 10 ambos editores suplementaron o verso coa emenda de pois (poi[lo] non souber), mentres que no v. 9 actuaron de diferente modo: Cohen, por influencia das Cantigas de Santa Maria Cohen introduciu a forma ase, inexistente na lingua dos trobadores, na frase desiderativa se Deus mi perdon; pola súa parte, Littera introduce unha negación sen sentido, contraditoria co contexto.

  • 13

    Nótese a grafía <ll> de nulho, con <ll> en vez de <lh>, que é verdadeiramente frecuente neste indefinido nos apógrafos italianos, sobre todo en B. Así ocorre nos seguintes contextos, todos eles pertencentes a cantigas transmitidas unicamente por B (ou por AB): 39.2, 44.5, 55.18, 65.11, 12, 14 e 20, 66.16, 71.24, 72.3, 73.13, 74.28, 92.15, 94.3, 96.11, 97.5, 104.6, 107.9, 108.18, 111.7, 135.16, 152.9 e 12, 166.16, 235.18, 236.28. Ora ben <nullo> é grafía escasa no Cancioneiro da Vaticana, aínda que tamén se rexistra nalgunhas cantigas compartidas con B: 419.2, 701.13, 721.177 ,1516.6, 1609.18, 1643.10. Noutros casos, existe forma con <ll> ou con <lh> só nun dos apógrafos italianos: B vs. V (1040.6, 1392.9, 1533.6, 1580.12), V vs. B (362.6, 373.17).
    Na realidade, nos apógrafos italianos <ll> só se acha de forma esporádica como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente da lateral xeminada latina (alli, aquela e ela, bailada, castelo, cavalo, eles, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc.), moi esporadicamente na forma do pronome el (e mais do artigo el-) (véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo (véxase nota a 6.32) e, finalmente, en voces coa secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).
    Fóra do indefinido nulho/a, é excepcional nos cancioneiros italianos a aparición de <ll> para a lateral /ʎ/, pois só se rexistran cinco ocorrencias deste tipo. Véxase a nota a 199.33.

  • 15

    Foi é a forma xeral de P3 de pretérito de seer (e de ir), mais tamén aparece como forma de P1, tal como acontece neste verso: a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado

    Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
    Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies:

    ConfiguraciónsAceptar