239 [= Tav 148,1]
Agora viv’eu como querria

Agora viv’eu como querria
veer viver quantos me queren mal:
que non vissen prazer de sí nen d’al,
com’eu fiz sempre des aquel dia
que eu mia sennor non pudi veer,
ca se nunca depois ar vi prazer
Deus no’me valla que poderia.
E quen vivess’assi viveria,
per bõa fe, en gran coita mortal,
ca ‘ssi viv’eu por ũa dona qual
sab’oje Deus e Santa Maria,
que a fezeron mellor parecer
de quantas donas vi e máis valer
en todo ben; e ben veeria
quen visse mia sennor, e diria,
eu [o] sei, ben por ela, que é tal
como vos eu dig’, e, se me non val
Deus (que mi-a mostre!), ja non guarria
eu máis no mundo, ca non ei poder
de ja máis aquesta coita sofrer
do que sofri, e desejaria
muito mia mort’, e querria morrer
por mia sennor, a que prazeria,
e por gran coita en que me viver
vejo por ela, que perderia.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25

Manuscritos


A 133, B 254

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 270-271 [= LPGP 918-919]); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 136-137); Littera (2016: II, 482-483).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 107-108); Carter (2007 [1941]: 80-81); Machado & Machado (1950: II, 22-23); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 239).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 219); Diogo (1998: 111-112).

Variantes manuscritas


1 querria] queria B   2 me] mj B   5 pudi] pud A   6 ca] om. A   7 no’me] nō mj B   10 ca ‘ssi] ca assy B; qual] tal B   11 santa] sc̄a A : scā B   17 vos] uus A; me] mj B   18 mi-a] ma B; guarria] guairia B   19 eu] ea B; no] nō A   22 querria morrer] q̄ria moirer B   25 perderia] ꝑ(o)deria AB

Variantes editoriais


5 pudi] pud’i Lorenzo Gradín & Marcenaro : pude Littera   7 no’me] non me Lorenzo Gradín & Marcenaro : nom me Littera   10 ca ‘ssi] c’assi Michaëlis : ca si Lorenzo Gradín & Marcenaro : ca ‘si Littera   11 Santa] sancta Michaëlis   15-17 e diria, / eu [o] sei, ben por ela, que é tal / como vos eu dig’...] e diria: «eu sei ben» por ela que é [a]tal / como vus dig[u]’... Michaëlis : e diria: «Eu sei ben por ela que é [a]tal / como vus dig[u]’» Lorenzo Gradín & Marcenaro   17 vos] vus Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro   21 sofri] sofr’i Littera

Paráfrase


(I) Agora vivo eu como querería ver vivir a cantos me queren mal: que non visen nada pracenteiro de si nin de ningunha outra cousa, como me aconteceu a min sempre desde aquel día en que eu non puiden ver a miña señora, pois Deus –que podería– non me valla se eu nunca despois souben o que era pracer.

(II) E quen vivise así viviría certamente en gran coita mortal, porque así vivo eu por unha tal dona cal sabe hoxe Deus e Santa María, que a fixeron ser a máis fermosa de cantas mulleres vin e de mais valor en todo ben; e vería ben (III) quen vise a miña señora, e ben diría dela, seino eu, que é tal como vos eu digo, e, se non me socorre Deus –que ma mostre!–, xa non viviría eu máis no mundo, porque non teño poder para sufrir esta coita máis do que a sufrín, e desexaría (1) moito a niña morte, e querería morrer pola miña señora, a quen lle agradaría, (2) e pola gran coita en que me por ela vexo vivir, que perdería.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 9’a 10b 10b 9’a 10c 10c 9’a + 2 x 10c 9’a (= Tav 161:224)

Encontros vocálicos: 18 mi-‿a

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha copulativa e das dúas primeiras estrofas, véxase nota á cantiga 74.

  • 6-7

    Nótese o abrupto hipérbato presente nestes dous versos (con dificultades para o reflectir a través da puntuación): «ca Deus, que poderia, no’me valla, se nunca depois ar vi prazer».

  • 7

    Nos textos transmitidos por A é frecuente a asimilación do adverbio non co pronome me ~ mi (> no’me ~ no’mi; cfr. a evolución regular -nm->-m-), face a BV que, en xeral, presentan a lección non me ~ non mi con manutención da integridade morfolóxica do adverbio negativo (66.13, 90.9, 223.r2, 243.14, 258.9, 283.10, 285.13, 421.5, 423.20, 430.8). Na realidade, nos apógrafos italianos só se rexistra en tres ocasións (104.21, 906.12 e 1482.5). A diferenza doutros editores, mantemos tal asimilación, que chega até hoxe (Ferreiro 1999: §101c).

  • 10

    A respecto da diverxencia ca ‘ssi A / ca assi B (cfr. si ou ‘si nalgúns editores), nótese como en B existe certa tendencia á aparición da forma plena assi mesmo en contextos en que é de regra a forma reducida ‘ssi (239.10) ou noutros en que o seu uso implicaría unha sinalefa éassi: 179.30, 218.8 e 11, 246.15. Véxase nota a 82.10.

  • 12-14

    Estes versos aparecen case literalmente en Pero Garcia Burgales. Véxase nota a 197.11-13.

  • 15-17

    A introdución do estilo directo, con diferente estruturación, que realizaron os anteriores editores non encaixa no desenvolvemento conceptual da cantiga, que fica pleno de sentido coa consideración da repetida frase formularia eu o sei (véxase nota a 212.14), con integración necesaria do pronome para a ortométrica versal.

Procurar
    Não foram encontrados resultados