199 [= Tav 125,43]
Que muitos que m’i andan preguntando

Que muitos que m’i andan preguntando
qual ést’a dona que quero gran ben,
se é Joana, se Sancha, se quen,
se Maria; mais eu tan coitad’ando,
cuidando en ũa destas tres que vi,
polo meu mal, que sol non lles torn’i
nen lles falo senon de quand’en quando.
E vou-me d’ontr’as gentes alongando
por tal que me non pregunten por én,
per bõa fe, ca non por outra ren,
e van-m’elas a meu pesar chamando
e preguntando-m’a pesar de mí
qual ést’a dona que me faz assi
por sí andar en gran coita’n que ando.
E faço-m’eu delas maravillado,
pois m’i non an consello de põer:
por que morren tan muito por saber
a dona por que eu ando coitado?
Non lle-la digo por esta razon,
ca por dizer-la, si Deus me perdon,
non mi porran consello, mal pecado!
Por én tod’ome devia acordado,
que sén ouvesse, daquest’a seer
(de nunca ir tal pregunta fazer),
ca, per pouc’én, seria castigado:
castigar-s’én pelo seu coraçon
qual pera sí non quisesse, que non
dissesse a outre nunca per seu grado.
E elas van-me gran pesar dizer
no que lles nunca prol non á d’aver
perque destorvan min de meu coidado.
Mai-lo que vai tal pregunta fazer
Deu-lo leixe moller gran ben querer,
e que ar seja d’outre preguntado.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 

Manuscritos


A 106, B 214-215

As dúas fiindas están copiadas por duplicado en B. Entre o verso inicial da segunda versión e o final da primeira copia, Colocci colocou un trazo en vertical, á esquerda, para indicar a vinculación entre ambas seccións, e numerounas na marxe co 215 como unha cantiga independente. A confusión de Colocci puido deberse a que a segunda versión (B’) comeza cunha maiúscula capital de inicio de cantiga, así como ao feito de que en ningunha das versións hai unha liña de separación entre as dúas fiindas, de xeito que en conxunto parecen dúas estrofas de seis versos.

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 219-220); Blasco (1984: 183-184 [= LPGP 834-835]); Marcenaro (2012b: 279-280); Littera (2016: II, 359-360).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 92-93); Carter (2007 [1941]: 64-65); Machado & Machado (1949: I, 349-351); Fernández Pousa (1953: 23); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 199).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 104-105); Piccolo (1951: 103-104); Torres (1977: 120-121); Jensen (1992: 316-318).

Variantes manuscritas


1 muitos que mi andan preguntando] muytus quemandā pregū[****] B   2 ben] [**] B   4 mais] mays mays B; coitad’ando] coit<...> and ando A   5 cuidando en] cuydanden B; destas] en destas A   6 lles] lhis B   7 lles] lhis B   8 d’ontr’as] dout̃s B   11 van-m’elas] uamelas B   12 m’a] me a B; mí] mj̄ B   14 coita’n] coyta B   15 E faço-m’eu delas maravillado] (O) E facomeu deles merauilhado B   16 m’i] me B; non] no A   17 muito por] anyto pōr B   19 lle-la] lhesa B; esta] elta B   20 dizer-la, si] diz’lha se B   21 mi] me B   27 quisesse] quissesse A   28 dissesse] disese A; dessessaoutre (seria castiga) nūca ꝑ leu grado B   29 E elas van-me gran] Eelas nā me gram B : Os q̄ me uā muj gram B’   30 non] no B’   31 min de meu coidado] mj d’ meu cuydado B : mj de meu cuydado B’   32 Mai-lo que] May lō qⁱ B; fazer] faz B   33 Deu-lo leixe moller] d’s lo lexxe moller B : deulo leixa molher B’   34 ar seja d’outre] er seia doutrē B : ar seia doutrem B’; preguntado] perguntado B’

Variantes editoriais


1 m’i] mi Michaëlis, Blasco, Marcenaro, Littera   5 cuidando] cuidand(o) Michaëlis   8 d’ontr’as] doutras Marcenaro   10 por] per Marcenaro   15 m’eu] me Michaëlis   16 m’i] mí Marcenaro   19 lle-la] lhes a Littera   20 dizer-la] dizer-lha Littera   21 mi] me Michaëlis   22 devia] devi(a) Michaëlis   25 pouc’én] poqu’én Marcenaro   26 castigar-s’én] castigado Michaëlis   28 dissesse] dissess(e) Michaëlis : dissess’ Littera   29 elas] eles Littera   31 perque] porque Littera; destorvan min] destorvanmi Marcenaro; coidado] cuidado Littera   34 outre] outrem Littera

Paráfrase


(I) Moitos me andan preguntado cal é a dona que amo, se é Joana, se Sancha, se María, se quen...; mais eu ando tan coitado pensando nunha destas tres que vin, para o meu mal, que nin sequera volvo alí nin lles falo, a non ser de tanto en tanto.

(II) E voume afastando por iso de entre a xente con tal de que non me pregunten, abofé, que non por outra cousa, e, ao meu pesar, chámanme e pregúntanme contra a miña vontade cal é a dona que me fai andar por ela na gran coita en que ando.

(III) E marabíllome eu da xente, pois non me han de dar remedio para iso: por que morren así por saber a dona por quen eu vivo coitado? Non lla digo por esta razón, pois, aínda que lla dixese, así Deus me perdoe, infelizmente non me darán solución.

(IV) Por iso todo home que tivese xuízo debería ser consciente disto (de non ir facer nunca tal pregunta), pois por pouco que o fixese, sería amoestado: emendarse niso polo seu propio corazón, que non dixese nunca a outro por propia vontade o que para si non quixese.

(1) E as persoas vanme dicir gran pesar en algo en que nunca han ter proveito, porque me perturban o pensamento.

(2) Mais a aquel que vai facer tal pregunta, Deus o deixe amar unha muller e que tamén sexa por outro preguntado.
 

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a + 2 x 10b 10b 10’a (= Tav 161:170)

Encontros vocálicos: 5 cuidando‿en; 22 de·vi·a‿acordado; 28 dissesse‿a

Notas


Texto
  • 1

    O abrupto comezo da cantiga con que é frecuente no corpus trobadoresco, sempre seguido de muito ~ mui, que confire un carácter exclamativo (‘Canto...!’) ao inicio da composición (393.1, 407.1, 574.1, 624.1, 836.1, 866.1, 942.1, 1023.1, 1040.1, 1173.1, 1397.1), para alén de que se poida tamén considerar que a conxunción inicial introduce un período dependente dun verbo declarativo elíptico, que nalgún texto é claro (253.1, 432.1, 737.1).

    O inicio da cantiga, así como o tema (o quereren saber o nome da amada) e mais a abrupta presenza de que como elemento inicial da cantiga, é moi similar á cantiga 393 de Joan Garcia de Guilhade:
            Que muitos que me preguntarán,
            quando m’ora viren morrer,
            por que moir’...

    Por outra banda, neste incipit levántase un problema métrico a partir da aparente sinalefa mi‿andan da lección de A, que a copia de B parece confirmar a través de <mandā>. A única solución posíbel semella a segmentación do adverbio i na lección <mi> da copia do Cancioneiro da Ajuda para, dese xeito, estabelecer unha dialefa e conseguir a medida decasilábica do verso.

  • 3-4

    Joana, Sancha e Maria, como posíbeis nomes da senhor (a súa enunciación constitúe unha ruptura da norma do código cortés e do segredo trobadoresco) volverán aparecer nas cantigas 179, 197 e 198, tamén de Pero Garcia Burgales.

  • 5

    Obsérvese a espuria intromisión de <en> no Cancioneiro da Ajuda, confirmada pola súa ausencia en B, tal como acontece tamén noutras pasaxes dos cancioneiros, onde é especialmente frecuente a errada aparición de eu.

  • 8

    Esta pasaxe é a única en que B presenta a variante preposicional ontre fronte á xeral antre do corpus profano. No Cancioneiro da Ajuda atéstanse as tres variantes da preposición entre ontre (92.20, 199.8, 1236.1 e 7), antre (309.21 e 22) e entre (149.r2)–, fronte aos apógrafos italianos, que só fornecen a variante antre, agás en 92.20, onde B comparte con A a forma ontre. De calquera maneira, a convivencia destas tres formas de entre lembra a concorrencia das variantes por ~ par ~ per, así como a evolución que se percibe nunha (rara) variante como ontroido para entroido ~ antroido (< introitum): per tal condizom que dedes deles a min cada ano des dia de san martino atra dia d’Ontroydo C. soldos de móéda dos pretos blandos, a dous pretos por soldo (Lucas Álvarez & Lucas Domínguez 1996: 77). Véxanse aínda outras atestacións no CGPA, s.v. ontroydo.

    Neste caso, Marcenaro acóllese á lección de B, unha especie de lectio facilior, e estabelece a lectura vou-me doutras gentes alongando..., tamén correcta do punto de vista sintáctico e semántico. Porén, semella claro que a lección de A é a lexítima: a expresión antre ~ ontre as gentes rexístrase en máis casos: nen ar sei oj’eu quen / mi-a toda podesse creer / mentre me viss’assi andar / viv’ontr’as gentes (92.20); vergonh’á ja d’assi antr’as gentes andar (110.11).

  • 14

    A preposición en mostra unha crase coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.

  • 16

    Perante a forma <my> de A (cfr. <me> en B), segmentamos a forma pronominal mi, xa en Michaëlis, a partir doutros contextos similares: que non sei i consello que fillar (221.15), mais este conselho cuid’i aver (817.16) etc. (véxase Monteagudo 2019: 111-113). Véxase nota a 81.16. Cfr. nota ao v. 21.

  • 19

    Repárese na presenza da solución lhe-la para o conglomerado pronominal do CI lhes co CD o(s)/a(s). Tal aparición é un feito inusual no corpus, onde só se rexistra en sete cantigas (6.29, 170.2 e 17, 290.8, 886.9, 910.15, 1117.7) , tal como acontece actualmente na maior parte do territorio galego-portugués, coa neutralización lho(s)/lha(s).

  • 20

    A secuencia <r-l> (e <s-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (artigo ou pronome) no encontro con infinitivos debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga. Nesta ocasión, B evita tal forma coa mudanza expresiva conseguida pola introdución de lhe.Véxase tamén nota a 5.10.

    En calquera caso, ao longo do corpus achamos diverxencias de representación gráfica destas asimilacións, ás veces con grafías ambiguas que non indican explicitamente tal asimilación; é maioritaria a representación da asimilación en A (vs. BV), moitas veces con formato arcaizante: negar-lo-ei A vs. nega-lo-ei B (254.6), dizer-lo mui gran ben A vs. dizer o mui gran ben B (302.2), perde-lo sén A vs. perder o sén BV, “sennor”-la chamaria A vs. “senhor” a chamaria BV (807.7), partir-lo coraçon B vs. parti-lo coraçon V (965.11). Noutras ocasións, acontece á inversa: perder o sén A vs. perde-lo sén BV (210.8), se fezer / mia sennor o que ten no coraçon A vs. se fezer / mia senho-lo que ten no coraçon BV (222.14). Cfr. notas a 48.14 e 217.10.

  • 21

    Fronte á segmentación de m’i no v. 16, para evitar unha incómoda reiteración mantemos a forma mi do pronome (en función de complemento indirecto), variante excepcional no Cancioneiro da Ajuda (cfr. <me> en B), tamén en 81.16188.6, 283.7 e 284.13, fronte á forma xeral me neste cancioneiro (véxase Monteagudo 2019: 111-113). Cfr. nota ao v. 16.

  • 22-23

    Nótese o hipérbato: Por én, tod’ome, que sén ouvesse, devia a seer acordado daquesto.

  • 25-26

    Obsérvese como o verbo castigar, nun período sintáctica e semanticamente complexo, parece combinar dous valores diferentes: ‘amoestar’ e ‘emendarse’. Cfr. nota a 579.4.

  • 27-28

    No Cancioneiro da Ajuda detéctanse algúns casos de confusión de sibilantes, probabelmente un fenómeno gráfico sen transcendencia fonolóxica. Nestes dous versos aparecen dúas mostras da confusión entre a representación con <s> simple/dupla que, de regra, en posición intervocálica implica, respectivamente, /z/ e /s/. Véxanse tamén notas a 66.21, 69.7, 80.10 e 89.2.

    Por unha banda, igual que <quissesse> quisesse neste verso, véxanse outras formas como <dessamar> desamar (66.21), <dessamparado> desamparado (317.21), <oussasse> ousasse (268.2, 275.4308.11, 313.8 e 346.3 <oussase>) e <oussen> ous’én (268.3), ou as repetidas <guissa> guisa e <guissada> guisada  (72.27, 137.32, 140.1, 2 e 5, 146.19, 147.3, 150.4, 259.18, 409.8, 692.7), <pessar> pesar (90.21, 214.21, 395.9, 439.4 e 10, 441.6, 12 e 18), <quissesse> quisesse (407.10), <quisso> quiso (407.11) e <quisser> quiser (71.18, 692.13). 

    Por outra banda, a forma <disesse> dissesse mostra o aparecemento de <-s> en vez de <-ss-> no radical das formas de pretérito do verbo dizer. Esta confusión detéctase especialmente en desinencias do pretérito de subxuntivo: <amase> amasse (409.6), <deues(e)> devesse (282.14), <disses(e)> dissesse (409.21), <ousas(e)> ousasse (346.3, 982.22), <podes(e)> podesse (409.2), <quisesedes> quisessedes (88.15, 812.7), <soffresen> sofressen (85.17), <uis(e)> visse (138.6). Alén desta desinencia, tamén se acha a mesma representación gráfica en <asi> assi (240.23, 318.15), <outrosi> outrossi (413.11, 17 e 23, cfr. outrossi no v. 5), <pos(o)> posso (409.14), <uasalo> vassalo (84.12), <uoso> vosso (362.2). 

  • 29

    Elas, transformado en eles na edición de Littera, refírese ás gentes (vv. 8, 15).

  • 31

    O pronome min, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 33

    Nótese a aparición, absolutamente extraordinaria fóra do indefinido nulho/a, da grafía <ll> en moller nunha das documentacións de B, que só volveremos encontrar, sempre en B, en <tolle> tolhe (605.3), <uallades> valhades (1078.16), e o pronome <lle> lhe en 1105.17 e 1586.3. Cfr. nota a 29.22.

    Por outra parte, nótese a diverxencia B/B’ na grafía do encontro de Deus co pronome identificador, do mesmo modo que achamos concorrencia de solucións diversas entre cancioneiros, nomeadamente AN vs. BV (véxase nota a 83.21).

  • 34

    O adverbio de reforzo ar tende á oposición ar A vs. er BV, aínda que existe lección coincidente ar AB en 140.20, 188.18, 198.28, 216.12, 243.25, 272.9, 277.12. Na realidade, a situación é aínda máis complexa, porque a oposición ar A vs. er B aparece en 134.15, 135.23, 137.29, 142.17, 176.6, 177.4 e 199.34, mais en 310.7 e 14 a oposición é inversa: er A vs. ar B. Cfr. tamén nota a 1310.7 e 383.19-20.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado